Skip to Content

Celebracións Cervantes 400/Shakespeare 400

       Shakespeare 400

Atopámonos xa na grella de saída para darmos comezo ás diversas actividades culturais na nosa especial conmemoración do IV Centenario da morte destas dúas figuras senlleiras da literatura universal: Cervantes e Shakespeare. Desde os Departamentos de Linguas e a Biblioteca, queremos deixar constancia do noso agradecemento pola entusiasta implicación e o traballo en común dos Departamentos de Actividades Físico-Deportivas, Educación Física, Comercio, Física e Química, Música e Educación Plástica na organización das mesmas; pola magnífica tarefa realizada, tanto na decoración do centro, -a cargo do alumnado de FPB, ESO e Ciclos de Comercio-, como na laboura de investigación levada a cabo polo alumnado dos distintos cursos, así como polo esforzo desenvolvido na preparación das representacións musicais e teatrais. Todo isto non sería posíbel sen a coidada monitorización das diversas actividades baixo a responsabilidade do alumnado do CMAFD. Igualmente, agradecemos a xenerosa colaboración e o apoio incondicional do Equipo Directivo que prestou todo tipo de facilidades para a boa colledura deste proxecto.

             Bravo    loudspeaker   On with the show!!!!  Wow

 

 

 



story | by Dr. Radut