Iniciar sesión: Acceso

Taboleiro

Probas de acceso grao superior. Listaxe provisional de cualificacións

Publicada a listaxe das cualificacións provisorias das probas de acceso aos ciclos formativos de grao superior. Poderanse presentar reclamacións contra a cualificación provisoria desde o día 13 ao 15 de maio, ambos os dous incluídos, no centro onde se presentou a solicitude de inscrición.

Listaxe provisoria

Máis información

Probas acceso a ciclos formativos de grao medio

Nas seguintes ligazóns pódense consultar as listaxes provisionais e definitivas de admisión, exencións, cualificacións, sedes e lugares de realización das probas de acceso para a convocatoria 2013.

As listaxes iránse actualizando segundo as datas establecidas na Resolución do 21 de xaneiro de 2013, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convocan de modo ordinario probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o ano 2013.

Acceso ás listaxes de solicitudes de inscrición.

Acceso ás listaxes de exención.

Acceso aos lugares e sedes de realización das probas.

Premios extraordinario de bacharelato

Orde do 22 de abril de 2013 pola que se convocan os premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2012/13.

O prazo de presentación de solicitudes remata o día 7 de xuño de 2013.

Haberá un máximo de 20 premios extraordinarios e cada premio estará dotado con 1.000 € ademais de quedaren exento, durante o primeiro ano e por unha soa vez, do pagamento dos prezos públicos por matrícula no primeiro curso dos estudos superiores nun centro público, segundo se estableza na normativa vixente para o curso 2013-2014.

Requisitos de participación:

  • Ter rematado os estudos de bacharelato no curso 2012-2013 nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia, ben na modalidade presencial ou na modalidade a distancia e ser proposto para título na convocatoria ordinaria do dito curso.
  • Ter obtido unha cualificación final media nos dous cursos de bacharelato igual ou superior a 8,75 puntos.

Probas libres obtención títulos FP da LOE

Por orde 5 de abril de 2013 regulanse as probas libres para a obtención dos títulos de técnico e técnico superior de cliclos formativos de formación profesional dos establecidos ao abeiro da Lei orgánica 2/2006 do 3 de maio, de Educación LOE.

A oferta de prazas no noso Instituto é a seguinte:

CMADG01. Xestión Administrativa ........................10 prazas

CMELE02. Instalación de Telecomunicacións........10 prazas

CMFME01. Mecanizado...........................................10 prazas


Período de inscrición 19 ao 30 de abril


 

 

ESTE MES DESTACAMOS...

 

 

Inmersión lingüística no verán 2013 - Axudasle

AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS NO ANO 2013

Convócanse axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2013, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos.

O prazo de presentación de solicitudes remata o día 22 de abril.

Toda a información sobre este programa na web http://www.edu.xunta.es/axudasle.

ADMISIÓN DE ALUMNOS DE ESO E BAC. CURSO 2013-2014

Aberto o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fodos públicos que imparten ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria e de bacharelato, para o curso 2013-2014.

PROBAS DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS

Probas de acceso a ciclos formativos
Martes 12/03/2013

Publicada a listaxe provisional das exencións ás probas de acceso a ciclos formativos de grao superior e a listaxe provisional de admitidos aos de ciclo medio.

PROBAS DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS DE GRAO SUPERIOR

Publicada a listaxe definitiva das persoas inscritas nas probas de acceso a ciclos formativos de grao superior.

ANÁLISE AVALIACIÓN DE DIAGNÓSTICO 2012

Na avaliación das competencias realizada ao alumnado de 2º da ESO no curso 2011-2012 o IES Perdouro superou a media do grupo ISEC (Índice Socio Económico) de referencia nos resultados acadados para as competencias avaliadas.

Competencia 

Media ISEC

Media galega

IES Perdouro

Diferenza 

Lingüistica

492

500

527

35

Matemática

488

500

506

18

C. I.Medio Físico

493

500

494

1

Na competencia matemática e lingüística tamén está por enriba da media xeral galega. Parabéns para toda a comunidade educativa do noso centro por estes máis que satisfactorios resultados.

Análise dos resultados Síntese dos restultados

Ligazóns probas avaliación diagnóstico

(Profesorado/Doc. Profesorado)

 

 Guía de intervención avaldía

(Profesorado/Doc. Profesorado)

PROBAS DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS DE FP

Convócanse por parte da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativo, de xeito ordinario, probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e grao superior de formación profesional en centros sostidos con fondos públicos para o ano 2013.

Prazo de inscrición nas probas de acceso:

  • Ciclos formativos de grao medio: Entre os días 28 de xaneiro e 8 de marzo de 2013, ambos os dous incluídos.
  • Ciclos formativos de grao superior: Entre os días 28 de xaneiro e 8 de febreiro de 2013, ambos os dous incluídos.

Toda a información:

Probas acceso a ciclos formativos de grao medio.

Probas acceso a ciclos formativos de grao superior.

Convocatoria DOG   
Calendario

Feliz 2013!

FELIZ 2013!

Elección ao Consello Escolar - renovación

CALENDARIO PARA A CELEBRACIÓN DE ELECCIÓNS segundo a Resolución do 7 de setembro de 2012 (DOG do 20)

No mes de novembro celébrase as eleccións para elixir os representantes para o Consello Escolar (renovación parcial): profesores, persoal non docente, pais/nais e alumnos.

DOG 20/09/2012 calendario para a realización de eleccións dos membros dos consellos escolares dos centros docentes sostidos con fondos públicos.

Calendario electoral que ordenará o proceso de renovación parcial do Consello Escolar

  • 31 de outubro: sorteo dos membros que formarán parte da Xunta Electoral
  • 8 de novembro: 1ª reunión  da Xunta Electoral e pubicación do censo electoral dos diferentes sectores.
  • 20-22 de novembro: aberto o prazo para presentación de candidaturas ao consello escolar tanto de profesores, pais/nais como de alumnos.
  • 22 de novembro: 2ª reunión da Xunta Electoral - proclamación de candidatos e o sorteo das mesas electorais
  • 26 de novembro: votacións
  • 17h00-19h00: Pais, nais e titores legais do alumnado

  • 18h30 : Profesorado, no claustro extraordinario

  • 29 de novembro: votación
  • 08h30-18h30: Alumnado

  • 3 de decembro: 3ª reunión da Xunta Electoral e proclamación dos candidatos electos.
Qué é o Consello Escolar?      
definic
   

FOLGA 16,17 e 18 de outubro

AVISO AO ALUMNADO - FOLGA DO ESTUDANTADO convocada para os días 16, 17 e 18 de outubro

Segundo o punto 5 da disposición final primeira da LOE:  "En los términos que establezcan las Administraciones educativas, las decisiones colectivas que adopten los alumnos, a partir del tercer curso de la educación secundaria obligatoria, con respecto a la asistencia a clase no tendrán la consideración de faltas de conducta ni serán objeto de sanción, cuando éstas hayan sido resultado del ejercicio del derecho de reunión y sean comunicadas previamente a la dirección del centro."

Os requisitos que teñen que cumplir son:

  • Facer unha reunión do grupo e comunicalo por escrito á dirección onde figure o nome dos que participan.
  • Modificacións o artigo 8 da lei orgánica de 1985.

VALIDACIÓNS

Validacións e equivalencias de módulos profesionais. Máis información...

Distribuir contido