Programación

ORATORIA- CURSO DE RADIO

Neste curso escolar, 2017-2018 inauguramos dentro do obradoiros de 1º e 2º da ESO, o curso de oratoria.

E dende o IES Pedras Rubias centrámonos na radio escolar, dado que temos unha emisora radiofónica á disponibilidade dos nosos alumnos/as.

Dende Ondarraia emitimos todos os recreos en directo cos grupos que se anotan, voluntariamente, ao principio do curso.

E este curso ofrecemos un onradoiro de oratoria, adentrámonos un pouco máis a fondo neste medio de comunicación traballando diferentes aspectos como: a vocalización, a pronuncia, a lectura de textos adaptados, a entoación, o discurso, os tipos de voz, o tono, o ritmo ,as cadencias, pausas, a preparación de guións, etc...

Estratexias para a capatación dos oíntes  e para preparar ao alumnado cara unha boa proxección radiofónica e soltura ante os micrófonos.

Tamén realizamos dende este taller o programa especial do día Mundial da radio, que se celebra o 13 de febreiro e que a UNESCO poon lema universal e ten en conta un apartado especial para as escolas.

Algúns destes guións podédelos escoitar en "escoita ondarraia".

Convidámoste a pasar e disfrutar desta ventá radiofónica de ONDARRAIA!!

Obradoiro de Radio

O pasado 1 de febreiro realizouse un obradoiro de radio para o alumnado ofertado pola asociación Cultural e Pedagóxica Ponte...nas Ondas!. Impartido por Damián Alonso, actor de dobraxe con experiencia en locución, voz corporativa, publicidade, radio e narración.

O obradoiro impartiuse para os alumnos/as do grupo de radio e durou toda a mañá. Nel traballáronse nocións básicas de vocalización e dicción, creacións de postcast, uso das ferramentas de gravación e edición do son, elaboración de textos para ser locutados.

O obxectivo era desenvolver a modulación da voz, aprender a gravar e crear a través de programas e adquirir coñecementos básicos para subir programa producidos á rede para compartilos.

Funcionou moi ben e foi moi eficaz, considerando que sería un obradoiro idóneo para todo o alumnado, non só para os de radio, e incluso tamén para o profesorado. Técnicas de lectura, de comprensión, de vocalización que, de xeito divertido , práctico e ameno. Damián soubo chegar ao alumnado e facernos pasar unha estupenda mañá na que aprendemos moito .

Obradoiro de Radio

Anagrama Onda Raia

O anagrama gañador é obra de Ángel R. Alonso Martínez de 2ºA. Parabéns!

A música nas ondas radiofónicas

Un dos obxectivos principais este curso do IES Pedras Rubias é a música.

Dende Onda Raia queremos ser un alicerce neste sentido levando a música dos programas e os contidos da programación a través das notas musicais.

Cantantes, grupos, instrumentos, xente que se dedica á música, que ten inquietudes musicais, música na sociedade, a música dos nenos/as, no día a día. Música nos xogos, nos traballos, tradicionais,clasicas, lexendarias,  modernas, variadas... un mundo que nos levará de viaxe a través das ondas radiofónicas de Onda Raia e das voces dos nosos alumnos/as.

Disfrutade!

Powered by Drupal - Design by artinet