Benvida

Benvidos á web do IES Ramón Otero Pedrayo.

 

 

 

IES Ramón Otero Pedrayo
Avda de Monelos, nº-10A
15008 A Coruña
981 286 854

Fondo solidario, Axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar

INTRUCIÓNS RECOLLIDA LIBROS

22 de xuño.
- Recollida OBRIGATORIA de libros, segundo o listado oficial de libros adquiridos mediante axuda o prestados polo fondo de libros do centro, do alumnado das materias aprobadas en xuño.
- Recollida VOLUNTARIA de libros a maiores para ampliar o fondo de libros do centro.

1 e 2 de setembro.
- Completase a devolución OBRIGATORIA dos libros, independentemente de que aproben ou non.
- Recollida VOLUNTARIA de libros a maiores para ampliar o fondo de libros do centro.

Consecuencias da falta de devolución.
A falta de devolución dos libros é causa de exclusión do fondo solidario de libros de texto e das convocatorias de axudas. Igualmente no caso de que o estado no que son devoltos non permita a súa reutilización.

CONVOCATORIA de FONDO LIBROS e/ou AXUDAS:  Orde do 27 de abril de 2016 (DOG do 16 de maio)

Solicitude única para os tres procedementos, dispoñible no portal educativo e nas oficinas do centro.

Fondo Solidario de libros de texto:
- Alumnado matriculado en 1º ou 3º da ESO durante o ano escolar 2016-17.
- Asignaranse por orde inversa á renda per cápita da unidade familiar.
- Terá preferencia o alumnado que estea en tutela ou garda da Xunta  de Galicia e o que teña discapacidade igual ou superior ao 65%
- Garantirase o mínimo de 6 libros nos casos de renda per cápita menor ou igual a 5400€. garda ou tutela da Xunta de Galicia ou cunha discapacidade maior ou igual ao 65%, e de 4 libros nos casos de renda per cápita menor ou igual a 9000€.

Axudas para adquisición de libros de texto:
- Alumnado matriculado en 2º ou 4º da ESO durante o ano escolar 2016-17 e con renda per cápita familiar igual ou inferior a 9000€.
- O importe da axuda será de: 180€ para casos de renda per cápita ata 5400,00 euros, alumnado acollido pola Xunta de Galicia ou alumnado cunha discapacidade igual ou superior ao 65%, e de 104€ para o caso de renda per cápita desde 5400,01 ata 9000,00 euros.

Axudas para adquisición de material:
- Alumnado matriculado durante o ano escolar 2016-17 e con renda per cápita familiar igual ou inferior a 5400 €.

Prazos:
- Prazo único de solicitude do 18 de maio ao 23 de xuño de 2016, ambos inclusive.
- Prazo extraordinario para os repetidores de 4º ESO, de 1 mes dende a formalización da matrícula.
- Para as novas incorporacións ao longo do curso, o prazo será dun mes a partir da formalización da
matrícula e como data tope o 31 de marzo de 2017.
- Publicación da relación provisional de solicitudes de fondo solidario admitidas ou excluídas o 14 de xullo de2016.
- Prazo de reclamación: 15 e 18 de xullo de2016.
- Publicación da relación definitiva de solicitudes de fondo solidario admitidas ou excluídas o 15 de setembro de 2016.
- Entrega de libros ao alumnado o 16 e 19 de setembro de 2016.
- Publicación da relación de solicitudes de axudas de libros de texto pendentes de emendar
- Entrega de vales aos solicitantes: segundo a formalización da matrículado alumnado e unha vez validadas as solicitudes.

Documentación: Achegaranse copias e orixinais ou ben copias cotexadas.
- Identidade: Copia dos DNI ou NIE dos membros computables da unidade familiar, cando non autoricen a consulta de forma telemática.
- Membros computables: Fotocopia do libro de familia en que figuren todos os membros da unidade familiar a 31 de decembro de 2014.ou ben: Sentenzaxudicial de separación/divorcio ou convenio regulador no que conste a atribución da custodia do menor, Certificado de cnvivencia, Informe dos Servizos sociais, Certificado de defunción.
- Grao de discapacidade: Certificado ou resolución acreditativa desta situación, Resolución do INSS de recoñecemento dunha pensión por incapacidade...
- Renda familiar: Copia da declaración de renda ou certificado tributario de imputación, cando non autoricen a consulta de forma telemática.
- Violencia de xénero: Acreditación segundo o artigo 5 da Lei 11/2007 do 27 de xullo...
- Incapacitación xudicial con patria potestade prorrogada ou rehabilitada: Resolución xudicial.
- Tutela ou garda da Xunta de Galicia: Resolución do acollemento ou certificado do centro de menores.

Obrigas dos beneficiarios:
- Ter devolto os libros de texto adquiridos coas axudas ou recibido do fondo solidario no curso 2015-16.
- Conservar en bo estado os libros de textos recibidos do fondo de libros ou adquirido coas axudas para e devolvelos ao rematar o curso escolar 2016-17 (xuño ou setembro, segundo o caso).

A dirección
Maio 2016

Axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras 2016

axusdasle

NOTA INFORMATIVA DO 16 DE MAIO

Publicación das listaxes provisionais de seleccionados/as e de suplentes.

Unha vez rematado o prazo indicado na nota informativa do 3 de maio, de recepción da documentación requirida ás persoas solicitantes e de atención das reclamacións, publícanse as listaxes indicadas no artigo 14.3 da Orde de convocatoria.

NOTA INFORMATIVA DO 16 DE MAIO

Finalizada a comprobación das solicitudes recibidas, faise pública a relación das listaxes detalladas a continuación e ábrese un prazo de 10 días naturais (do 17 ou 23 de maio) para emendar erros, falta de documentación, así como para efectuar reclamacións ou renuncias.

Pode consultar as listaxes en axusdasle

------

Poderá solicitar estas axudas o alumnado de centros educativos sostidos con fondos públicos que impartan ensinanzas de réxime xeral, na Comunidade Autónoma Galega, de: 1º, 2º, 3º e 4º ESO ou  de 1º e 2º Bacharelato. que reúnan os seguintes requisitos:

- Ter superadas todas as materias no curso anterior.

- Ter a cualificación mínima de Ben na materia de Inglés.

- Non ter concedida outra axuda coa mesma finalidade.

- Ter DNI (para maiores de 14 anos)

O prazo de presentación de solicitudes comeza o día 29 de marzo e remata o día 28 de abril (incluído)

A información sobre este programa, así como a aplicación "en liña" que se refire na convocatoria, atoparase na páxina web http://www.edu.xunta.es/axudasle

abalarMóbil

Co novo ano incorporámonos á aplicación abalarMóbil, que permitirá ás familias seguir a actividade educativa dos seus fillos dende calquera lugar, dunha forma rápida e cómoda a través dos seus dispositivos móbiles, pedir citas de titoría, xustificar faltas, etc

Pode consultar a seguinte guía_abalarMobil e obter máis información no espazoAbalar

 

Transporte Escolar

logo_transporte_escolar

Para facer uso do transporte escolar do centro compre figurar na listaxe oficial de usuarios nunha ruta e parada concretas. De non figurar, non poderá facer uso do mesmo e deberá pedir a autorización á dirección do centro.

 - Relación de rutas e paradas pdf

 - Solicitude para o uso do transporte escolar pdf

 - Solicitude de autorización excepcional (dist<2km) pdf

Calendario escolar 2015-2016

logo calendario

Calendario escolar 2015-16 da Consellería de Cultura Educación e Ordenación Univesitaria.

Calendario escolar do centro nos documentos adxuntos

Presentación:  martes 15 de setembro ás 12.00h

Comezo das clases: mércores 16 de setembro ás 8.45h

Actividades lectivas:

Do 15 de setembro de 2015 ata o 22 de xuño de 2016, ambos dous inclusive.

Distribuir contido