| ESCOLARIZACIÓN: ADMISIÓN PARA O CURSO 2012-2013 | |
| Toda a información sobre o proceso de admisión do alumnado para o curso académico 2012-2013. Ler máis.... | |
| ORLA 2º DE BACHARELATO | |
|
Xa está lista a foto de orla de 2º de Bacharelato. Podedes recollela en Foto Sergio. |
![]() |
| CORRELINGUA 2012 | |
| Fotos da lectura do manifesto feita polos alumnos/as de 4º de ESO o pasado 16 de maio en Viveiro no Correlingua 2012. Aquí. | ![]() |
| 1º PREMIO PARA O IES PERDOURO NO TROFEO COLOR ART DE L'ORÉAL | |
|
Malvin Pineda, en recollido, e Gelen Burgos, en corte, ámbalas dúas alumnas do CM de Perruquería, acadaron o 1º Premio do Trofeo Color Art de l'Oréal, certame que tivo lugar este martes 15 de maio en Bueu.
Noraboa rapazas! e o noso respectuoso recoñecemento o labor dos vosos profesores, Nuria Fernández e Javier Rouco, Elena Canay e Luis Ramilo! |
|
| O Modelo Burela protagoniza o programa Luar da TVG | |
|
15 persoas da Mariña viaxaron o pasado venres 11 de maio a Santiago de Compostela para participaren na emisión do Luar da TVG, un programa que estivo dedicado á conmemoración do Día das Letras Galegas. A delegación estivo encabezada pola Vicedirectora do IES Perdouro, Karina Parga Chao, e nela figuran diversas persoas da Mariña, todas elas cun vínculo especial: a súa procedencia de máis alá das nosas fronteiras e a máis que aceptable integración na nosa cultura. Ler máis... |
![]() |
| Modelo Burela : Sesión de dinamización co Secretario Xeral de Política Lingüística | |
|
|
O Secretario Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia visitou Burela o pasado 30 de abril para coñecer en profundidade o desenvolvemento do programa de integración intercultural “Modelo Burela”, impulsado pola área de innovación educativa do Instituto Perdouro, en colaboración con outros centros educativos da Mariña e co propio Concello de Burela, que aprobou un Proxecto de Planificación Lingüística en abril de 2008. Ler máis.... |
| PROGRAMA EUROPEO IdA EXPLORER! - ACOLLIDA DOS ALUMNOS DA MITTELSCHULE DE BOBINGEN- ALEMAÑA | |
| Un total de 15 alumnos da Mittelschule da localidade alemana de Bobingen están de visita en Burela como parte dun programa europeo de mobilidade por intercambio IdA Explorer! entre o centro de ensinanza “IES Perdouro” de Burela e Centro de Capacitación Profesional “Berufsbildungszentrum” (BBZ) de Augsburgo. | |
![]() |
Os rapaces alemáns de idade comprendida entre os 13 e 15 anos permanecerán tres semanas (de 9 a 30 de abril) na vila, onde realizarán actividades formativas no centro combinadas con visitas ás empresas da zona. |
| HORA DE LER | ||
|
Esta semana (21-25 de maio) leremos a 4ª hora. máis información ... |
||
| CONVOCADAS PROBAS DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO | ||
|
Probas de acceso a CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO.
Período de inscripción á proba: Do luns 27 de febreiro ao venres 9 de marzo
Celebración da proba: 25 de maio de 2012
|
||
| FALLO DO XURADO DO CONCURSO DOS IV ENCONTROS DE BANDA DESEÑADA |
||
| Máis información no blogue http://bandadesexada.blogspot.com.es/ |
||
| PROXECTO NEO - PLANIFICACIÓN LINGÜÍSTICA, MODELO BURELA | ||
|
Como resultado da colaboración entre a área de Innovación Educativa do IES Perdouro e Radio Burela, todos os mércores entre as 5 e as 6 da tarde a emisora de Radiofusión transmite Proxecto Neo, un programa que centra o protagonismo nas persoas neofalantes en galego. |
||
|
Proxecto Neo recolle as voces que se incorporaron recentemente á nosa cultura e que lle dan tanta vitalidade como os que a adquiriron na infancia. Son persoas que viñeron de Castela, de Asturias, de Andalucía, Madrid... ou que viñeron de diversos países do mundo e chegaron a Galiza e se integraron na cultura tradicional. Tamén se inclúen neste grupo as persoas das grandes cidades galegas que se comezaron a desenvolver totalmente no idioma galego sendo xa adultas. |
||
|
|
ACREDÍTATE Pon en valor a túa experiencia profesional |
|
|
A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ven de convocar probas para a acreditación de competencias profesionais adquiridas no desenvolvemento do traballo ou por outras vías non formais de aprendizaxe, correspondentes a unidades de competencia integradas en cualificación profesionais e títulos de Formación Profesional. O prazo de presentación de solicitudes de participación será dende o 16 de xaneiro ata o 15 de febreiro de 2012 |
||||||
| |
||||||
| OFERTA EDUCATIVA 2011-2012 | ||||||
Xa están dispoñibles as cualificacións para a súa consulta no Espazo ABALAR-FAMILIAS Os pais e as nais poden coñecer todas as funcionalidades dispoñibles no espazo Familias e aprender a navegar polas diferentes pantallas que compoñen a aplicación, por medio da Guía para familias. |
|
|||||
| CICLOS FORMATIVOS DE ADMINISTRACIÓN | AXUDASLE | |||
| OFERTA EDUCATIVA 2011-2012 | BLOG: BANDA DESEXADA | BLOGS DEPARTAMENTO DE ELECTRÓNICA |
||
![]() |
En setembro, do 1 ao 12, estará aberto un novo prazo de admisión aos Ciclos Formativos de Formación Profesional para o curso 2011-2012.
Calendario de inscrición e matrícula
Dende as seguintes ligazóns podes descargar os impresos de solicitude, e traelos xa cubertos xunto coa documentación necesaria, especificada nos mesmos.
Ciclos Formativos de Grao Medio: Información e documentación
Ciclos Formativos de Grao Superior: Información e documentación
Os alumnos e alumnas que superen a proba de acceso a Ciclos Formativos de Grao medio, inscribiranse a partir do 29 de xuño, día no que poderán recoller o certficado de superación da proba no centro na que a realizaron.
Ciclos Formativos de FP ofertados no IES PERDOURO (Código do Centro: 27013934)
máis información en www.edu.xunta.es/fp
CICLOS FORMATIVOS DE FP. APOSTA POLO FUTURO
Documental, gravado no mes de abril de 2009 en empresas da Mariña, podes comprobar a inserción laboral dos alumnos e alumnas titulados no IES PERDOURO.
Dende aquí, agradecer unha vez máis a colaboración de empresas e alumnos e alumnas titulados nos Ciclos Formativos do IES PERDOURO.
Para ver o documental, premando aquí
Nas seguintes ligazóns pódese atopar vídeos sobre diferentes ciclos formativos de varias familias profesionais.
| PROBAS DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS DE FP. CONVOCATORIA 2011 | ||
|
Probas de acceso a CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO. Celebración da proba: 3 de xuño de 2011
Aquí atoparás un resumo da información máis importante para inscribirte as probas de acceso a CFGM. |
||
| PROXECTO ABALAR | BIBLIOTECA: NOVIDADES | |
|
...Toda a información sobre o |
Estamos a traballar na mellora da difusión dos recursos da biblioteca. No apartado TODO BIBLIOTECA... a dereita desta páxina, atoparedes ligazóns e recursos interesantes. Non dubidedes en navegar por ela. |
|