Comezaramos a festexar as nosas letras e á figura homenaxeada a semana do 7 de maio co Correlingua e a instalación no vestíbulo do instituto dunha exposición sobre Valentín Paz Andrade. Logo, na segunda e cuarta feiras , promovidas polo Departamento de Orientación e o EDL , dúas xincanas, unha sobre cultura galega e outra sobre Valentín Paz Andrade, nas que o alumnado participou con moito entusiasmo. A sexta feira remataba a semana da lingua co reparto do cartón do EDL, a instalación dunha mesa coa bandeira do país e unha faixa que rezaba ”Comprométome co galego”,onde se repartían, ademais dos cartóns do EDL, materiais sobre escritores e escritoras galegas.
O IES de Ponte Caldealas participa na XUNTANZA DE ALUMNADO DE SECUNDARIA DE AG21EG,”O ALUMNADO É O PROTAGONISTA",no Pazo da Cultura de Pontevedra.
Dende a Laxe a Forzáns:Camiño dos Arrieiros(PINT).Saída do alumnado de 1ºESO.
Charla de orientación académico-profesional-Universidade de Vigo (Traducción).
FESTA DA LINGUA-PROGRAMA DE ACTOS
1.Presentación
2.Himno galego (alumnado de Música)
3.Breve biografía de Valentín Paz Andrade
4.Audiovisuais do IES de Ponte Caldelas e do CIP de Cea (A lingua sabe a pan)
5.Poemas de Valentín Paz Andrade
6.Interpretación musical do alumnado de Música(frautas,teclado,acordión)
7.Fin de festa-Actuación dos Teixugos do Norte no Ximnasio
8.Entrega do cartón do EDNL