Impresos e procesos administrativos, Matrícula e reserva de praza, Outras solicitudes, Reclamacións ás cualificacións

Matrícula ordinaria de ESO e bacharelato para o curso 2014-2015

O prazo de matrícula ordinaria de ESO e bacharelato é do 25 de xuño ao 10 de xullo, con horario de 10 a 14 h.

 

Actualizado: 30 de xuño de 2014

CALENDARIO E HORARIOS DAS PROBAS EXTRAORDINARIAS DE SETEMBRO. CURSO 2020-21

CALENDARIO E HORARIOS DAS PROBAS EXTRAORDINARIAS DE SETEMBRO. CURSO 2020-21.

O IES A Pontepedriña publica o calendario e horarios das probas Extraordinarias de setembro. Estas probas desenvolveranse  os días 01 e 02 de setembro de 2021 para o alumnado de Educación Secundaria, Bacharelato, 1º de Formación Profesional Básica e Ciclo Medio de Comercialización de produtos alimentarios e Ciclo Superior de Xestión e vendas, ambos na modalidade DUAL.

- Calendario probas extraordinarias de setembro de Educación Secundaria Obrigatoria.
- Calendario probas extraordinarias de setembro de Bacharelato.
- Calendario probas extraordinarias de setembro de 1º de F.P.B.
- Calendario probas extraordinarias de setembro Ciclos Formativos da modalidade de DUAL.

Reclamación para Formación Profesional

A Orde do 12 de xullo de 2011 pola que se regulan o desenvolvemento, a avaliación e a acreditación académica do alumnado das ensinanzas de formación profesional inicial (DOIG do 15 de xullo de 2011), no seu artigo 45 regula o procedemento sobre Reclamación sobre a avaliación

Artigo 45. Reclamación contra as cualificacións.

1. Conforme o establecido no artigo 13.4.º do Real decreto 732/1995, do 5 de maio, polo que se establecen os dereitos e os deberes do alumnado e as normas de convivencia nos centros, os alumnos e as alumnas, no caso de seren maiores de idade, ou os seus pais e as súas nais, así como os seus titores e as súas titoras legais, no caso de non selo, poderán reclamar ante a dirección do centro as decisións e as cualificacións que se adopten como resultado dos procesos das avaliacións finais.

No caso de ciclos formativos de 2.000 horas de duración, o dereito de reclamación será extensivo a aquelas avaliacións parciais en que se propoña o acceso á realización do módulo de formación en centros de traballo en período ordinario, logo de finalizada a docencia dos módulos de formación no centro educativo.

As referidas reclamacións deberán basearse nalgún dos seguintes aspectos:

a) A avaliación que se levou a cabo como resultado do proceso de aprendizaxe do alumnado non foi adecuada aos resultados de aprendizaxe, os obxectivos específicos, os contidos, os criterios de avaliación e o nivel recollidos na correspondente programación.

b) Os procedementos e os instrumentos de avaliación aplicados foron inadecuados, conforme o sinalado na programación.

c) A aplicación dos criterios de cualificación establecidos na programación para a superación do módulo profesional non foi correcta.

2. O procedemento e os prazos para a presentación e a tramitación das reclamacións serán os seguintes:

a) A reclamación presentarase por escrito ante a dirección do centro, no prazo máximo de dous días lectivos contados desde o día seguinte a aquel en se produza a comunicación da cualificación final ou da decisión adoptada.

b) O director ou a directora do centro trasladará a reclamación ao departamento correspondente para que emita o oportuno informe sobre os aspectos sinalados no punto anterior, no cal deberá formularse proposta de ratificación ou rectificación na cualificación outorgada.

Logo de recibido o dito informe, o director ou a directora do centro emitirán resolución ao respecto. Este proceso estará rematado nun prazo máximo de cinco días naturais, incluída a comunicación ao alumnado, contados a partir do seguinte ao da presentación da reclamación.

c) Contra a resolución do director ou da directora do centro, a persoa solicitante poderá presentar recurso de alzada perante o xefe ou a xefa territorial no prazo máximo dun mes a partir da súa notificación; a dita resolución esgotará a vía administrativa. No caso de que o recurso se presente no centro, a dirección deste tramitarao xunto cunha copia da programación do módulo profesional correspondente, dos informes elaborados no centro e dos instrumentos de avaliación que xustifiquen a información recollida durante o proceso de avaliación do alumno ou a alumna e utilizada para obter a cualificación outorgada.

 

Enlace a normativa citada:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2011/20110715/AnuncioC3F1-120711-4341_es.html

 

Pódese descargar un modelo desa solicitude premendo nunha das seguintes ligazóns:

 

Procedemento de Reclamación para E.S.O e 1º de Bacharelato

 

A ORDE do 2 de marzo de 2021 pola que se regula o dereito do alumnado á obxectividade na avaliación e se establece o procedemento de reclamación das cualificacións obtidas e das decisións de promoción e obtención do título académico que corresponda, en educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato ( DOG do 11 de marzo de 2021) é a que regula este procedemento.

O máis importante do mesmo é o seguinte:

Artigo 3. Avaliación segundo criterios obxectivos.

1. Os centros deberán incorporar ao proxecto educativo a concreción dos currículos establecidos pola Administración educativa, que corresponde fixar e aprobar ao claustro, así como o tratamento transversal nas áreas, materias ou ámbitos da educación en valores e outras ensinanzas.

2. Co fin de garantir o dereito do alumnado a unha avaliación obxectiva e a que o seu rendemento sexa valorado e recoñecido con obxectividade, os centros deberán facer públicos os procedementos e os criterios xerais de avaliación, promoción e titulación que a comisión de coordinación pedagóxica e o equipo docente establezan, respectivamente, na proposta curricular e nas programacións didácticas.

Cada equipo docente ou departamento didácticos, ao comezo de cada do curso, informarán o alumnado e ás súas respectivas familias sobre os obxectivos, contidos, procedementos, instrumentos e criterios de avaliación e cualificación das diferentes áreas, materias ou ámbitos, incluídas as materias pendentes de cursos anteriores, e os procedementos de recuperación e de apoio previstos. Así mesmo, informarán dos criterios de promoción e titulación.

A dirección do centro responsabilizarase de que a información sobre a avaliación e os seus procesos sexa accesible e se lle dea publicidade de xeito manifesto para toda a comunidade educativa.

3. A persoa docente titora e o profesorado das distintas áreas, materias e ámbitos manterán unha comunicación fluída, no relativo ao proceso de aprendizaxe, co alumnado, as súas persoas proxenitoras ou persoa que desempeñe a representación legal. Ademais, os centros deberán establecer o procedemento mediante o cal o alumnado, as súas persoas proxenitoras ou persoa que desempeñe a representación legal poderán solicitar aclaracións ao profesorado e á persoa docente titora acerca das informacións que sobre o seu proceso de aprendizaxe reciban, e facilitarlles información sobre os procedementos de revisión de cualificacións e de decisións sobre a promoción e a titulación.

Artigo 4. Procedemento de revisión no centro.

1. O alumnado, as súas persoas proxenitoras ou persoa que desempeñe a representación legal poderán solicitar, de acordo co procedemento establecido nas normas de organización e funcionamento, ao profesorado e á persoa docente titora cantas aclaracións consideren precisas acerca das valoracións que se realicen sobre o seu proceso de aprendizaxe, así como sobre as cualificacións ou decisións que se adopten como resultado do devandito proceso. En todo caso, a reclamación formal abranguerá unicamente as cualificacións finais.

2. No caso de que persista o desacordo coa cualificación final obtida nunha área, materia ou ámbito, ou coa decisión de promoción ou titulación adoptada para un alumno ou alumna, este ou as súas persoas proxenitoras ou persoa que desempeñe a representación legal poderán solicitar por escrito a revisión da devandita cualificación ou decisión, no prazo de dous días lectivos, ou de ser o caso hábiles, contados a partir do día seguinte a aquel en que se produciu a súa comunicación.

3. A solicitude que teña por obxecto a revisión dunha cualificación, que conterá cantas alegacións xustifiquen a desconformidade coa cualificación final ou coa decisión adoptada, será tramitada a través da xefatura de estudos, quen a trasladará ao equipo docente ou ao departamento didáctico responsable da área, materia ou ámbito con cuxa cualificación se manifesta o desacordo, e comunicará tal circunstancia á persoa docente titora. Cando o obxecto da revisión sexa a decisión de promoción ou titulación, a solicitude trasladarase á persoa docente titora do alumno ou alumna, como responsable da coordinación da sesión final de avaliación en que a decisión foi adoptada.

4. No proceso de revisión da cualificación final obtida nunha área, materia ou ámbito, os membros do equipo docente ou do departamento didáctico contrastarán as actuacións seguidas no proceso de avaliación do alumno e alumna co establecido na programación didáctica, con especial referencia aos seguintes aspectos, que deberán recollerse no informe:

a) Adecuación dos contidos e criterios de avaliación sobre os que se levou a cabo a avaliación do proceso de aprendizaxe do alumno ou alumna cos recollidos na correspondente programación didáctica.

b) Adecuación dos procedementos e instrumentos de avaliación aplicados co sinalado na programación didáctica.

c) Correcta aplicación dos criterios de cualificación establecidos na programación didáctica para a superación da área, materia ou ámbito.

d) A decisión debidamente motivada da ratificación ou modificación da cualificación final obxecto de revisión.

O equipo docente ou o departamento didáctico correspondente trasladará o informe elaborado á xefatura de estudos, quen comunicará por escrito como máximo no día lectivo seguinte, ou se for o caso, hábil, ao alumnado, ás súas persoas proxenitoras ou persoa que desempeñe a representación legal, a decisión razoada de ratificación ou modificación da cualificación revisada e informará desta á persoa docente titora facéndolle entrega dunha copia do escrito cursado co xustificante de recepción pertinente.

5. Á vista do informe elaborado polo equipo docente ou departamento didáctico e en función dos criterios de promoción e titulación establecidos con carácter xeral no centro e aplicados ao alumno ou alumna, a xefatura de estudos e a persoa docente titora, como persoa coordinadora do proceso de avaliación, considerarán a pertinencia de reunir en sesión extraordinaria o equipo docente co fin de que este, en función dos novos datos achegados ou pola solicitude das persoas proxenitoras ou persoa que desempeñe a representación legal, se for o caso, valore a necesidade de revisar as decisións adoptadas.

6. Cando a solicitude de revisión teña por obxecto a decisión de promoción ou titulación adoptada para un alumno ou alumna, celebrarase unha reunión extraordinaria no prazo máximo de dous días lectivos, ou se for o caso hábiles, desde a finalización do período de solicitude de revisión. Na reunión revisarase o proceso de adopción da dita medida á vista das alegacións realizadas.

Na acta da sesión extraordinaria recollerase a descrición de feitos e actuacións previas que tivesen lugar, os puntos principais das deliberacións do equipo docente e a ratificación ou modificación da decisión obxecto da revisión, razoada e motivada conforme os criterios para a promoción ou titulación dos alumnos e alumnas establecidos con carácter xeral na proposta curricular.

A dirección do centro comunicará por escrito ao alumno ou alumna e ás súas persoas proxenitoras ou persoa que desempeñe a representación legal a ratificación ou modificación razoada da decisión de promoción ou titulación, o que porá fin ao procedemento de revisión.

8. As persoas interesadas no procedemento terán dereito a acceder e a obter copia dos documentos contidos no expediente, que se lle remitirán en formato dixital.

Artigo 5. Procedemento de reclamación ante as Xefaturas Territoriais.

1. No caso de que, tras o procedemento de revisión no centro, persista o desacordo coa cualificación final de curso obtida nunha área, materia ou ámbito ou coa decisión sobre a promoción ou titulación adoptada polo equipo docente, o alumnado, as súas persoas proxenitoras ou persoa que desempeñe a representación legal poderán presentar por escrito á dirección do centro docente, no prazo de dous días hábiles a partir do día seguinte á comunicación sobre a decisión adoptada, reclamación ante a xefatura territorial correspondente da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

2. A dirección do centro docente, no prazo máis breve posible e en todo caso non superior a tres días hábiles, remitirá o expediente á xefatura territorial. O devandito expediente incorporará os informes elaborados no centro, copia fiel dos instrumentos de avaliación que xustifiquen as informacións acerca do proceso de avaliación do alumno ou alumna, así como, se é o caso, as novas alegacións do reclamante e o informe, se procede, do director ou directora sobre estas.

3. O Servizo de Inspección Educativa analizará o expediente e as alegacións que nel se conteñan á vista da programación didáctica do equipo docente ou departamento didáctico respectivo e da proposta curricular, e emitirá o seu informe favorable ou desfavorable á estimación da reclamación en función dos seguintes criterios:

a) Adecuación dos contidos e criterios de avaliación sobre os que se levou a cabo a avaliación do proceso de aprendizaxe do alumno ou alumna cos recollidos na correspondente programación didáctica.

b) Adecuación dos procedementos e instrumentos de avaliación aplicados co sinalado na programación didáctica.

c) Correcta aplicación dos criterios de cualificación establecidos na programación didáctica para a superación da área, materia ou ámbito.

d) Cumprimento por parte do centro do disposto na presente orde.

4. O Servizo de Inspección Educativa poderá solicitar a colaboración de persoal docente especialista nas áreas, materias ou ámbitos a que faga referencia a reclamación para a elaboración do seu informe, así como solicitar aqueles documentos que considere pertinentes para a resolución do expediente.

5. No prazo de quince días hábiles a partir da recepción do expediente, considerando a proposta incluída no informe que elabore o Servizo de Inspección Educativa, a xefatura territorial adoptará a resolución pertinente, que será motivada en todo caso, e que se comunicará inmediatamente á dirección do centro para a súa aplicación e traslado á persoa interesada e que será consignada nos correspondentes documentos oficiais de avaliación.

A resolución da xefatura territorial poñerá fin á vía administrativa.

6. Cando, á vista da resolución adoptada pola xefatura territorial, poida ser necesario modificar algunha das decisións previas adoptadas, reunirase o equipo docente en sesión extraordinaria.

7. De conformidade co artigo 119.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o exercicio do dereito á revisión e reclamación de cualificacións non pode resolverse cunha cualificación menor da inicialmente obtida.

Enlace a toda a orde:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210311/AnuncioG0598-040321-0002_gl.html

 

Pódense descargar modelos de solicitude para reclamación de cualificacións e reclamacións a promoción e titulación nas seguintes ligazóns:

Solicitude de revisión de cualificacións                                   Solicitude de revisión de promoción e/ou titulación.

- En formato de OpenOffice (odt)                                                   - En formato de OpenOffice (odt)
- En formato pdf                                                                               -  En formato pdf.

 

2º de Bacharelato

PROCEDEMENTO DE RECLAMACIÓN AS CUALIFICACIÓNS DE 2º DE BACHARELATO. CURSO 2019-20

Publicación da Circular 2/2020 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se desenvolve a Orde do 22 de abril de 2010, pola que se establece o procedemento que cómpre seguir nas reclamacións das cualificacións outorgadas no segundo curso do Bacharelato establecido na Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación, para o curso 2019/2020.

Reclamacións no centro. Prazos

  • Convocatoria ordinaria: 10 e 11 de xuño de 2020 (ata as 14.00 horas)
  • Convocatoria extraordinaria: 3 e 4 de setembro de 2020 (ata as 14.00 horas).

Reclamacións ante a comisión de supervisión (Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa. Subdirección Xeral de Inspección, Avaliación e Calidade do Sistema Educativo). Prazos

1. Comunicación á comisión de supervisión

  • Convocatoria ordinaria: antes das 18.00 horas do 16 de xuño de 2020.
  • Convocatoria extraordinaria: antes das 18.00 horas do 7 de setembro de 2020

Para consultar a Circular e a Orde:

Procedemento para presentación das Reclamacións ás cualificacións de 2º de bacharelato.

VÍA TELEMÁTICA:

  • Enviaranse as reclamacións a través do correo electrónico do centro: ies.pontepedrina@edu.xunta.galDebe constar: nome do/a solicitante (pai/nai/titor legal), DNI, domicilio,  nome e apelidos do/a alumno/a, curso no que se atopa matrículado, materia sobre a que solicita reclamación e motivos da mesma.
  • A través da páxina web:  deben ir o apartado familias/contacto co profesorado.  Aquí cubrirán  todos os datos solicitados e na caixa de ”mensaxe para o profesor/a” escribir que as materias que se reclaman e os motivos da mesma.

ENTREGA PRESENCIAL NA SECRETARÍA DO IES A PONTEPEDRIÑA:

  • Utilizarán o modelo formalizado que podrán recoller no propio centro ou descargar premendo nesta ligazón.

Resolución das reclamacións

  • A resolución será por escrito, e será entregado o/a solicitante e/ou a súa familia previa cita ou enviado ao correo electrónico do alumno/a ou da súa familia, se así o solicitan.
  • A resposta do departamento será en 24 horas desde a finalización do prazo de reclamación (día 12 de xuño).

Reclamación á Comisión de Supervisión.

  • Se tras a recepción da resolución, e non estando dacordo coa mesma, teñen o dereito de presentar Reclamación ante a Comisión de Supervisión.
  • Os/as alumnos/as e/ou as súas familias presentarán reclamación en modelo formalizado o día seguinte de recibir a resolución do departamento: día 15 de xuño. Esta presentación realizarase sempre na secretaría do IES.
  • A Comisión de Supervisión emitirá resolución antes do día 03 de xullo para, si é o caso, o/a alumno/a poda matricularse nas probas de ABAU se así o desexa.

------------------------------------------------------------------------

 

PROCEDEMENTO DE RECLAMACIÓN AS CUALIFICACIÓNS DE 2º DE BACHARELATO. CURSO 2018-19

O procedemento de reclamación para as cualificacións de 2º de Bacharelato desenvolvese segundo a Circular nº 2/2018 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se desenvolve a Orde do 22 de abril de 2010, pola que se establece o procedemento que cómpre seguir nas reclamacións das cualificacións outorgadas no segundo curso do bacharelato establecido na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, para o curso 2017/2018:

Reclamacións no centro. Prazos

  • Convocatoria ordinaria: 23 e 24 de maio de 2018 (ata as 14.00 horas).
  • Convocatoria extraordinaria: 5 e 6 de setembro de 2018 (ata as 14.00 horas).

Reclamacións ante a comisión de supervisión (Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa. Subdirección Xeral de Inspección, Avaliación e Calidade do Sistema Educativo). Prazos

  • Convocatoria ordinaria: antes das 14.00 horas do día 28 de maio de 2018.
  • Convocatoria extraordinaria: antes das 18.00 horas do día 7 de setembro de 2018.

Recepción do expediente na comisión de supervisión. Prazos

  • Convocatoria ordinaria: antes das 14.00 horas do día 30 de maio de 2018.
  • Convocatoria extraordinaria: antes das 14.00 horas do día 10 de setembro de 2018

O impreso (en formato pdf) pódese descargar premendo nesta ligazón.

Reserva de praza e solicitude de admisión de ESO ou bacharelato no curso 2016-2017

* Para o alumnado do centro ou dos centros adscritos:O prazo de solicitude de reserva de praza para cursar estudos de ESO ou bacharelato é do 1 ao 15 de febreiro. O impreso corespondente pode descargarse (en formato pdf editable) premendo nesta ligazón. * Para alumnado de novo ingreso no centro (que non proceda dun centro adscrito):A solicitude de admisión é do 1 de marzo ao 20 de marzo. O impreso correspondente (en formato pdf editable) pode descargarse premendo nestoutra ligazón. Cómpre sinalar que deberán presentarse dúas copias asinadas (polos dous pais) pois unha delas será selada e serverá de resgardo. Ademais desa solicitude asinada polos dous pais, deberase achegar a seguinte documentación:

  • Libro de familia
  • DNI do alumno/a, se o ten

A documentación relativa á baremación non é necesario aportala neste prazo. No caso de ser necesaria, solicitaríaselles con posterioridade.Os interesados poden desacargar o calendario do proceso completo de adminsión e matrícula premendo nesta ligazón. Lémbrase que só se pode presentar unha única solicitude, no centro para o que se solicita praza en primeiro lugar. O incumprimento deste apartado implica a perda de todos os dereitos de prioridade que lle poideran corresponder ao alumno (artigo 7.3 do Decreto 254/2012).Lémbrase aos alumnos deste centro que soliciten praza noutro, que deben comunicar ao mesmo tempo a dita solicitude na secretaría do IES Pontepedriña, segundo o artigo 9.3 da Orde do 12 de marzo de 2013 

Axudas para actividades de formación en linguas estranxeiras

Foi publicada a Orde do 22 de febreiro de 2012, pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2012, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva. (DOG do 05-03-2012).

O prazo de presentación de solicitudes comeza o día 6 de marzo e remata o día 7 de abril. Porén, tendo en conta que esa data de remate coincide coa semana santa e que previamente hai que solicitar no centro unha certificación académica (artigo 7.1.a da convocatoria), esta última deberase solicitar no centro antes do 30 de marzo.

A información sobre este programa, así como a aplicación "en liña" que se refire na convocatoria, atoparase na páxina web http://www.edu.xunta.es/axudasle.
 

Validación dos estudos de música ou danza

A Orde do 27 de marzo de 2009 (DOG do 7 de abril) pola que se ditan instrucións para as validacións académicas entre as ensinanzas profesionais de música e danza e a educación secundaria obrigatoria, o bacharelato e as ensinanzas de educación secundaria para as persoas adultas, regula o proceso de validación de certas materias do ensino secundario para o alumnado que teña superados cursos das ensinanzas especiais antes citadas.

    Para tal fin, deberase formular perante a dirección do centro a correspondente solicitude, da que se pode descargar un modelo (pdf) nesta ligazón, que se deberá acompañar da correspondente certificación académica.

Calendario de matrícula dos Ciclos Formativos para o curso 2012-2013


Antes da matrícula debe consultar a oferta educativa onde atopará os requisitos tanto de idade como académicos que debe reunir. Os seguintes enlaces poden axudar:

Este é o calendario de admisión do alumnado aos ciclos formativos de grao medio e superior en réxime ordinario e para as persoas adultas (pódese descargar -pdf- premendo nesta ligazón):

  Período ordinario de admisión* Período extraordinario de admisión
Presentación de solicitudes Do 18 de xuño ao 2 de xullo
Do 3 ao 12 de setembro
Matrícula de FCT e Comercio Internacional (só alumnado deste centro) Do 26 de xuño ao 10 de xullo  
Publicación da relación provisional de solicitantes de novo ingreso 4 de xullo
14 de setembro
Reclamacións á relación provisional de solicitantes
Do 4 ao 10 de xullo
Do 14 ao 17 de setembro
Publicación da listaxe definitiva de solicitudes 16 de xullo
18 de setembro
Publicación da 1ª relación ordinaria de admitidos 17 de xullo
19 de setembro
Período de matrículación da 1ª adxudicación** Do 17 ao 19 de xullo Do 19 ao 21 de setembro
Publicación da 2ª relación ordinaria de admitidos 24 de xullo
25 de setembro
Período de matriculación da 2ª adxudicación** Do 24 ao 27 de xullo Do 25 ao 27 de setembro
Matrícula de ciclos liberados*** Ata as 13 h do 31 de xullo
Ata as 13 h do 5 de outubro

*Para alumnado de novo ingreso (admisión), reserva de praza para repetidores e reserva de praza para o 2º curso.

**As persoas solicitantes admitidas que desexen renunciar deberán facelo no prazo indicado (anexo VIII da Orde de convocatoria). En caso de non facelo perderán o dereito á súa praza.

***Se, unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes ou despois de cada unha das adxudicacións, existisen prazas vacantes e non houbese lista de espera, liberaranse as prazas do ciclo formativo, para o alumnado que acredite o cumprimento dos requisitos de acceso. Os centros efectuarán a matrícula por estrita orde de chegada das solicitudes.

A relación dos ciclos formativos coa condición de liberados e o número de prazas dispoñibles en cada un deles poderase consultar en todo momento na páxina web http://www.edu.xunta.es/fp/ven-fp.

Documentación requerida (premer para descargar a información, en pdf):

 

Actualizado: 21 de xuño de 2012.

Solicitude de cambio de modalidade no bacharelato

A Orde do 24 de xuño de 2008 (DOG do 27) pola que se desenvolve a organización e o currículo das ensinanzas de bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia, establece no seu artigo 5º que o alumnado, unha vez cursado o primeiro curso de bacharelato e antes do comezo das actividades lectivas do segundo, poderá solicitar á dirección do centro o cambio de modalidade en función das súas expectativas futuras ou aptitudes persoais.
O alumnado, unha vez autorizado para o cambio de modalidade, terá que matricularse de polo menos dúas materias da nova modalidade correspondentes ao primeiro curso e de todas as de segundo curso, de acordo co establecido no artigo 3º.4 da citada orde, computándose como optativa de segundo curso unha das materias de modalidade cursada e superada en primeiro.
Para cursar o segundo curso da nova modalidade, teranse en conta os requisitos establecidos nos artigos 3º.6 e 3º.7 da orde mencionada, referentes ás materias de contidos progresivos e aquelas que precisan de coñecementos previos.

Pódese descargar un modelo de solicitude, en formato pdf, premendo nesta ligazón.

Distribuir contido