Skip to Content

AXUDAS PARA SACAR O CARNÉ DE CONDUCIR

O luns 14 de maio publícouse no DOG a Orde do 4 de maio de 2012 pola que se establecen as bases reguladoras que rexen as axudas para facilitar a obtención do permiso de condución clase B e favorecer a seguridade viaria dos mozos e mozas galegos, e se procede á súa convocatoria.

REQUISITOS
  • Ter entre 18 e 30 anos 
  • Residir en Galicia
  • Ser titular do carné xove
  • Estar en situación de desemprego (cunha antigüidade mínima de 6 meses)
  • Non ter, a unidade familiar, ingresos superiores a 2,5 veces o IPREM(1.331,27 euros/mes)
Para acceder á axuda, deberás obter o carné de conducir entre o 1 de xaneiro e antes do 15 de outubro de 2012 e, ademais, superar con éxito un curso gratuíto de educación viaria
As axudas concederánse seguindo a orde de presentación de solicitudes ata esgotar o crédito dispoñible. e terán un importe de 200 euros.
O prazo de solicitude iniciarase a partir do día seguinte ao da publicación da orde no DOG e estará aberto ata o día 1 de setembro de 2012, salvo que antes se esgote o crédito dispoñible.



page | by Dr. Radut