Infraestruturas

Percorrido polo centro

Vista panorámica do centro

A continuación podes facer un percorrido visual polo noso centro, e así coñecer as nosas instalacións. De feito, xa estás vendo, enriba destas liñas, o exterior que se pode apreciar ao chegar pola entrada principal, na Rúa Amor Ruibal.

Antes de entrar, xa que estamos fóra, imos visitar as dúas pistas de deportes. A primeira, que tamén aparece na foto anterior, podes vela algo mellor aquí:

A segunda pista de deportes é estoutra:

Ao entrar temos un amplo hall, con tres protagonistas. Un, que tamén está presente no resto do centro, é a luz

Outro é o enorme e fermoso cadro feito por Xosé Luis de Dios:

O terceiro protagonista son as escaleiras que dan acceso ás plantas superiores, e que nos teñen servido de platea en diversos actos multitudinarios celebrados no centro:

No percorrido polas aulas comezaremos polas de informática, pois unha das apostas máis firmes que estamos a facer no noso afán de acadar un ensino de calidade é a utilización cotiá das novas tecnoloxías nas actividades educativas.

Temos as tres aulas que podes ver nestas imaxes:

Ademais, temos seis aulas dotadas con encerados dixitais interactivos, sen contar as cinco aulas do proxecto Abalar:

Outras aulas específicas do noso centro son o laboratorio de idiomas:

a aula de música:

os talleres de plástica (temos dous):

o taller de tecnoloxía:

o laboratorio de química:

[]

o laboratorio de física:

e o laboratorio de bioloxía e xeoloxía:

Outras dependencias que tamén vos amosamos con orgullo son a nosa biblioteca:

a sala de usos múltiples:

ou a aula de audiovisuais:

[]

E esta é unha aula ordinaria calquera

Nesta imaxe vedes a sala de profesorado

E nestoutra a nosa cafetería. Non é moi grande, pero nos recreos ten moito ambiente (e uns bocatas grandes e deliciosos):

De todos os xeitos, ademais de que nos quedaron uns cantos espazos sen amosar, ningunha destas imaxes reflicte o que para nós é o máis valioso do noso instituto: a calor das relacións entre a xente que vimos todos os días. Porén, se queres coñecela só tes unha forma: vén a visitarnos. Estaremos encantados de recibirte.

Plano do centro

Premendo nas imaxes pódese descargar unha versión con maior resolución.

Plantas baixa e primeira:

Plantas segunda e terceira:

Distribuir contido