ESO / CB / CM/ BACH/ STEMBACH / CUALE
Iniciar sesión
I Xornada de "Empresa-Escola" no IES de Ortigueira
O venres 22, pola mañá, coincidindo coas Xornadas Técnicas para o profesorado de FP de Madeira e Moble, celebráronse no IES de Ortigueira as primeiras Xornadas para poñer en contacto ás empresas do sector da Madeira co centro de formación dos futuros carpinteiros ou empresarios.Houbo demostracións e exposicións de maquinaria, ferramenta, artesanía e Traballos en madeira. Empresarios de Ferrolterra e Ortegal, alumnado e profesorado do centro intercambiaron experiencias. Tamén os máis pequenos, e mesmo o alumnado do CEIP José Mª Lage, poideron observar as exposicións. Preme AQUÍ para ver as primeiras imaxes. Iranse poñendo máis.