maio 2012


Ciclo Medio
25 MAIO: PROBA DE ACCESO A CICLO MEDIO
O venres 25 de maio é a proba para o acceso aos ciclos medios. Dende o instituto poñemos un bus. Infórmate.

Biblioteca
BOLETIN DE MAIO DA BIBLIOTECA
A biblioteca volve sacar boletín: O X&Q do mes de maio no que atoparedes novas da cultura, actividades levadas a cabo no centro e recomendacións da biblioteca... Esperamos que vos guste.


Dinamización
EXPOSICIÓN SOBRE VALENTÍN PAZ-ANDRADE
O departamento de Dinamización do Instituto preparou unha exposición sobre o personaxe ao que dedicamos as Letras deste ano, Valentín Paz-Andrade, que estará colgada nestes días na entrada do instituto
letras galegas

Dinamización
50 ANOS DE LETRAS GALEGAS


Tamén tedes á vosa disposición unha completísima exposición que celebra os 50 anos das Letras Galegas facendo un percorrido pola vida e a obra de todos os autores galegos, dende o inicio desta celebración en 1963 con Rosalía ata o ano 2012 no que homenaxeamos a  Paz-Andrade. De cada autor recóllese a súa biografía e obra da que se expón algún fragmento.
Tedes todo isto no corredor do edificio I durante este mes de maio,  para gozar con calma, dun traballo no que ademais do Departamento de Dinamización Lingüística colaborou o alumnado de 1º de Bacharelato A e C, e o de 3º de ESO participando na colocación da exposición.
Felicitamos a todos os autores, e a nos mesmos, por poder gozar e aprender desta exposición.


50 anos lestras galegas
rosalia
castelao
pondal
manuelantonio
cunqueiro
aviles de taramancos
novoneyra
pereiro
paz andrade

abril 2012


Probas
PÁXINA DA LISTAXE DAS CUALIFICACÍONS Á PROBA DE ACCESO A CICLO SUPERIOR
Preme no seguinte vínculo para acceder ás: Listaxes provisorias das cualificacións obtidas nas probas de acceso a ciclos formativos de grao superior
Ao acceder a esta páxina aparecen unha serie de títulos de pdf. Preme no último da lista, o que pon listaxes provisorias das cualificacións obtidas nas proas de acceso a ciclos formativos de grao superior. Noraboa aos aprobados e ánimos para quen non o conseguíu. 

Feira do libro
II FEIRA DO LIBRO
No vestíbulo do centro emprazamos a 2ª Feira do Libro do IES de Ponteceso, onde poderedes adquirir algún libro que vos guste.
O diñeiro recadado irá para a ONG Bubisher, que actúa nos campamentos de refuxiados saharauis e que na súa páxina web expón: '... Bubisher comezou sendo un bibliobús cargado de libros, que percorre as escolas e funciona como biblioteca ambulante dirixida a nenos, xóvenes e adultos. Hoxe o Bubisher é algo máis. Chamámoslle proxecto porque segue en continua evolución, pero agora, co bibliobus rodando e unha Biblioteca fixa en construción, máis o propósito de extenderse a outros campamentos, .... '.
Podes coñecer máis esta ONG  accedendo á súa páxina web: bubisher.com.
segunda feira dos libros

Exposición na Biblioteca
EXPOSICIÓN DE INSTANTS BOOKS
Durante a Semana Cultural os alumnos de 2º de ESO elaboraron libros de artistas, instant books, nun obradoiro organizado polo departamento de debuxo. Os resultados están expostos na biblioteca aproveitando que nesta semana tamén se celebra o día do libro o 23 de Abril.
instant book

Biblioteca e debuxo
EXPOSICIÓN DE ILUSTRACIÓNS E TEXTOS LITERARIOS
Tamén están expostos no vestibulo pequenos fragmentos de textos premiados en diferentes concursos literarios convocados polo centro, acompañados con ilustracións realizadas polo alumnado de 4º da ESO.
ilustracions

CCNN
A MITOSE EXPLICADA POLOS ALUMNOS DE 4º DA ESO
Podedes ver o vídeo pinchando aquí.
Prometemos volver coa meiose
Excursión
IMAXES DA EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO DE 4º DA ESO  Publicamos algunhas imaxes de momentos vividos polo alumnado de 4º da ESO na excursión de fín de curso a Tenerife. Tiveron tempo para facer actividades como surf, visita ao centro Loro-park, visita ao parque acuático Siam-park, visita ao Parque Nacional do Teide....  
teide
O grupo co Teide ao fondo
surfsurf
Aprendendo e practicando surf
siam park
No parque acuático
hotel tenerife
Unha imaxe do hotel

 


Biblioteca
SEGUE EN MARCHA O II MARATÓN CULTURAL
Segue a desenvolverse o maratón cultural. O alumnado do instituto será posto a proba para demostrar as súas destrezas na busca de información tanto en internet como na propia biblio. Recordade que se sodes un dos tres primeiros grupos, ao final, haberá un premio para vós.

XII Semana Cultural IES de Ponteceso

doce semana cultural
Estas son as actividades que se desenvolveron do 10 ao 13 de Abril na XII Semana Cultural do instituto


MARTES 10 de abril
Concerto
CONCERTO DE XAVIER DÍAZ E GUILLERME FERNANDEZ para o alumnado de 3º de ESO e de 2º de Bacharelato
concerto xabier e guillerme Este martes tivemos o concerto de Xavier Díaz e Guillerme Fernández na biblioteca do IES. Houbo interpretacións e tamén charla. Un pracer compartir momentos con estes grandes músicos do noso país. Aquí deixamos unha mostra de como foi o concerto.


Xavier Díaz é a voz titular de Berrogüetto, ademais de compositor e produtor. O seu primeiro traballo “Músicas de Salitre”, foi gravado conxuntamente co guitarrista Guillerme Fernández en Compostela no ano 2004 e contou ademais con outros músicos como Xosé Lois Romero (Acordeón e Pandereta), Paco Dicenta (Baixo) e Carmen Rey (Voz). Xavier Díaz foi mestre e director na Escola de Música e Danza do Concello de Ames entre o 1993 e o 1999. Define o seu traballo con Guillermo Fernández como “unha guitarra do sur, unha voz nordestina, cloro e sodio…química do Salitre”.
Guillermo Fernández é membro integrante da formación galega de música folk Berrogüetto, coa que ten realizado numerosas xiras por Galicia, Portugal e polo resto do mundo: Alemaña, Austria, Arxentina, Reino Unido, Dinamarca, Italia, Francia, Bélxica, Suiza, España...

Encontro
AS REDEIRAS DE MALPICA co alumnado de 2º de ESO
redeiras de malpica Tres mulleres da asociación de redeiras “O Fieital” de Malpica desenvolveron unha charla e logo un taller no que ensinaron ao alumnado de 2º de ESO como é o seu traballo. Puxéronse mans á obra elaborando xunto aos alumnos unha pequena malla na que utilizaron as ferramentas do seu traballo.
Obradoiros
OBRADOIRO DE RELOXOS E FELTRO para o alumnado de 1º da ESO
obradoiro reloxos Os departamentos de Tecnoloxía e Debuxo levaron a cabo uns obradoiros para o alumnado de 1º de ESO no que cada participante realizou ou ben un reloxo de parede ou ben broches e chaveiros de fieltro. O traballo desenvolveuse en varios días da semana cultural e os resultados poderemos velos nunha exposición que se realizará nas vindeiras semanas.
Charlas
CHARLA DE ÁNGEL CARRACEDO para o alumnado de 1º e 2º de Bacharelato
angel carracedo Ángel Carracedo Álvarez é probablemente o científico galego de maior proxección internacional. Nacido en Santa Comba, foi galardoado recentemente con importantes premios e distincións- É licenciado en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela (1978) e doutor en Medicina pola mesma institución (1982), en ambos casos con premio extraordinario. O recoñecido xenetista que dirixe o Instituto de Medicina Legal da Universidade de Santiago de Compostela dende 1994 así como a Fundación Pública Galega de Medicina xenómica, comparte o seu labor docente coa de investigación e lidera un grupo que traballa na xenética aplicada á resolución de problemas xudiciais. A súa presenza no centro foi aproveitada para dar os galardóns ás alumnas premiadas no III Premio de Divulgación Científica que leva o seu nome e que se celebra no instituto. Unha das sorpresas agradables foi que o científico obsequiou á gañadora cunha estancia de traballo no seu centro durante este verán.
Dende aquí o noso maior agradecemento a Ángel Carracedo pola súa inmensa xenerosidade co alumnado deste centro que, unha vez máis, gozou dunha conferencia sobre os campos científicos nos que este investigador e o seu equipo están desenvolvendo os seus traballos

Charlas
CHARLA DO LAMA GUESHE TENZIN
lama Este martes contamos coa presenza do lama tibetano Venerable Gueshe Tenzin Tamding que está residindo nestes días en Ourense e que se achegou ata o instituto para falarnos da filosofía budista e animarnos a buscar a felicidade e facer o ben.
Gueshe naceu en Dagyab (Kham) no 1.966. Aos 10 anos iniciou os seus estudos no colexio de Ganden Shartse Norling. Nesta universidade de Ganden, na India, estudou durante 17 anos, e obtivo o título de Gueshe Larampa (doutor en Filosofia Budista), sendo un dos mellores Gueshes da nova xeración. Completou todos os cursos das cinco áreas maiores do coñecemento budista como a Perfección da Sabiduría, Madhyamika, Lóxica, Metafísica e Disciplina Monástica con distinción, acadando a mais alta honra académica permitida na Escola Guelupa.
Despois de graduarse na Universidade Budista, S.S. o IX Dalai Lama enviouno a difundir o puro e auténtico Budadharma ás universidades monásticas, institucións e centros budistas de todo o mundo.
O mestre Tibetano Ven. Gueshe Tenzing Tamding é o presidente da Fundación Chop Tsup Tsang e director espiritual de 16 centros budistas en España e tamén en Xapón, Estados Unidos, Singapur e Taiwan.

MÉRCORES 11 de abril
Charlas
CHARLA DE NUTRICIÓN POR MARÍA JOSÉ SANTÉ para o alumnado de 1º de Bacharelato
maria jose santé María José M. Santé é Doutora en Bioloxía pola Universidade da Coruña, Máster en Medicina Natural pola Universidade de Santiago e actualmente traballa como profesora de Bioloxía no IES Parga Pondal de Carballo onde, preocupada polos hábitos de vida dos seus alumnos, se encarga da edición da revista e do blog “Rotativa Saudable”. Tamén publica con asiduidade artigos no seu blog “Naturopatía en casa”. O alumnado de 1º de Bacharelato sorprendeuse, durante a conferencia, dos tópicos e da composición dos alimentos que tomamos regularmente, así como da información que se dá deles. Foron leccións de precaución sobre a alimentación e sobre o verdadeiro valor dos alimentos e dos nutrintes, moitas veces, escasamente coñecidos.
Música
DANZAS DO MUNDO para o alumnado de 2º de ESO
danzas do mundo Carlos Conde Mayo, profesor de Educación Física no CEIP de Cabana, achegouse ata o instituto para poñer a danzar, na pista polideportiva, ao noso alumnado de 1º e 2º de ESO ao ritmo de diferentes músicas de moi diversas orixes.
Cine
CICLO DE CINE durante toda a Semana Cultural
cine árabe Durante esta semana, foron varias as sesións de proxección de películas de orixe árabe cedidas pola Fundación Araguaney, organizadora do Festival Amal. As películas son curtametraxes e mediometraxes, películas de animación e documentais, que tratan o tema da realidade do pobo palestino nos sitios ocupados do seu país. Despois das proxeccións os nosos alumnos e alumnas charlaron con Sami Ashor, palestino que leva catro anos residindo en Santiago e colabora coa Fundación Araguaney. Sami contestou ás preguntas que as películas fixeron xurdir no público asistente.
XOVES 12 de abril
Charlas
CHARLA DA ACTRIZ ISABEL RISCO para o alumnado de 2º de Bacharelato
isabel risco Visitounos este mércores a actriz coruñesa Isabel Risco e falounos do presente do mundo audiovisual galego, da súa traxectoria, experiencias e da súa actividade profesional. Isabel risco comezou a súa carreira no teatro universitario a finais dos anos noventa e afianzou a súa vea dramática con estudos de Pedagoxía teatral. Esta polifacética muller traballou como presentadora de galas, contadora de contos, pero realmente é coñecida polo seu labor na televisión, xa que na década do 2000, tras o seu debut en “O rei da comedia”, desenvolveu unha intensa actividade na canle autonómica. Ademais de participar en “O show dos Tonechos”, “Air Galicia”, “Padre Casares”, “Tourilandia” entre outros moitos, nos últimos anos os seus compromisos levárona a percorrer Galicia poñendo en escea novas apostas con outros humoristas, como o espectáculo de monólogos “Star Tres” no que o seu máximo obxectivo é conseguir que o público se divirta. Grazas a Isabel por compartir con nós eses momentos e por facelo cun humor e cun criterio admirables.
Actividades
COCIÑANDO EN INGLÉS para o alumnado de 3º de ESO
cociña en ingles O departamento de Inglés, coa colaboración da axudante de conversa, preparou unha actividade con moito gusto. O alumnado de 3º e 4º de ESO e PCPI cociñou lambetadas tipicamente anglosaxonas atendendo as pautas que as profesoras lles ían dando en inglés.
Algúns puidemos degustar o resultado final e vese que a competencia lingüística vai por bo camiño.

Teatro e portas abertas
TEATRO EN INGLÉS para o alumnado do CRA
teatro en ingles O alumnado de 1º e 3º de ESO e 1º CMXA viña preparando, nos días anteriores á Semana Cultural, pequenas pezas teatrais en inglés que interpretaron diante do alumnado do Centro Rural Agrupado (CRA) de Ponteceso, que viñeron visitarnos con motivo da xornada de portas abertas.
Música
CONCERTO DE MÚSICA para o alumnado de ESO
musicas do mundo Os alumnos e alumnas da materia de Música interpretaron, por grupos, unha selección de pezas de músicas do mundo para o alumnado de ESO. O salón de actos fíxose pequeno para este evento e todas e todos os presentes gozamos coas destrezas musicais dos nosos compañeiros e compañeiras. O departamento de Dinamización Lingüística encargouse de amenizar os intermedios coa lectura de textos e a proxección de imaxes sobre as pezas que se intrepetaban.
VENRES 13 de abril
Obradoiros
MATEMÁTICAS MÁXICAS para o alumnado de 1º de ESO
matematicas maxicas Alumnos de 1º de Bacharelato, guiados por Antón Pastur, foron resolvendo exercicios matemáticos que sorprenderon ao alumnado de 1º de ESO.
Charlas
CHARLA DA CÁMARA DE COMERCIO para o alumnado de Ciclos Formativos
camara de comercio O alumnado de Ciclos Formativos de Electromecánica e Administrativo tiveron a ocasión de asistir a esta charla de Romyna Fraga, técnica de comercio interior da Cámara de Comercio da Coruña, na que se trataron temas da realidade do presente laboral, opcións e oportunidades para a xente nova que se forma na ensinanza profesional.
Charlas
CONFERENCIA DE LUÍS REI NÚÑEZ para o alumnado de 2º de Bacharelato
luis rei nuñez Luís Rei Núñez (A Coruña, 1958), xornalista de profesión, pertence á promoción que a comezos dos anos 80 tomou o relevo dos grandes escritores das letras galegas desaparecidos entón, como Rafael Dieste, a quen dedicou unha biografía en 1987, A travesía dun século. Ao longo da súa traxectoria cultivou o ensaio no seu volume Poetas Andantes navegantes (1995), a poesía en A rolda invisible (1998) e Alma mareira (2003) e a narrativa, que inclúe os títulos Expediente Artieda (Premio Xerais de novela, 2000), A estrela dos polisóns (2003), Toda a vida (2005), O señor Lugrís e a negra sombra (2007, Premio da Crítica Española e Premio da Federación de Libreiros de Galicia ao mellor libro do ano), Monte Louro (2009, Premio Blanco Amor de novela longa e Premio Fervenzas Literarias á mellor novela do ano) e Cita en Fisterra (2011).
O alumnado de 2º de Bacharelato escoitou as reflexións do escritor que seguidamente respondería a numerosas preguntas do alumnado e que fixeron que a charla se prolongara por máis de 2 horas e media.

Charlas
CHARLA SOBRE ACOSO ESCOLAR para o alumnado de 3º e 4º de ESO
acoso escolar A garda civil colaborou unha vez máis co instituto desenvolvendo varias charlas para o alumnado. A charla do venres trataba sobre o acoso escolar, e o poñente soubo transmitir a importancia do papel que podemos xogar todos cando se dá un problema deste tipo e as respostas que debemos ter ante estas situacións.
MARTES 10 de abril
Charlas
EMERXENCIAS GALICIA 112 para o alumnado de Ciclos Formativos e para PCPI
emerxencias 112 José Antonio Argibay, técnico de operacións e loxística da Axencia Galega de Emerxencias, explicou ao alumnado de Ciclos Formativos e de PCPI as actuacións deste servizo en caso de accidente. Emerxencias Galicia 112 é un servizo público da Xunta de Galicia xestionado pola “Axencia galega de emerxencias” adscrita á Consellería de Presidencia. Este servizo trata de ser a asistencia máis inmediata posible ás demandas dos cidadáns de todo o país que se atopen nunha situación de risco persoal ou colectivo. Atende calquera urxencia e emerxencia en materia sanitaria, extinción de incendios e salvamento, seguridade cidadá e protección civil e coordina as actuacións de todos os organismos que interveñen na resolución das mesmas.
O “112” é unha liña telefónica gratuita, dispoñible as 24 h. do día e os 365 do ano.

Charlas
OBRADOIRO DE HABILIDADES SOCIAIS para o alumnado de 3º da ESO
habilidades sociaisHadrián Suárez, ex alumno do instituto, levou a cabo co alumnado de 3º da ESO un obradoiro sobre habilidades sociais, no que cada quen apredeu a recoñecer o seu papel dentro dun grupo e recibiu pautas de comportamento ante diversas situacións.
Actividades
OBRADOIRO DE PILATES para o alumnado de 1º e 2º de Bacharelato
pilates Juan Lista, técnico de Educación Física, desenvolveu este esforzado obradoiro, no que os nosos alumnos e alumnas de bacharelato tiveron un primeiro contacto con este método innovador.
Obradoiros
OBRADOIRO DE IOGA para o alumnado de 1º e 2º de Bacharelato
yoga Miguel Anxo Martínez achegounos ao ioga, unha tradicional disciplina física e mental que ten a súa orixe na India. Os participantes neste obradoiro amosáronse moi interesados en atopar o benestar físico e mental.
Obradoiro
OBRADOIRO DE TAICHI para o alumnado de 1º e 2º de Bacharelato
taichi Juan Ramón Sánchez propuxo ao noso alumnado unha primeira experiencia co Taichi, arte marcial desenvolvido no Imperio da China e practicado actualmente por varios millóns de persoas no mundo enteiro. Considérase cada vez máis coma unha práctica físico-espiritual que por unha parte é moi proveitosa para a saúde mentres que por outra constitúe unha técnica de meditación.
MÉRCORES 11 de abril
Charlas
CHARLA DE MARÍA AROCHENA para o alumnado de 1º de Bacharelato e 3º de ESO
María Arochena Romero é socia fundadora de Perro Verde Films, produtora de Arrugas, unha longametraxe de animación 2D baseada nun cómic do mesmo título creado por Paco Roca (Premio Nacional do Cómic 2008) e que vén de ser galardoada con dous premios Goya, ao Mellor guión adaptado e á Mellor película de animación.
Perro Verde Films é unha empresa de produción española que, localizada en Galicia, desenvolve e produce obras audiovisuais para o mercado internacional. Dirixida por Manuel Cristóbal e creada no 2007 produciu catro longametraxes e a aplicación interactiva Contoplanet. En 2007 estreou Gritos en el pasillo (Juanjo Ramirez Mascaró, 2007) en coprodución con Producciones Bajo la Lluvia, converténdose na primeira estrea day & date realizado en España e Premio FICOD do Ministerio de Industria pola súa estratexia de marketing e distribución dixital.
Dende o 2009 estreou títulos como a comedia Los muertos van deprisa, en colaboración con Disney, o drama La noche que dejó de llover en coprodución con Iroko Films e a longametraxe de animación 3D El Lince Perdido (Manuel Sicilia, Raúl García, 2008) en coprodución con Kandor Moon, gañadora tamén dun Goya así como premiada como mellor película en Animadrid.
Falou co alumnado do seu traballo e trouxo os Goya ao instituto para que puideramos ter unha simpática imaxe cun premio na man. Moitas grazas dende toda a comunidade educativa, desexámosche moito ánimo e que sigas producindo películas tan satisfactoriamente.

Música
BATERÍA E GUITARRA para o alumnado de 1º de ESO
batería e guitarra Xa vén sendo habitual que os alumnos Abraham Cousillas e Sergio Haz impartan algunhas leccións sobre estes dous instrumentos. Neste caso o público, que tamén participou activamente, foron os alumnos e alumnas de 1º de ESO e algún outro de 2º de ESO e 1º de CMEV. Moitas grazas pola vosa colaboración, coma sempre encantastes ao voso público.
XOVES 12 de abril
Charlas
CHARLA SOBRE OS ESTUDOS DE TRABALLO SOCIAL E SOCIOLOXÍA para o alumnado de 2º de Bacharelato
charla traballo social Cristina Santos e Nieves Suárez, ex alumnas do instituto, achegáronse ata o IES para falar cos alumnos e alumnas de 2º de bacharelato sobre os estudos que ambas realizaron. Tamén houbo tempo para falar de traballo e dalgunha que outra curiosidade coa que se poderán atopar no seu futuro máis próximo. Moitas grazas por estar dispostas a colaborar con nós, foi un pracer vervos de novo.
Charlas
CHARLA SOBRE OS ESTUDOS DE PUBLICIDADE para o alumnado de 2º de Bacharelato
charla publicidade Maximino García e Ana Garrido, recentes ex alumnos do instituto, brindáronse a participar nas charlas orientativas para contarnos como lles foi o seu primeiro ano de estudo no mundo da publicidade e das relación públicas. Destacaron como cualidades esenciais para estes estudos a iniciativa emprendedora e a capacidade imaxinativa e creadora. Grazas pola vosa aportación á Semana Cultural.
Charlas
CHARLA SOBRE OS ESTUDOS DE MEDICINA para o alumnado de 2º de Bacharelato
charla medicina Javier Ordóñez e Tania Rodríguez faláronlles aos rapaces e rapazas de 2º de Bacharelato dos seus estudos de Mediciña. Javier está cursando 3º e Tania acaba de facer o MIR e de coñecer a súa futura praza na especialidade de psiquatría no CHUAC de A Coruña. Os dous explicáronlles os plans de estudo desta carreira, as materias que lles resultaron máis difíciles ou interesantes, pero tamén do entretida que é a vida universitaria en Santiago. Moitas grazas por achegarvos ata o IES e compartir con nós as vosas experiencias.
Charlas
CHARLA SOBRE OS ESTUDOS DE HOSTELARÍA para o alumnado de 2º de Bacharelato
charla hostelaria Dende a Escola Superior de Hostelaría de Santiago achegouse ao noso instituto Óscar Alfeirán para expoñer as particularidades destes estudos.
Charlas
CHARLA SOBRE OS ESTUDOS DE HISTORIA para o alumnado de 2º de Bacharelato
charla historia Rosalía Regueiro, ex-alumna do centro, a día de hoxe está a facer o doutorado de Historia e amosoulle ao alumnado de 2º de Bacharelato as características desta carreira e como manexarse nos servizos que ten a páxina web da Universidade de Santiago.
Charlas
CHARLA SOBRE OS ESTUDOS DE ARQUITECTURA para o alumnado de 2º de Bacharelato
charla arquitectura Ivana Comte e María José foron as encargadas de explicar ao alumnado como son os plans e programas da carreira de Arquitectura. Tamén cales son as saídas e cales as dificultades. Ivana foi alumna deste instituto e está licenciada en Arquitectura e María José é profesora no centro e ambas foron compañeiras de carreira.
Obradoiro
OBRADOIRO DE SON para 1º e 2º de Bacharelato
Desenvolveuse en catro sesións un obradoiro de maquetación e gravación de son impartido por Manolo Dourado, técnico de son e director da escola de música “A Escola da Rúa” de Carballo.
Aquí tedes un vídeo da gravación que realizaron da canción dos Beatles 'Nothing's gonna change my world' que interpreta e toca Antón Pastur.


VENRES 13 de abril
Charlas
CHARLA DA ONG IMPLICADAS NO DESENVOLVEMENTO para o alumnado de 3º de ESO
implicadas Manuela e Nayara, voluntarias que traballan na ONG Implicadas no desenvolvemento, contáronlles aos rapaces e rapazas de 3º de ESO os proxectos desta organización e as súas campañas de sensibilización sobre a pobreza, as súas causas e solucións.
Música
CONCERTO DO DÚO ROXOLANA para o alumnado de 1º de Bacharelato e 4º de ESO
concerto roxolana Diana Gusak e Omelyan, ou o que o mesmo, o Dúo Roxolana, a parella de músicos ucraínos que nos visitaron o venres, sorprendéronnos cunha marabillosa voz e delicada interpretación. 
Traballan por toda España amosando un variado e coidado repertorio. E tanto tocan na rúa coma nunha voda ou nunha festa.
Omelyan foi músico na Orquestra Sinfónica de Ucraína. No seu país estudou contrabaixo, violín e teoría e composición e, xa aquí en Galicia, traballou en varias orquestras. Agora encárgase de facer os arranxos dos temas que Diana interpreta con auténtica mestría.
Diana traballou na televisión de Ucraína e agora interpreta temas coma o Ave María de Schubert, o tema central da película Titanic, de Celine Dion ou a marabillosa Over de Rainbow.
Charlas
OBRADOIRO DE CARTEIRAS E LIBROS DE ARTISTAS para o alumnado de 2º de ESO
carteiras María José e Nacho, profesores de Debuxo do instituto, simultanearon estes dous obradoiros para o alumnado de 2º de ESO. O resultado foi un éxito. Moi pronto poderemos ver expostos os traballos que se fixeron.
Charlas
CHARLA SOBRE O CICLO SUPERIOR DE ELECTRÓNICA para o alumnado de 2º de Bacharelato
monte neme O venres achegáronse ata o centro tres profesores do instituto Monte Neme para informar aos alumnos e alumnas de 2º de Bacharelato sobre este ciclo, no que eles imparten aulas. Trouxeron cuantioso material realizado polo seu alumnado, o que fixo disfrutar aos alumnos e alumnas de tecnoloxía.

SEMANA CULTURAL

Semana Cultural
 doce semana cultural
Do 10 ao 13 de Abril, celebramos a XII Semana Cultural, aberta a toda a comunidade educativa do Instituto de Ponteceso.
HORARIO DE ACTIVIDADES POR CURSO E GRUPO


Música
VÍDEO DO CONCERTO DE XABIER DÍAZ E GUILLERME FERNÁNDEZ
.
Este martes tivemos o concerto de Xabier Díaz e Guillerme Fernández na biblioteca do IES. Houbo interpretacións e tamén charla. Un pracer compartir momentos con estes grandes músicos do noso país. Aquí deixamos unha mostra de como foi o concerto.



Charlas
MARTES 10: ÁNXEL CARRACEDO
PARA 1º e 2º de BAC .
ánxel carracedoÁnxel Carracedo Álvarez é probablemente o científico galego de maior proxección internacional. Nacido en Santa Comba, e galardoado recentemente con importantes premios e distincións, é licenciado en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela (1978) e doutor en Medicina pola mesma institución (1982), en ambos casos con premio extraordinario. O recoñecido xenetista que dirixe o Instituto de Medicina Legal da Universidade de Santiago de Compostela dende 1994 así como a Fundación Pública Galega de Medicina xenómica, comparte a súa labor docente coa de investigación e lidera un grupo que traballa na xenética aplicada á resolución de problemas xudiciais.

Charlas
XOVES 12: ISABEL RISCO
PARA 2º de BAC.
isabel riscoA actriz Coruñesa Isabel Risco, comezou a súa carreira no teatro universitario a finais dos anos noventa e afianzou a súa vea dramática con estudos de Pedagoxía teatral.
Esta polifacética muller traballou como presentadora de galas, contadora de contos, pero realmente é coñecida pola súa labor na televisión, xa que na década do 2000, tras o seu debut en “O rei da comedia”, desenvolveu unha intensa actividade na canle autonómica.
Ademais de participar en “O show dos tonechos”, “Air Galicia”, “Padre Casares”, “Tourilandia” entre outros moitos, nos últimos anos os seus compromisos levárona a percorrer Galicia poñendo en escea novas apostas con outros humoristas, como o espectáculo de monólogos “Star Tres” no que o seu máximo obxectivo é conseguir que o público se divirta.

Charlas
VENRES 13: IMPLICADAS NO DESENVOLVEMENTO
PARA 3º ESO, 1º e 2º de BAC.
implicadasImplicadas no Desenvolvemento é unha ONG galega que leva máis de dez anos cambiando o mundo dende Galicia. Traballa a prol da erradicación da pobreza en comunidades máis afectadas por ela, e máis en concreto, no grupo das mulleres, a través da eliminación das estructuras de opresión Norte-Sur e de xénero e a contribución a unha vida digna para todas as persoas nun exercicio de corresponsabilidade entre Galicia e as sociedades civís do Sur.
Implicadas entende a cooperación ao desenvolvemento como un intercambio coas comunidades coas que traballa, que enriquece ás dúas partes e que pretende, desde a igualdade e o entendemento, acadar un cambio a nivel global nos ámbitos de xénero, a sanidade, a educación, os dereitos humanos, a economía e todos os factores que compoñen o desenvolvemento humano perdurable. Implicadas busca promover a participación da cidadanía do Sur (ata o momento na India e en Etiopía) e en particular das mulleres a través das súas organizacións propias na toma de decisións sobre a súa vida a nivel local e mundial. Ademais, Implicadas promove intercambios de activistas e artistas dos países do Sur.
É unha organización baseada no voluntariado, polo que conta cunha única persoa contratada en Galicia.

Concertos
MARTES 10: CONCERTO DE XABIER DÍAZ E GUILLERME FERNÁNDEZ
PARA 3º ESO, 1º e 2º de BAC.
xabier diaz e guillermeXavier Díaz é a voz titular de Berrogüetto, ademais de compositor e produtor. O seu primeiro traballo “Músicas de Salitre”, foi gravado conxuntamente co guitarrista Guillermo Fernández en Compostela no ano 2004 e contou ademais con outros músicos como Xosé Lois Romero (Acordeón e Pandereta), Paco Dicenta (Baixo) e Carmen Rey (Voz).>br> Xavier Díaz foi mestre e director na Escola de Música e Danza do Concello de Ames entre o 1993 e o 1999. Define o seu traballo con Guillermo Fernández como “unha guitarra do sur, unha voz nordestina, cloro e sodio…química do Salitre”.
Guillermo Fernández é membro integrante da formación galega de música folk Berrogüetto, coa que ten realizado numerosas xiras por Galicia, Portugal e polo resto do mundo: Alemaña, Austria, Arxentina, Reino Unido, Dinamarca, Italia, Francia, Bélxica, Suiza, España...
Este martes 10 de Abril terémolos no Instituto.

Concertos
VENRES 13: CONCERTO DÚO ROXOLANA
PARA 4º ESO, PCPI e 1º de BAC.
diana gusakDÚO ROXOLANA. Diana Gusak e Omelyan Grabets son unha parella de músicos ucraínos.
Traballan por toda España amosando un variado e coidado repertorio. E tanto tocan na rúa coma nunha voda ou nunha festa.
Omelyan foi músico na Orquestra Sinfónica de Ucraína. No seu país estudou contrabaixo, violín e teoría e composición e, xa aquí en Galicia, traballou en varias orquestras. Agora encárgase de facer os arranxos dos temas que Diana interpreta con auténtica mestría.
Diana traballou na televisión de Ucraína e agora interpreta temas coma o Ave María de Schubert, o tema central da película Titanic, de Celine Dion ou a marabillosa Over de Rainbow. 

Horarios
HORARIOS POR GRUPOS DA SEMANA CULTURAL EN PDF
Premendo no enlace ou na imaxe poder ver os horarios por clases da semana cultural. En vermello as actividades.
HORARIOS DA SEMANA CULTURALhorarios semana cultural

Charlas
MÉRCORES 11: CHARLA DE María Arochena
PARA 3º e 4º de ESO e 1º de BAC
maría arochenaMaria Arochena Romero é socia fundadora de Perro Verde Films, produtora de Arrugas, unha longametraxe de animación 2D baseada nun cómic do mesmo título creado por Paco Roca (Premio Nacional do Cómic 2008) e que vén de ser galardoada con dous premios Goya, ao Mellor guión adaptado e á Mellor película de animación.
Perro Verde Films é unha empresa de produción española que, localizada en Galicia, desenvolve e produce obras audiovisuais para o mercado internacional. Dirixida por Manuel Cristóbal e creada no 2007 produciu catro longametraxes e a aplicación interactiva Contoplanet. En 2007 estreou Gritos en el pasillo (Juanjo Ramirez Mascaró, 2007) en coprodución con Producciones Bajo la Lluvia, converténdose na primeira estrea day & date realizado en España e Premio FICOD do Ministerio de Industria pola súa estratexia de marketing e distribución dixital.
Dende o 2009 estreou títulos como a comedia Los muertos van deprisa, en colaboración con Disney, o drama La noche que dejó de llover en coprodución con Iroko Films e a longametraxe de animación 3D El Lince Perdido (Manuel Sicilia, Raúl García, 2008) en coprodución con Kandor Moon, gañadora tamén dun Goya así como premiada como mellor película en Animadrid.

Charlas
VENRES 13: CHARLA DE LUÍS REI NÚÑEZ
PARA 2º de BAC
luis reiLuís Rei Núñez (A Coruña, 1958), xornalista de profesión, pertence á promoción que a comezos dos anos 80 tomou o relevo dos grandes escritores das letras galegas desaparecidos entón, como Rafael Dieste, a quen adicou unha biografía en 1987, A travesía dun século. Ao longo da súa traxectoria cultivou o ensaio no seu volume Poetas Andantes navegantes (1995), a poesía en A rolda invisible (1998) e Alma mareira (2003) e a narrativa, que inclúe os títulos Expediente Artieda (Premio Xerais de novela, 2000), A estrela dos polisóns (2003), Toda a vida (2005), O señor Lugrís e a negra sombra (2007, Premio da Crítica Española e Premio da Federación de Libreiros de Galicia ao mellor libro do ano), Monte Louro (2009, Premio Blanco Amor de novela longa e Premio Fervenzas Literarias á mellor novela do ano) e Cita en Fisterra (2011).

Charlas
XOVES 12: CHARLA DO LAMA VEN. GUESHE TENZIN TAMDING
PARA 1º de BAC e CICLOS.
lamaVen. Gueshe Tenzin Tamding naceu en Dagyab (Kham) no 1.966. Ós 10 anos iniciou os seus estudos no colexio de Ganden Shartse Norling. Nesta universidade de Ganden, na India, estudou durante 17 anos, e obtivo o título de Gueshe Larampa (doutor en Filosofia Budista), sendo un dos mellores Gueshes da nova xeración.
Completou todos os cursos das cinco áreas maiores do coñecemento budista como a Perfección da Sabiduría, Madhyamika, Lóxica, Metafísica e Disciplina Monástica con distinción, acadando a mais alta honra académica permitida na Escola Guelupa.
Despois de graduarse na Universidade Budista, S.S. o IX Dalai Lama enviouno a difundir o puro e auténtico Budadharma ás universidades monásticas, institucións e centros budistas de todo o mundo.
O mestre Tibetano Ven. Gueshe Tenzing Tamding é o presidente da Fundación Chop Tsup Tsang e director espiritual de 16 centros budistas en España e tamén en Xapón, Estados Unidos, Singapur e Taiwan.

Charlas
MARTES 10: EMERXENCIAS 112 GALICIA
PARA CICLOS e PCPI.
emerxencias 112É un servizo público da Xunta de Galicia xestionado pola “Axencia galega de emerxencias” adscrita á Consellería de Presidencia.
Este servizo trata de ser a asistencia máis inmediata posible ás demandas dos cidadáns de todo o país que se atopen nunha situación de risco persoal ou colectivo.
Atende calquera urxencia e emerxencia en materia sanitaria, extinción de incendios e salvamento, seguridade cidadá e protección civil e coordina as actuacións de todos os organismos que interveñen na resolución das mesmas.
O “112” é unha liña telefónica gratuita, dispoñible as 24 h do día e os 365 do ano.

Charlas
MÉRCORES 11: CHARLA DE MARÍA JOSÉ M. SANTÉ SOBRE NUTRICIÓN
PARA 1º de BAC.
mjose santéMaría José M. Santé é Doutora en Bioloxía pola Universidade da Coruña, Master en Medicina Natural pola Universidade de Santiago e actualmente traballa como profesora de Bioloxía no IES Parga Pondal de Carballo, onde, preocupada polos hábitos de vida dos seus alumnos, se encarga da edición da revista e do blog “Rotativa Saudable” Tamén publica con asiduidade artigos no seu blog “Naturopatía en casa”

marzo 2012


Actividades
CONVOCAMOS O II MARATHÓN CULTURAL
Por segundo ano consecutivo a Biblioteca, coa colaboración dos diversos Departamentos Didácticos, organiza o II Maratón Cultural, no que calquera grupo de alumnos do instituto pode demostrar as súas destrezas na busca de información tanto en internet como na propia biblio.
O concurso dará comezo xusto despois da Semana Cultural : o 16 de abril e como o ano pasado hai suculentos premios para os tres primeiros grupos gañadores.
APUNTÁDEVOS NA BIBLIOTECA  XA!!!!!!!!
Aquí tedes as bases:





Conmemoracións
CONMEMORACIÓN DO 8 DE MARZO, DÍA DA MULLER NO IES PONTECESO.


As profesoras do IES de Ponteceso transfórmanse neste día en mulleres que loitaron polos seus dereitos nun mundo masculino, sufrindo a falta de voz e proxección polo simple feito de ser muller.


Inglés
XORNADA DE TEATRO EN INGLÉS
O pasado luns asistimos un ano máis a unha representación teatral realizada por un grupo británico “CLEVER PANTS” que nos ofreceu unha simpática historia “Three in One” baseada en tres xéneros clásicos: unha traxedia do século XVII, un melodrama do século XIX e unha aventura do século XX . “A drama, a romance and a thriller with a large dose of humour”
Aquí tedes a reportaxe fotográfica:

Linguas estranxeiras
CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA REALIZAR ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS
A consellería abre o prazo para a convocatoria de axudas para a realización de actividades de formación en linguas 
estranxeiras no ano 2012, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos.
O prazo de presentación de solicitudes comeza o día 6 de marzo e remata o día 7 de abril.
A Consellería convoca 2495 prazas para todos os cursos da ESO e de Bacharelato. A información sobre este programa, así como a aplicación "en liña" que se refire na convocatoria, atoparase na páxina web http://www.edu.xunta.es/axudasle. 

Xúntase instrucións para solicitar estas axudas.
Excursións
VISITA AO PARQUE EÓLICO EXPERIMENTAL SOTAVENTO
sotaventoO alumnado de 3º de ESO e algún alumno do ciclo e PCPI de automoción, visitaron o día 7 o parque experimental Sotavento en Xermade. Un guía explicoulles o funcionamento da tecnoloxía sobre enerxías renovables que están experimentando neste parque, viron en funcionamento un coche electrico e unha casa domótica.
Biblioteca
RECOÑECEMENTO ESTATAL PARA O BO FACER NA BIBLIOTECA
Sello de Buena Práctica leer.es
O Centro Virtual Leer.es do Ministerio de Educación vén de concedernos o selo “Buena Práctica Leer.es” deste mes polo noso Itinerario Lector de Centro, elaborado pola biblioteca e difundido no noso blog.
O instituto é xunto a un centro de Burgos e outro de Alxeciras os recoñecidos neste mes de marzo.
Dende o equipo que traballa na biblioteca aproveitamos para dar as grazas a todo o centro polo voso apoio e animarvos a seguir traballando a prol dun proxecto común de boas prácticas de lectura.