Xornadas de acollida ás familias

Os días 7 e 8 recibímos no centro aos pais e nais do noso alumnado para falar sobre o funcionamento do centro, presentar aos titores dos seus fillos e fillas, solucionar as súas dudas e  informar dun novo medio de mensaxería a través da aplicación TokappSchool que imos utilizar ao longo do curso. Unha aplicación que permitirá aos pais e nais estar informados sobre as faltas de asistencia, reunións, actividades escolares o outras informacións referentes á vida académica dos seus fillos.

 

Completamente gratuita, pode descargarse a través do teléfono mobil utilizando Google Play.