Lista Provisional de Admitidos para o Curso 2014-2015 no Ies Pontepedriña

Premendo aquí accedese a lista provisional de admitidos no IES Pontepedriña para o curso 2014-2015 

Benvida

Benvido/a ao sitio web do IES Pontepedriña, de Santiago de Compostela. Emprega os menús laterais para informarte sobre o noso centro e as ensinanzas que nel se imparten, ou para acceder aos documentos que son de interese para os membros da nosa comunidade educativa e relacionados co funcionamento xeral do centro. Se o que buscas son contidos de tipo didáctico entón accede á nosa aula virtual. Se desexas poñerte en contacto con nós, podes empregar calquera das vías que atoparás nesta ligazón.

Intercambio de Libros

A Biblioteca do centro organiza un intercambio de libros durante este mes de abril. Todos aqueles libros que se teñan na casa, e que se queiran cambiar, podense deixar na mesa que esta no vestíbulo do centro. Aí están outros libros que se poden levar libremente.

Na imaxe está a mesa do intercambio. Animadevos a participar!!!

Exposición: Mulleres con Valor

No vestíbulo do centro está a exposición "Mulleres con Valor"

(da Biblioteca do IES Xan Montes)organizada pola

biblioteca do centro.

Nela pódese ver billetes de diferentes paises que teñen como

personaxe homenaxeada é unha muller.

Programa Leonardo Davinci

O Ciclo de Comercio e Marketing do Ies Pontepedriña participa no programa Leonardo Davinci de movilidade transnacional, e durante o mes de febreiro tutelou as prácitcas de tres alumnas do Lycée LOUIS GUILLOUX de Rennes (Francia). Nas imaxes aparecen as tres alumnas, o día da visita ao centro acompañadas por Emilio Otero (director do centro) e Pedro García (titor do programa). Para máis información aquí e en francés aquí


Concurso Odisea


Participantes Concurso Odisea

Conexión Mundo Clásico. Por Gloria Rodríguez

Os pasados días 3, 4, 5 e 6 de febreiro, o noso alumnado de Cultura Clásica, Latín e Grego participou no concurso online “Odisea”, unha experiencia que vimos repetindo hai varios anos.

 Os nosos valentes viaxeiros a través do mundo clásico buscaron resposta aos acertixos
plantexados, competindo con xentes de Valencia, Aragón, Cataluña, Valladolid e Galicia (case 3.000 participantes); 


Disfrutando do camiño

Ademais de acadar moitos puntos, demostraron a súa valía e que, como decía Kavafis, non é tan importante chegar coma disfrutar do camiño. ¡Noraboa a todos!


Para ver as fotos en grande premede sobre elas

Entroido IES Pontepedriña

O venres 28  de febreiro vaise celebrar a festa de entroido con diversas e variopintas actuacións, karaoke e por suposto o gran concurso de disfraces.
A festa empeza as 10:45 (nas dúas primeiras horas haberá clase) e acaba as 13:00 horas. A  decoración do instituto é do ciclo de animación socio-cultural, que tamén participa na organización.

Debate Parlamento Xove

O equipo do IES Pontepedriña que foi o concurso de debate do Parlamento Xove 2014, gañou os tres debates nos que participou. O equipo está formado por Ramón Daniel Regueiro Espiño, Patricia Lagoa Pego, Adela Cebeiro Munín, Mar Álvarez Rama, coa colaboración de Nicolas Conseil Santiago,  preparados e acompañados por Mariló Lagarón.

Para máis información premede aquíaquí e aquí

 

Para ver máis grande premede nas fotos


IX Olimpiada de Bioloxía-Fase Galega

 

http://www.olimpiadadebiologia.edu.es/sitio/img/img-logo.jpg O venres 17 de xaneiro celebrouse a IX Olimpiada Galega de Bioloxía. Para saber máis da participación do IES Pontepedriña premede aquí

Carteis de poemas de Neruda por alumnos de 4º da ESO

Distribuir contido