Eugenio Granell

 

A pasada semana o alumnado de 1ºD e 1ºE contou coa “visita virtual” de Henrique Alvarellos, quen falou sobre a labor do editor con motivo da publicación do libro Eugenio Granell: regreso de un surrealista exiliado. Violeta González, autora da obra e profesora deste centro, presentounos ao seu protagonista e as fantásticas pinturas e esculturas que realizou.        

 

RECITAL DE POESÍA NA RADIO

O mércores 12 e xoves 13, durante as horas de lecer e recreo, alumnado voluntario de todos os niveis participou nun programa especial de Xela Arias.

O resto do alumnado puido seguilo en directo a través de Youtube na canle "Onda Raia Pedras Rubias".

 

Moitas grazas por realizar actividades tan fermosas e homenaxear a Xela Arias.

EDDLG principal.png

MARATÓN DE LECTURA

 O venres 14 de maio fíxose a lectura ininterrompida en voz alta do libro Xela Arias Poesía reunida (1982 – 2004), entre outros, durante o horario lectivo, na que participaron alumnado, profesorado e persoal non docente.

Agasallouse a todos os lectores e lectoras cun diploma.

Nesta ocasión tivo de especial que para cumprir con todas as medidas de seguridade saímos da Biblioteca e lemos ao aire libre no noso acolledor souto. 

Moitas grazas a todos e todas por facer posible un acto tan emotivo.

EDDLG principal.png

LISTAXES DEFINITIVAS DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS PARA O CURSO 2021-22

Todo o alumnado que solicitou admisión no IES Pedras Rubias obtivo praza.

A listaxe está publicadas no taboleiro do centro. Poden consultarse tamén na aplicación" admisionalumnado" coa chave 365

LETRAS GALEGAS 2021

 

A semana do 10 ao 14 de maio levaremos a cabo as seguintes actividades para celebrar as Letras Galegas:

1. Busca do Tesouro:

  • Participantes: todos os grupos.
  • Horario: nas clases de EF.
  • Días: de luns 10 a xoves 13.

2.Recital de poesía na radio:

  • Participantes: alumnado voluntario.
  • Horario:durante os leceres e recreos. Poderase seguir en directo a través de Youtube na canle "Onda Raia Pedras Rubias". 
  • Días: mércores 12 e xoves 13.

3. Maratón de lectura:

  • Participantes: toda a comunidade educativa. 
  • Lugar: no souto (se non chove) ou no porche da sala do profesorado (se chove).
  • Día e hora: venres 14 durante toda a mañá.

Ademais, na Aula Virtual habilitouse un espazo para as Letras Galegas no que poderedes atopar material diverso: biografías, vídeos, un pasapalabra, un libro Lim..., por se é do voso interese.

                                                 

EDDLG principal.png

CONCURSO RELATO CURTO ABRIL

Metidos no mes de maio e a voltas coas Letras Galegas que este ano se lle dedican a Xela Arias, publicamos os relatos gañadores do mes de abril.

Se queres ler os que resultaron gañadores, podes facelo premendo no curso correspondente:

1º B

1º C

2º D

4º C

Noraboa e a seguir participando, que só queda o mes de maio!

CONCURSO RELATO CURTO ABRIL

Admisión 21-22: PUBLICADAS LISTAXES PROVISIONAIS

 

 

Publicadas as listaxes provisionais de solicitudes de admisión para o vindeiro curso 2021-22. Poden consultarse só no taboleiro do centro, ou ben a través da aplicación Admisión Alumnado (só con Certificado Dixital ou con Chave 365). 

Todo o alumnado que solicitou admisión neste centro está admitido provisionalmente.

A publicación do listado definitivo será antes do 15 de maio

 

 

Enquisa de diagnose da convivencia 2021

Enlaces para participar na enquisa de convivencia:

(debedes introducir a clave que vos facilitaron)

ENQUISA DO ALUMNADO

RECOLLIDA DE DATOS PARA AS FAMILIAS

RECOLLIDA DE DATOS PARA O PROFESORADO

 

PRAZO: do 12 ao 29 de abril.

SORTEO RIFAS DE ANDORRA 2019-2020

No día de hoxe (09 de abril de 2021) procedeuse a facer o sorteo de rifas de Andorra posposto por causa da pandemia

Os números premiados foron:

1º Premio - Tablet de 16 gb  para o número 005155

2º Premio - Bicicleta de montaña para o número 002549

3º Premio - Smartwatch Xiaomi para o número 002786

Powered by Drupal - Design by artinet