Calendario Exames setembro 2014

LUNS 1

MARTES 2

MÉRCORES 3

 

8:30 a 10:30

Tecnoloxía

8:30 a 10:30

Matemáticas
Ámbito Científico PDC 4º

8:30 a 10:30

Inglés

 
 

10:30 a 12:30

Lingua Galega

Ámbito  Social

PDC 3º

10:30 a 12:00

Francés

10:30 a 12:30

Ciencias Sociais

Ámbito Sociolingüístico PDC 4º

 
 

12:30 a 14:00

Lingua Castelá

12:00 a 13:30

Ciencias Naturais
Bioloxía
Ámbito Científico PDC 3º

12:30 a 13:30

Música
Ética
Taller de Prensa
Relixión / Hª Relixións
Obradoiro de Iniciat. Emprend.
Latín

 

 

13:30 a 15

Física e Química

13:30 a 15:00

Educación para a Cidadanía
Plástica
Educación Física
Informática

 

Exposición: Dez pontes de pedras rubias

Exposición: Dez pontes de pedras rubias

Coincidindo coa celebración, o pasado 30 de maio, da edición número XX da experiencia radiofónica "Ponte... nas Ondas", no noso instituto, durante todo o mes de xuño, temos unha exposición co título "Dez pontes de pedras rubias" onde facemos memoria da participación do noso instituto ao longo destes anos neste exemplar proxecto educativo que ao longo de tantos anos uniu centros escolares de Galicia e Portugal mediante as ondas radiofónicas.

Fotos, carteis, guións, emisións de todos os programas, vídeos relacionados, concursos... todo isto integran a exposición que a longo deste mes podedes visitar no noso instituto.

Aproveitamos para agradecer a todo o alumnado e profesorado que ao longo de tantos anos participou co seu traballo e a súa ilusión neste proxecto.

 

No seguinte enlace, tamén podes visitar a EXPOSICIÓN de xeito VIRTUAL

Salceda de Caselas e a nosa lingua

En Salceda de Caselas remata o mes das Letras Galegas cun acto de reafirmación do galeguismo individual. Ben están os outros que foron convocados arredor da figura de Díaz Castro. Pero de nada servirá que enchamos os andeis das librerías con libros galegos se a maior parte da sociedade galega vive desgaleguizada. A lingua galega ten que procurar outros espazos sociais para que sectores tradicionalmente alleos ao discurso da normalización o fagan seu. Para que isto aconteza cómpre mudarmos o discurso e medios empregados deica hoxe.

Artigo completo

 

Visitamos Cans

Visitamos Cans

O Festival de Cans reafírmase unha edición máis no seu compromiso coa formación. Dende hoxe ata o venres, máis de 700 estudantes de centros de ensino do Porriño e arredores achegaranse a Cans para coñecer de primeira man as interioridades do audiovisual galego, dentro do Programa Cans de Futuro. A eles está previsto que se unan 300 máis procedentes de ensino medio, escolas de audiovisual e universidades, que asistirán a outras actividades como A qué andas? ou Café con Crea, o venres pola mañá.

Aos nosos alumnos/as de 1º da ESO tócalles hoxe.

 

Powered by Drupal - Design by artinet