MULLERES DE HOXE MULLERES DE SEMPRE MARZO 2015

 

Neste marzo 2015,  o departamento de orientación  rotulou  estas  Charlas baixo o título “Mulleres de Hoxe Mulleres de Sempre” tendo como protagonistas “as tamancas” e “os zapatos”, representan parte da historia das  súas protagonistas: Sandra Prieto e Emilia Felicidad. Ambas son exemplo vivo de afouteza e optimismo. A continuación relatamos un breve resumo das súas charlas no IES Pedras Rubias.

Recibimos o pasado 2 de marzo a Sandra Prieto, licenciada en Psicoloxía Industrial , actualmente traballa como freelance na empresa “Valores”, colabora tamén con diversas universidades galegas e empresas de consultoría. Sandra ,impartiu a charla “ Ti decides que zapatos poñer. Kit de calzado para a túa viaxe” . Alumnado de 3º e 4º de ESO participaron nesta  dinámica charla sobre motivación e resiliencia. Este último concepto refírese a capacidade para superar dificultades ao longo da nosa vida. Sandra transmitiu ilusión e optimismo ao falar da importancia da capacidade de decisión e de decidir axeitadamente. Coa metáfora “ti decides que zapatos poñer”, relatounos experiencias profesionais e personais para reflexionar  sobre que entedemos por éxito e  por fracasos, así como proporcionar habilidades e ferramentas para abordar  “os tropezos que poidamos atopar polo camiño”. Sandra transmitiu un énfoque positivo cara abordar dificultades, transformandoos en posibilidades e oportunidades de aprendizaxe.

O pasado 17 de marzo tivemos o honor de recibir e  escoitar a Emilia Felicidad, a muller máis lonxeba de Salceda. Acompañada pola súa filla Consuelo, neta Beatriz e bisneta Paloma .

Impartiron a Charla baixo o título “Do Século XX ao XXI: matriarca de tres xeracións. Emilia Felicicidad, relatou aspectos relevantes da súa vida ao longo dun século e poidemos coñecer a través das súas verbas e experiencias os cambios sociais dos séculos XX e XXI. Emilia Felicidad, deunos unha lección de  historia , de vida  e de optimismo. A traxectoria profesional de Emilia Felicidad non se limitou ao eido familiar, senon que desenvolveu distintas actividades profesionais, foi parteira, traballadora no campo e emprendedora xunto co seu home abrindo a “Tenda 59”, actualmente o “Bar 59” en Soutelo. . A súa filla Consuelo e neta Beatriz destacaron  dela a súa afouteza e optimismo, e a súa bisneta Paloma que “non pense na morte e sexa unha muller positiva”. Catro xeracións de mulleres que representan tamén os cambios profesionais e as posibilidades formativas das mulleres.

Estas actividades foron acompañadas de entrevistas polo equipo de Onda Raia do IES Pedras Rubias.

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/salceda-de-caselas/2015/03/17/leccion-vida-ies-pedras-rubias/0003_2015031426592708081374.htm

 

Powered by Drupal - Design by artinet