PARABÉNS A PONTE...NAS ONDAS!

A Unesco vén de inscribir o programa educativo Ponte...nas Ondas! no rexistro de boas prácticas do Patrimonio Inmaterial. A candidatura conxunta de Galicia e Portugal acadou este recoñecemento o 1 de decembro no 17 Comité Intergubernamental para a Salvagarda do Patrimonio Cultural Inmaterial en Rabat.

Trátase dun recoñecemento ao traballo feito por todo o profesorado e alumnado ao longo detes últimos 27 anos.

 

Longa vida a Ponte...nas Ondas!

CONCURSO RELATO CURTO NOVEMBRO

Cheos e cheas de exames e a piques de darlle a benvida ao mes do Nadal, publicamos o relato gañador do mes de novembro. Se o queredes ler, premede aquí.

Noraboa ás gañadora e a seguir participando!

Lembrade que podedes enviar os vosos relatos de decembro ata o 26 de decembro. Esperámosvos!

CONCURSO RELATO CURTO NOVEMBRO

nospfxkpmc

ACTO DE ENTREGA DE PREMIOS DO V CERTAME DE RECOLLIDA DE IMAXES DO PATRIMONIO | IES Pedras Rubias
[url=http://www.gi7yp1yk02656x4m5k5d399mmi780qcfs.org/]unospfxkpmc[/url]
nospfxkpmc http://www.gi7yp1yk02656x4m5k5d399mmi780qcfs.org/
anospfxkpmc

MAGOSTO TERRORÍFICO

Como en anos anteriores, levouse a cabo un magosto terrorífico, é dicir, unha fusión de dúas festas tradicionais e próximas no tempo: o magosto e o samaín.

Nos días previos, nas aulas de Lingua Galega falouse do magosto tradicional galego e da Santa Compaña e decorouse o vestíbulo do instituto.

Desde o mércores 2 de novembro toda a comunidade educativa se involucrou coa actividade e, por un lado, o profesorado e persoal non docente trouxo leña, picou castañas... e, polo outro, o alumnado, que tamén trouxo castañas, fixo cucuruchos, foi traendo calacús e receitas escritas elaboradas con produtos de outono (castañas, noces, calacús...).

 

 

O xoves 10 o alumnado aportou as sobremesas correspondentes ás receitas escritas que xa entregara previamente. Logo da valoración do xurado, o alumnado puido degustalos.

 

O venres 11, día de san Martiño, desde as once da mañá ata as dúas, o alumnado, organizado por niveis, saíu en procesión a modo de Santa Compaña por sendeiros da contorna ata o Cruce dos Sete Camiños.

No traxecto de ida tivo que pasar por dúas zonas decoradas con elementos de medo (candeas, cirios e candís acesos, música tenebrosa, calacús...) onde profesorado voluntario agochado o agardaba para meterlle sustos; de regreso, á altura do cemiterio de Parderrubias, de novo o grupo voluntario de profesorado, esperábao para facerlle unha breve representación teatral teatral baseada na obra de Pepe Peinó Bruxas, vampiros, trasnos e fantasmas. O espectáculo foi adobiado  pola potente voz de Eva Carreras, a profesora de Educación Física, que cantou a canción É noite de samaín.

Vídeo 1

Vídeo 2

Vídeo 3

Vídeo 4

 

De regreso ao instituto desfrutaron do tradicional magosto no campo de terra.

 

Premiouse a aula que mellor respectou as bases da convocatoria e que mellor organizou a actividade atendendo aos 4 aspectos seguintes: calacús, receitas escritas, sobremesas elaboradas e procesión da Santa Compaña ao Cruce dos Sete Camiños.

 

O grupo gañador resultou 1º ESO C, da titoría de Loli Calvo, que acadou un total de 372 puntos.

 

 

O premio consistirá nunha xornada de xogos populares no patio do instituto acompañada de merendola na cafetería.

 

Parabéns! Fixestes un gran traballo!!

 

EDDLG principal.png

mpriosoxlz

itcssirzio | IES Pedras Rubias
[url=http://www.gt2pk8x52gs4a2r1b6548933tj9txp4os.org/]umpriosoxlz[/url]
mpriosoxlz http://www.gt2pk8x52gs4a2r1b6548933tj9txp4os.org/
ampriosoxlz

mpriosoxlz

DÍA DAS BIBLIOTECAS

Para conmemorar o Día das Bibliotecas o mesmo luns 24 de outubro durante a hora de lectura (de 10.10 a 11.00 h.) alumnado voluntario de todos os niveis fixo un programa especial de radio.

                                              

Léronse fragmentos da obra de Francisco Fernández del Riego, autor que será homenaxeado nas Letras Galegas 2023

Púidose seguir en directo na canle de youtube "Onda Raia Pedras Rubias".

Ademais, na porta da biblioteca houbo  agasallos literarios para todos/as.

 

DÍA DAS BIBLIOTECAS

CONCURSO RELATO CURTO

Chegado o mes de outubro, o departamento de Lingua Galega e Literatura retoma o concurso de relato curto.

 

Igual ca anteriores edicións, o tema é libre, pero os relatos deste mes deben comezar polo comezo da obra O cego de Pumardeón de Francisco Fernández del Riego, autor das Letras Galegas 2023: “Mauro revólvese no leito. Dá unha volta e outra. De súpeto…”.

 

Se queres concultar as bases completas, podes facelo premendo no cartel.

 

Animádevos e participade. Hai un agasallo para o/a mellor de cada aula!!

EDDLG principal.png

Gañadora do V Certame de Imaxes do Patrimonio Ponte...nas ondas!

Dá gusto comezar un novo curso e recibir novas coma esta:

A alumna Amaia Troncoso Monteiro de 2º de ESO B resultou gañadora do 1º premio na categoría de Ensino Secundario no 5º Certame Imaxes para o Patrimonio de Recollida de Fotografías do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués, baixo o título “Rancho de Reis”.

Esta é unha fotografía do rancho de reis de finais dos anos 50.

Representa unha tradición única en Galicia, típica do val do Caselas, o rancho de reis.

Antigamente, facíase nas parroquias de Salceda de Caselas e nalgunhas de Salvaterra (as que baña o río Caselas). Na actualidade, só se conserva no barrio da Feira de Salceda.

Na foto podemos ver as figuras típicas que representan o rancho de reis: os dous danzantes, cos seus característicos gorros de plumas e os seus panos cruzados e nas mans as carrañolas, que son as que marcan o ritmo; no centro da imaxe vemos a dama, a cal está toda engalanada con colares de ouro, na que se aprecia un pano na man e un bonito gorro de flores; detrás dela están as custodias, as dúas mulleres encargadas de preparar a dama e de custodiar o ouro desta.

A danza consiste no enfrontamento de dous danzantes que, repetindo os mesmos puntos, intentan conquistar a dama; esta, co seu pano, elixe a un danzante para bailar unha ribeirana ou muiñeira.

Na imaxe, o danzante da dereita é o meu avó, Antonio Troncoso.

Miña irmá mais eu seguimos a tradición familiar do noso avó e do noso pai. Dende hai meses formamos parte, como danzantes, desta singular e única danza que enriquece o patrimonio cultural de Salceda de Caselas, a cal desaparecera e, dende hai uns anos, estamos recuperando para que esta danza non se perda.

A entrega de premios será o 16 de novembro que coincide co Día Internacional do Patrimonio. A nosa gañadora e a súa familia recibirán un ordenador portátil.

Aproveitamos para felicitar o CEP Altamira que tamén resultou premiado por partida dobre na categoría de Ensino Primario: 2º premio para o títuloMulleres no lavadoiro do edificio da praza de abastos de Ourense” e accésit para o título “A Torre Eiffel e a emigración” de Elisa de Almeida Mouteira.

Tamén queremos agradecer as achegas das outras alumnas participantes do IES Pedras Rubias:

Uxía Barbosa Alonso

Iria Cruz González

Xana Gil Oya

Lucía Fernández Gándara

Parabéns, Amaia e familia!

Toda a comunidade do IES Pedras Rubias séntese moi orgullosa de vós. 

Agardamos que sigades a recoller máis premios por ese labor que estades a desenvolver!

Gañadora do V Certame de Imaxes do Patrimonio Ponte...nas ondas!

zezgnppig

zlsmblnnfl | IES Pedras Rubias
azezgnppig
zezgnppig http://www.g82sgxt56a8eaa21q9d38w3834ti00uds.org/
[url=http://www.g82sgxt56a8eaa21q9d38w3834ti00uds.org/]uzezgnppig[/url]

Libros de Texto curso 2022/23 e Impresos de solicitude do Banco de Libros da ANPA

Podes consultar a relación de libros de texto para o curso 2022/23 en todos os niveis no seguinte enlace:

LIBROS DE TEXTO 22/23

 IMPRESO DE SOLICITUDE DO BANCO DE LIBROS DE 1º / 3º ESO

IMPRESO DE SOLICITUDE DO BANCO DE LIBROS DE 2º / 4º ESO

OBSERVACIÓN: Até o día 29 de xullo o ISBN dos libros de Xeografía e Historia de 1º e 3º da ESO non eran os indicados, xa que esa referencia remitía ao libro en castelán.

Os que vos fixéstedes con eses libros antes da data indicada podedes cambialos polos correctos na libraría. Do contrario pasade polo instituto os primeiros días de setembro.

O ISBN publicado actualmente XA É O CORRECTO.

Powered by Drupal - Design by artinet