Algunhas fotos da experiencia vivida no Miño polo noso alumnado.
Organizado polo departameto de Educación Física.
O alumnado do Colmeiro visitou o 17/12/2010 a residencia Geriatros de Lalín.
A interacción entre os nosos estudantes e os residentes foi moi fructífera para todos.

O xoves 25 de novembro de 2010 o EDLG organizou unha charla para informar sobre os mecanismos necesarios para poñer os nosos nomes en galego. O acto tivo unha boa acollida por parte do alumnado e foi unha forma máis de demostrar o aprecio que sentimos pola nosa identidade.



O venres día 19 de novembro celebramos o Magosto.
Organizado por Vice-dirección e coa colaboración imprescindible de Manolo e Manuel, o alumnado do Colmeiro degustou un ano máis os froitos do outono.

Momentos antes do comezo da obra "Dossier Cachai" no Auditorio de Lalín.

O alumnado da ESO do Colmeiro visitando a Casa da Xuventude, onde se podía ver no mes de outubro unha interesante exposición sobre o Medio Ambiente.

O alumnado do Colmeiro visitou o observatorio de Forcarei, con motivo do Día da Ciencia en Galego.

Os alumnos en plena sesión de videoconferencia co CERN.
