ESO / CB / CM/ BACH/ STEMBACH / CUALE
Iniciar sesión
Escursión do alumnado de Lingua Francesa
TEATRO EN FRANCÉS E VISITA AO CGAI (CENTRO GALEGO DE ARTES DA IMAXE)
O luns 18 de xaneiro os alumnos de 4º de ESO e 1º de Bacharelato que cursan Francés acudiron ao IES Universidade Laboral de Culleredo á representación de Dom Juan ou le festin de pierre.
Máis tarde, no CGAI (Centro Galego de Artes da Imaxe) xa na Coruña, por iniciativa do equipo de Dinamización da Lingua Galega do centro, asistiron á proxección de catro curtametraxes galegas: Fendetestas (1975), de Antonio Simón, baseada na obra de Wenceslao Fernández Flórez O bosque animado; Mamasunción (1984), de Chano Piñeiro (recomendamos premer no nome da obra, ao pé da imaxe da carátula que aparece máis abaixo, para acceder á ficha artística que hai no Soportal do Audiovisual Galego); e dúas obras creadas por rapaces de 6º de Primaria e ESO de dous centros educativos da nosa Comunidade que foron premiadas recentemente. Estas últimas, de carácter documental, exploran unha realidade tristemente pasada, a da fábrica de conservas Massó en Cangas, e unha realidade fabril aínda viva, a de Cerámicas do Castro en Sada.