Temos pensado constituír un ou dous grupos de traballo en horario extra-escolar, para servir de apoio ao alumnado que corra o risco de non promocionar e que manifeste unha actitude positiva de cara á aprendizaxe de competencias. Xa que nunha reunión urxente, o pasado mércores día 18 de xaneiro en Santiago, o director xeral de de Educación, FP e Innovación Educativa, José Luis Mira Lema, comunicounos a intención de poñer en marcha novas iniciativas para mellorar os índices de éxito escolar. O contido da reunión podedes velo nun dos documentos que se xuntaron nun correo que vos enviamos ao profesorado, pero podería resumirse en que nos atopamos cun índice superior ao 30% de alumnado que non promociona.
A proposta que nos achega a D.X. consiste en poñer en marcha este mesmo curso un programa PROA.
Os prazos establecidos obrígannos a actuar con certa urxencia, dado que deben presentarse os proxectos antes do día 27 do mes actual.
Por este motivo, convidamos a todo o profesorado do Colmeiro que desexe participar nesta iniciativa a poñerse en contacto coa dirección antes do vindeiro martes día 24 de xaneiro, lembrándovos que serán horas fóra do horario escolar e remuneradas.
Agardamos a vosa colaboración para mellorar, dentro do posible, o éxito escolar do alumnado do IES Pintor Colmeiro.