Orientación

UNHA VEZ QUE A SELECTIVIDADE FOI SUPERADA E QUERES IR Á UNIVERSIDADE...

Segue lendo se che interesa continuar estudos universitarios, atoparás información sobre a preinscrición e a matrícula na universidade.

PROBAS DE ACCESO A CM DE FORMACIÓN PROFESIONAL

Información para o alumnado do IES PINTOR COLMEIRO  inscrito nas probas de acceso a Ciclos Medios de FP.

Lembrade que xa son o 3 de xuño!

CARA A UNIVERSIDADE!!!!

No documento axunto podes atopar información sobre as PAAU e a universidade. Bótalle unha ollada!!!

MATERIAS OPTATIVAS NO BACHARELATO:

No arquivo axunto podes ver información acerca do que vas estudar en cada unha das materias optativas no Bacharelato. Bótalle un vistazo para saber de que van! Lembra que tamén podes escoller como optativa unha materia de calquera modalidade !!!

Becas para cursar estudos universitarios

Xa saiu a convocatoria de becas para cursar estudos universitarios. Neste enlace atoparás toda a información: BECAS

 

PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN EN CICLOS SUPERIORES DE FP

Nestes documentos adxuntos atoparás a información que precisas sobre datas de solicitude, procedemento, prazos de matriculación...

Lembra que o prazo para facer a solicitude de admisión empeza o 17 de xuño e remata o 2 de XULLO!

PROCEDEMENTO PARA A ADMISIÓN EN CICLOS MEDIOS DE FP

Tés pensado facer un ciclo medio no curso 2010/2011? Nos documentos adxuntos atoparás información sobre as datas de solicitude de admisión, prazos de matriculación, procedemento a seguir...

E non te despistes xa que o prazo de solicitude de admisión ábrese o 17 de xuño e péchase o 2 de xullo!

XA SAIU A CONVOCATORIA DE PRAZAS PARA OS CENTROS RESIDENCIAIS DOCENTES

Se estás interesado/a en facer un ciclo de FP que no haxa na túa zona, bota un vistazo a esta información, pode ser do teu interese. Lembra que estes centros están en Ourense, A Coruña e Vigo. Na orde poderás ver os centros nos que se pode estudar e a súa oferta formativa. Os criterios que se teñen en conta son académicos e económicos...

Distribuir contido