Comenius Regio

Proyecto Comenius Regio - 2ª Reunión 06-10/06/2011 en Vigo

                 Comenius Regio

      O Instituto Politécnico de Vigo está inmerso en varias actividades europeas, entre elas, e coa colaboración do concello, estase desenvolvendo un Proxecto "Comenius Rexio". O Concello de Vigo e o goberno do Landkreis Osnabrück constitúen os socios principais deste proxecto, que ten como obxectivo preparar a realización de futuros intercambios de alumnado coa cidade alemá de Osnabrück.

Recepción no Concello

      Entre os días 6 e 10 de xuño unha delegación da rexión alemá visitan Vigo. Este martes 7 a concelleira en funcións de Educación, Laura López Atrio, ten a recepción oficial dos principais socios do proxecto, entre os que asisten representantes do goberno do Landkreis Osnabrück, da universidade e de institutos de devandita rexión. Por parte viguesa tamén asisten representantes do IES Politécnico, da Asociación de Pais e do Club Deportivo Galego de Kinball.

      Esta visita responde á realizada a Osnabrück no mes de xaneiro pola representación de Vigo. Estes días a delegación alemá tamén realizará visitas a empresas da contorna e ao campus universitario.

      Nestes encontros de traballo establécense os acordos para permitir o intercambio de alumnado entre ambas cidades. Unha vez finalizado este proxecto calquera centro de Vigo poderá realizar intercambios organizados con centros de Osnabrück.

      No entanto o Politécnico xa está realizando actividades con esta cidade alemá, enviando aos seus alumnos de ciclos formativos a realizar as prácticas en empresas e ao seu alumnado de bacharelato a realizar intercambios co alumnado alemán. De feito, o próximo día 24 partirán para Hamburgo un grupo de alumnos de bacharelato.

      PROGRAMA DAS REUNIÓNS

categories [ ]

Publicacións en Alemaña da primeira reunión de traballo do Proxecto Comenius Regio

Nos seguintes links atópase a difusión da primeira reunión do proxecto en distintos medios alemáns: 

                       

categories [ ]

Reunión Comenius Regio

Entre os días 18, 19 e 20 de xaneiro celebrouse a primera xuntanza dos socios do proxecto Comenius Regio entre VIGO e OSNABRÜCK aos que asistiron en representación de Vigo:

  • Ignación Ojea (Representante do Concello de Vigo en programas educativos no exterior)
  • Antonio Estévez (Director do IES Politécnico)
  • Teresa Prado (Xefa de Estudos do IES Politécnico e Responsable dos Programas Europeos).
  • Dolores Fernández (Respresentante de Pais e Nais de alumnos)

Recepción Visita Osnabrück

categories [ ]

Intercambio Europeo VIGO-OSNABRÜCK

AcollidaO Instituto Politécnico está inmerso nun Proxecto Europeo “Comenius Regio” para a preparación de intercambio de alumnos do noso centro con alumnos da cidade Alemaña de Osnabrück. Dentro deste proxecto os intercambios de estudantes concretaranse a partires do ano 2012.

 Independentemente da axudas económicas que presentarán estes programas, neste curso xa se vai a levar a cabo un intercambio dunha semana de duración con 25 alumnos do instituto BBS Osnabrück-Haste que están estudando 12.KL. (1° de Bacharelato) de Psicoloxía e Pedagoxía / Saúde  

O intercambio realizarase mediante a formula de acollida entre alumnos. O alumno/a de Vigo acolleu na súa casa a un alumno/a de Osnabrück dende o 2 ao 8 de novembro, e o alumno de Osnabrück acollerá previsiblemente ao alumno de Vigo dende o 14 ao 22 de maio. 

categories [ ]