Xa que estivemos falando dos números irracionais, vai un vídeo sobre o número áureo (o número Φ). Podedes consultar tamén uns apuntes de Cristobal Vila, o autor do vídeo sobre a relación dese número coas imaxes presentadas no vídeo.
Na súa segunda edición, o Día da Ciencia en Galego homenaxea á matemática natural da Coruña María Wonenburger. Para coñecela algo mellor temos a seguinte seire de recursos dos que destacamos algúns en azul. Como primeira aproximación, podemos mirar este excelente vídeo feito por unha alumna do IES Otero Pedrayo:
O método de demostración do descenso infinito foi ideado polo matemático francés do XVII Pierre Fermat. Consiste nunha variante da demostración por redución ao absurdo, un tipo de demostración na que se supón falso o que se quer demostrar para finalmente chegar a un absurdo, como por exemplo que 0=1. Este absurdo xurdiu de supoñer falso o enunciado de partida e a conclusión é que debe ser verdadeiro.
Trátase de buscar un número de nove díxitos, usando os números do 1 ao 9 de forma que o primeiro díxito sexa divisibel por 1, os dous primeiros formen un número divisibel por 2, que dos tres primeiros obteñamos un divisibel por 3,... e así sucesivamente ata formar un número coas nove cifras e que sexa divisibel por 9.
Podes intentalo poñendo, por exemplo o número 923.156.784. Pero este número non serve xa que 923 non é múltiplo de 3.
Non precisas dun computador para atopalo.