Comunícase ao profesorado que xa está á súa disposición a nova aula Multimedia 4. Situada no nivel inferior fronte á biblioteca, este novo espazo poderá ser usado fóra do horario asignado ao Ciclo Medio de Comercio que se xunta. Esta aula conta coa última tecnoloxía multimedia, con ordenador portátil e pizarra dixital de última xeración. Como no caso das outras aulas de audiovisuais, para a súa utilización só será necesario anotarse no horario de reserva da aula colocado na sala de profesores.