MAGOSTO TERRORÍFICO

O tempo non permitiu celebrar esta actividade tal como estaba inicialmente programada e tivo que adiarse a celebración do magosto terrorífico, isto é, a procesión de mortos, a contada de relatos e medo e o magosto. 

Aínda así, desenvolvéronse segundo o previsto as actividades seguintes:

o    Exposición de calacús. Entregados desde o luns 23 ata o luns 30 de outubro.

o    Exposición de receitas escritas elaboradas con produtos de outono (castañas, cabazas, uvas, viño, millo…), desde o 23 ata o luns 30 de outubro.

o    Exposición e degustación das sobremesas entregadas o luns 30 de outubro.

 

Haberá un premio (xornada de xogos populares e chocolatada) para a aula que mellor organice as actividades. Darase a coñecer o venres 3 de novembro.

 

EDDLG principal.png

DÍA DAS BIBLIOTECAS

Para conmemorar o día das Bibliotecas o vindeiro martes 24 de outubro ás 11.20 h. alumnado voluntario de todos os niveis realizará un programa especial de radio nos que se lerán textos literarios de Luisa Villalta, autora que será homenaxeada nas Letras Galegas 2024.

Síguenos pola canle de Youtube Ondarraia!

EDDLG principal.png

CONCURSO RELATO CURTO

Un curso máis, o Departamento de Lingua Galega e Literatura pon en marcha este concurso literario.

Consiste no concurso por aulas de relato breve (cun máximo 150 palabras) e que estará aberto a todo o alumnado do centro. Ten carácter mensual (de outubro a maio) e entregaranse a través da rede a través da conta de correo concursorelatocurto@gmail.com. Os do mes de outubro comezarán polo comezo da obra  Desperta do teu sono de Luísa Villalta, autora das Letras Galegas 2024: “Cada mañá, os antepasados marchan descalzos para non espertarnos, como un último xesto de amor”.  Os seguintes meses, empezarán pola última oración do relato gañador do anterior mes de cada aula.  

A que estás esperando? Anímate e participa.

EDDLG principal.png

GAÑADORA DO VI CERTAME DE FOTOGRAFÍA “IMAXES DO PATRIMONIO”

A pesar de que rematasen as vacacións, da calor, das obras, de comezar en luns… no IES Pedras Rubias dámoslle a benvida ao novo curso da mellor das maneiras posible, posto que a alumna Martina González Rodríguezde 2º ESO A acaba de resultar gañadora do 1º premio na categoría de Ensino Secundario no VI Certame Imaxes para o Patrimonio de Recollida de Fotografías do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués, baixo o título“No Carballiño as mulleres si saben dan malleiras”.

 

Esta fotografía foi tirada en Santa María de Arcos, en O Carballiño (Ourense) no ano 1940.

Nela aparecen as polbeiras de Arcos mazando polbos para máis tarde secalos e así poder conservalos ata o día da feira.

A que está de xeonllos collendo dunha ola un polbo é a miña bisavoa Sira.

Con esta tradición tan típica de O Carballiño continuou logo o seu fillo, o meu avó paterno, e na actualidade, o meu pai.

Está claro que, se por tradición é, a min non me vai tocar outra que ser polbeira!

 

 

Aínda descoñecemos a data na que se fará a entrega de premios, pero si sabemos que a nosa gañadora e a súa familia recibirán un ordenador portátil. Parabéns!!

Tamén queremos agradecer as achegas do resto do alumnado participante: Mariña Alonso Rodríguez, Elena Barreiro Besada, Brais Fernández Castiñeira, Hannah Framiñán Videira, Miguel Soengas Fernández e Yasmín Suárez Besada. Toda a comunidade do IES Pedras Rubias séntese moi orgullosa de vós. 

Agardamos que sigades a recoller fotografías antigas das vosas familias para poder contar con vós na seguinte edición! 

Powered by Drupal - Design by artinet