Novas

Días non lectivos no IES Politécnico

O centro estará pechado os días:

  • Xoves, 17 de maio:   Día das Letras Galegas
  • Venres, 18 de maio:  Festivo local de centro
categories [ ]

Fotos Comenius Multilateral


Recorrido polo IES Politécnico de Vigo. Recepción en Castrelos polo Sr. Alcalde de Vigo D. Abel Caballero. Rally turístico por Vigo. Recepción polo Director Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa D. José Luis Mira Lema

Reunión en Vigo do Proxecto Comenius Multilateral - Rediscover the Real European Values

Entre o 16 e 20 de abril de 2012 o IES Politécnico de Vigo será anfitrión da reunión do proxecto de Camenius Multilateral "Redescubrir os valores reais de Europa" no que participamos. Recibiremos cos brazos abertos unha marea de alumnado de toda Europa, das escolas seguintes:

  • Scoala Cu Clasele I-VIII "Mihai Eminescu“. Roman (Rumanía)
  • Liceul Teologic Romano-catolic "Sf. Francisc De Assisi“. Roman (Rumanía)
  • Tallinn English College. Tallinn (Estonia)
  • Istituto Comprensivo di Gatteo. Gatteo (Italia)
  • VII Istituto Comprensivo “G.A.Costanzo”. Siracusa (Italia)
  • AG Ungdomsskole. Lyngdal (Noruega) 
  • Institution Notre-dame. Toulon (Francia)
  • Gymnasio Ayiou Dhometiou. Lefkosia (Chipre)
  • Maarten Van Rossem. Arnhem (Holanda) 
  • Kemal Türkler Primary School. Istanbul (Turquía)

O obxectivo do proxecto de "Redescubrir os valores reais de Europa" céntrase en axudar ao alumnado a descubrir e comprender os principais valores éticos e tradicionais que estiveron na base da formación da civilización europea: honestidade, o respecto, a xenerosidade, a tolerancia, a bondade, a familia, o heroísmo, a valentía, a educación, o respecto polas tradicións, a protección do medio ambiente. Deste xeito, os nenos, os mestres e os pais desenvolven novas competencias no campo da conciencia cultural, xunto coas habilidades, coñecementos e actitudes que lles permitirán apreciar estes valores e aumentará o seu sentido da iniciativa para facer activos estes valores durante a súa vida, polo desenvolvemento dun sentimento da conciencia europea. 

Programa de actividades que levaremos a cabo.

Desexamos unha estancia moi agradable, útil e chea de ledicia a tódolos participantes.

Exposición de fotografía estereoscópica "Encontros na 3ª dimensión"

 

"Encontros na 3ª dimensión"

Exposición de fotografía estereoscópica realizada por alumnado de 1º do bacharelato de artes vespertino e 1º de bacharelato de ciencias de adultos.

A técnica utilizada é a da vista cruzada, de xeito que non compre utilizar gafas para ver as fotos.

Cruzando a vista podemos chegar a ver as fotos en 3D. Ao principio custa un pouco pero merece a pena o esforzo cando se logra ver en tres dimensións. Uns puntos amarelos pódenche axudar, cando cruces a vista ata que se superpoñan os puntos a imaxe aparecerá nítida en 3 dimensións.

categories [ ]

PROBAS LIBRES PARA A OBTENCIÓN DO TITULO DE ESO PARA MAIORES DE 18 ANOS - 2012

DATAS PREVISTAS PARA A CONVOCATORIA DE 2012

As datas previstas para a celebración das probas para a obtención do título de graduado en secundaria para maiores de dezaoito anos no ano 2012 son:

-Primeira convocatoria: 27 de abril. Período de inscrición: 20 ao 30 de marzo.

-Segunda convocatoria: 13 de setembro. Período de inscrición: 3 e 4 de setembro.

Máis información AQUÍ.

Admisión ESO - BACHARELATO - CURSO 2012-13

Admisión ESO - BACHARELATO -  CURSO 2012-13

Data Proceso
1 ao 15 de febreiro Reserva de praza do centro adscrito (anexo I)
1 ao 31 de marzo Solicitude de admisión (Anexo II + DNI)
1 de abril Publicación de listaxe de solicitudes nas que procede a entrega da documentación para a súa baremación.
1 ao 20 abril Presentación de xustificantes de méritos alegados (se procede)
30 de abril Listaxe provisional de admitidos
Ata o 10 de maio Reclamacións a listaxe provisional de admitidos
14 de maio Listaxe definitiva de admitidos
25 de xuño ao 10 de xullo Prazo ordinario de matricula
1 ao 10 de setembro Prazo extraordinario de matricula

VACACIÓNS DE NADAL 2011

 

VACACIÓNS DE NADAL 2011

 

Dende o 22 de decembro

ata o 6 de xaneiro (ambos incluidos)

 

A secretaría do centro estará aberta de 10:00 a 13:00 horas os días:

22, 23, 26, 27, 28, 29, e 30 de decembro

2, 3 e 4 de xaneiro

categories [ ]

Informe Extraordinario do Valedor do Pobo: Adolescentes e Internet en Galicia.

Informe Extraordinario do Valedor do Pobo: "Adolescentes e Internet en Galicia", o estudo máis completo realizado ata o de agora acerca de os hábitos e usos de Internet da nosa mocidade. Como poderán comprobar, este documento reflicte con enorme fidelidade cales son os comportamentos habituais dos máis novos cando se conectan á Rede en canto aos seus horarios, usos das redes sociais ou motivacións para acceder a ela, entre outros aspectos.

categories [ ]