Durante o mes de xuño realizamos as xornadas de orientación para presentar o centro ao novo alumnado e as novidades que supón o inicio da ESO. Xa estiveron de visita os alumnos de 6º de E.P. dos colexios adscrito, CEIP A Serra de Outes e CEIP Emilio Navasqües. O mércores 13 de xuño as 19 horas recibiremos ás familias para completar as sesións informativas e resolver as dúbidas que podan existir respecto a escolarización dos seus fillos.
Contamos coa presencia de todos este mércores.