ALUMNADO FP DUAL

Todo o alumnado que sexa admitido nas listas que se publicarán o día 05 de xullo de 2021 teñen que participar no proceso de selección.

Os candidatos/as deberán asistir obrigatoriamente a unha reunión informativa e posteriormente participar nas entrevistas das empresas nas que estan interesados.

As reunións terán lugar no Salón de Actos do IES A Pontepedriña nas seguintes datas:

IV Concurso de Booktrailers IES A Pontepedriña

 Reunido o xurado da IV edición do Concurso de Booktrairlers decidiuse por unanimidade conceder os seguintes premios:

 

Categoría de 12 a 15 anos.

  • 1º Premio: Tiago Vence Nieto do IES Castro Alobre (Vilagarcía de Arousa) por " As viaxes fantásticas de Jules Verne".
  • 2º Premio: Tamara Fernández e Nerea Vázquez do IES A Pontepedriña ( Santiago de Compostela) por " O pazo baleiro".

 

Categoría de 16 a 18 anos.

  • 1º Premio: Alejandra Neiro Dopico do IES A Pontepedriña (Santiago de Compostela) por " O derradeiro viaxe de Enma Olsen".
  • 2º Premio: Nayara Campo do IES San Rosendo (Mondoñedo), por " Cabalos e Lobos".

INFORMACIÓN SOBRE O PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN CICLOS FORMATIVOS

RÉXIME ORDINARIO E RÉXIME DE PERSOAS ADULTAS.

  • O día 25 de xuño ábrese o período de presentación de solicitudes para o procedemento de admisión en ciclos no réxime ordinario e no réxime de persoas adultas. Remata este prazo o día 05 de xullo ás 13:00 horas.

  • Fechado o prazo de solicitude, publicaranse na páxina da Consellería de Cultura. Educación e Universidade ( https://www.edu.xunta.es/fp/) tanto as lixtaxes provisionais como as definitivas , comenzando o día 20 de xuño o proceso de matrícula coa 1ª adxudicación. Para ver o CALENDARIO DO PROCESO, prema aquí.

  • Para os ciclos en réxime ordinario requírese un número mínimo de doce solicitudes de matrícula admitidas de primeira opción por cada centro educativo nas cidades da Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela e Vigo, e de oito solicitudes en cada centro do resto de Galicia, para cada un dos ciclos formativos de grao profesional básico, grao medio e grao superior, no prazo ordinario de presentación de solicitudes. Un número menor de solicitudes require a autorización expresa da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional para pór en funcionamento esta ensinanza, e mentres que non se dispoña desta autorización, non se poderá formalizar ningunha matrícula ( ORDE do 24 de maio de 2021 pola que se actualiza a oferta de formación profesional do sistema educativo, polo réxime ordinario, en centros públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso académico 2021/22) .

  • Para os ciclos en réxime de adultos, na modalidade semipresencial e a distancia a autorización quedará condicionada a que exista un número mínimo de vinte solicitudes de matrícula no módulo correspondente. Un número menor de solicitudes require a autorización expresa da Secretaria xeral de Educación e Formación Profesional para pór en funcionamento esta ensinanza, e mentres que non se dispoña desta autorización, non se poderá formalizar matrícula ningunha. ( ORDE do 24 de maio de 2021 pola que se actualiza a oferta de formación profesional do sistema educativo, polo réxime de persoas adultas, en centros públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso académico 2021/22 ).

  • No caso de ciclos de grao profesional básico (FPB), para constituír un grupo do primeiro curso do ciclo formativo contabilizarase o alumnado de 15, 16 e 17 anos feitos no ano de inicio do ciclo formativo.

  • No caso do alumnado que teña pendente de superación unicamente o módulo de formación en centros de traballo (FCT) e, se é o caso, o módulo de proxecto, entenderase a presentación da solicitude como formalización de matrícula, para os efectos de tramitación dos correspondentes convenios para o desenvolvemento do devandito módulo.

  • O alumnado que se matricule en 2º curso de Ciclos Formativos utilizará o Anexo I para formalizar a súa matrícula. Para obter o Anexo I, prema aquí.

  • O alumnado que se matricule para realización da Formación en Centros de Traballo (FCT) e/ou módulo de Proxecto, utilizará o Anexo II. Para obter este Anexo, prema aquí.

  • Toda a información relativa ao proceso de Admisión atópase na Consellería de Cultura, Educación e Universidade :https://www.edu.xunta.es/fp/

CALENDARIO DE MATRÍCULA PARA O CURSO 2021-22

EDUCACIÓN SECUNDARIA E BACHARELATO.

O alumnado con todas as materias superadas na convocatoria ordinaria de xuño e de nova incorporación matricularase nas seguintes datas:

  • 28 e 29 de xuño: 1º e 2º de E.S.O.
  • 30 de xuño e 01 de xullo: 3º e 4º de ESO.
  • 02 de xullo e 5 de xullo: 1º e 2º de Bacharelato.

O alumnado que teña materias pendentes na convocatoria ordinaria de xuño matricularase despois de facer as probas extraordinarias de setembro. Publicarase calendario.

ALUMNADO DE CICLOS FORMATIVOS E FORMACIÓN PROFESIONAL BÁSICA.

  • O alumnado que se matricula para 1º de Ciclos formativos debe esperar o calendario que publicará Formación Profesional (procedemento de admisión)
  • Alumnado que se matricula para 2º de Ciclos formativos: Entre o día 30 de xuño e 5 de xullo.
  • Alumnado que se matricula para FPB: o prazo abrirase despois das probas extraordinarias de setembro. Publicarase calendario.

CALENDARIO FINAL DE CURSO 2020-21

 

CALENDARIO DO MES DE XUÑO EN ESO E 1º BACHARELATO

 

22 xuño: Último día de clase en 1º Bacharelato e ESO.

22 e 23 de xuño: AVALIACIÓN FINAL ESO, 1º BACHARELATO.

24 de xuño: Entrega de cualificacións en ESO e Bacharelato ( publicarase calendario).  O alumnado de ESO devolverá os libros en préstamo. Publicarase un calendario específico.

25 e 28 de xuño:  Revisións de exames e reclamacións (ata as 14 horas do día 29 de xuño).

29 de xuño: Resolución das reclamacións por parte dos departamentos.

30 de xuño: Entrega aos interesados das resolucións das reclamacións.

 

CALENDARIO DO MES DE XUÑO EN 2º BACHARELATO (Convocatoria extraordinaria)

 

16 ao 22 de xuño: Probas finais da convocatoria extraordinaria ( publicarase calendario)

23 de xuño: Avaliación Extraordinaria de 2º de Bacharelato

24 e 25 de xuño: Revisión de exames e reclamacións de 2º de bacharelato.

28 de xuño Resolución das reclamacións de 2º de bacharelato por parte dos departamentos.

29 de xuño: Recollida da resolución dos departamentos.

29 de xuño:  Presentación de reclamacións ás cualificacións de bacharelato ante a Comisión de Supervisión da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

 

CALENDARIO DO MES DE XUÑO CICLOS FORMATIVOS

 

1º Ciclos Formativos.

4 de xuño: 3ª avaliación

Do 07 ao 11 de xuño: actividades de recuperación

14 ao 18 de xuño: Exames finais

22 de xuño: Último día de clase.

23 de xuño: Avaliacións finais

24 de xuño: Entrega de cualificacións.

25 e 28 de xuño: presentación de reclamacións na secretaría do centro ( ata as 14 horas do día 29).

29 de xuño: resolución de reclamación.

30 de xuño: Entrega aos interesados das resolucións das reclamacións.

 

2º Ciclos Formativos.

 

22 de xuño: Último día de clase.

23 de xuño: Avaliacións finais

24 de xuño: Entrega de cualificacións.

25 e 28  de xuño: presentación de reclamacións na secretaría do centro ( ata as 14 horas do día 29).

29 de xuño: resolución de reclamación.

30 de xuño: Entrega aos interesados das resolucións das reclamacións.

 

CALENDARIO DO MES DE XUÑO F. PROFESIONAL BÁSICA.

 

22 xuño: Último día de clase en 1º e 2º de FPB

23 de xuño: Avaliacións de 1º e 2º FPB:

24 de xuño: Entrega de cualificacións.  O alumnado devolverá os libros en préstamo.

25 e 28 de xuño:  Revisións de exames e reclamacións (ata as 14 horas do día 29 de xuño).

29 de xuño: Resolución das reclamacións por parte dos departamentos.

30 de xuño: Entrega aos interesados das resolucións das reclamacións.

CALENDARIO DE EXAMES AVALIACIÓN EXTRAORDINARIA DE 2º DE BACHARELATO

O/as alumnos/as de 2º de bacharelato con materias pendentes examinaranse entre o día 16 de xuño e o 22 de xuño.

Para ver o calendario dun xeito detallado, prema aquí.

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR. CURSO 2021-22

A Orde do 06 de maio de 2021 (DOG do 20 de maio de 2021) regula o procedemento para solicitar os LIBROS DO FONDO SOLIDARIO E AS AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR para o alumnado de Educación Secundaria Obrigatoria.

1. O prazo de presentación de solicitudes abranguerá desde o 22/05/2021 ata o 22/06/2021, ambos os dous inclusive.

2. O alumnado que repita 4º de ESO e aquel que non teña praza en FPB no curso 2021/22 e formalice a matrícula no curso da ESO que lle corresponda  poderán presentala no prazo dun (1) mes desde a formalización da matrícula.

3. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (anexo I) dispoñible na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal

4. Para a presentación de solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e Chave365 ( https://sede.xunta.gal/chave365).

5. Opcionalmente poderanse presentar no IES ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

6. O alumnado que ven para 1º de ESO debe presentar a solicitude polo procedemento electrónico ou na Secretaría do IES A Pontepedriña.

7. A solicitude será única para todos os fillos e, de ser o caso, tutelados que estean admitidos no mesmo centro docente para o curso 2021/22; nela especificarase o nivel de estudos que espera realizar cada un deles no citado curso. Se estivesen admitidos en centros docentes distintos, presentarase unha solicitude en cada un dos centros.

8. O anexo I que debe presentarse está dispoñible: no portal educativo (http://www.edu.xunta.gal), na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal ), ou na Secretaría do IES.

9. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automáticamente os datos, agás que alguén se opoña a esta consulta. Neste caso deberán indicalo no recadro correspondente e presentar os seguintes documentos: DNI ou NIE da persoa solicitante e do resto dos membros computables da unidade familiar, Declaración do IRPF ou na súa falta Certificado tributario de imputacións no exercicio 2019. Se notifica discapacidade, Certificado de grao de discapacidade recoñecido pola Xunta de Galicia, referenciado a 31 de decembro de 2019.

10. Documentación complementaria que debe presentarse xunto co Anexo I:

 1. Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar) .
 2. Copia do libro de familia onde figuren todos os membros computables a 31 de decembro de 2019. 
 3. Sentenza xudicial de separación ou divorcio ou, de ser o caso, convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor. 
 4. Certificado de Convivencia, no caso de que o pai e a nai ou titor /es carezan de DNI e NIE
 5. Certificado do grao de discapacidade do alumno/a ou calquera membro da familia.
 6. Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar. 
 7. Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada. 
 8. Alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia: copia da resolución administrativa ou xudicial. 

11. En todo caso, os documentos deberán ser válidos e eficaces no momento da súa presentación, e reflectir a situación persoal, familiar e económica en 31 de decembro de 2019, agás no caso de violencia de xénero, en que se aplicará o disposto na lexislación específica.

12. O centro publicará as listaxes provisionais o 09 de xullo de 2021. Contra esta resolución poderán presentar reclamación nos 2 días seguintes a esta publicación. As listaxes definitivas publicaránse o 15 de setembro de 2021.

AXUDA MATERIAL ESCOLAR

Tramitaranse na mesma instancia que a solicitude de libros. Ten os mesmos prazos e serve a mesma documentación.

Para mais información prema aquí.

MULLER E POESÍA NAS LETRAS GALEGA

Se queredes ver os fermosos traballos feitos polo noso alumnado para ilustrar os poemas de Xela Arias só tedes que premer na imaxe da portada.

IV Concurso de Booktrailers do IES A Pontepedriña

 

O ENDL do IES A Pontepedriña convoca o IV Concurso de Booktrailers, un certame de videos que ten como obxectivo promover a lectura de libros en galego e a creatividade audiovisual do alumnado.

Poderán concursar mozos e mozas de entre 12 e 18 anos de centros educativos sostidos con fondos públicos de toda Galicia.

Podes ler as bases deste IV Concurso no seguinte enlace (PDF).

Os traballos en soporte dixital (en calquera formato) enviaranse por correo electrónico ao enderezo de normalización lingüística do centro: endlpontepedrina@gmail.com

O prazo para concursar é dende o 23 de abril ata o 17 de maio.

Animádevos a participar As dúbidas pódense consultar enviando un correo a endlpontepedrina@gmail.com

Distribuir contido