Actividades

Para as actividades propostas dende normalización lingüística

ENTROIDO 2024

 

O ENDL do IES A Pontepedriña convoca “Concurso de disfraces e Concurso de doces” ENTROIDO 2024.

Poderán concursar os/as mozos e mozas do IES A Pontepedriña.

Podes ler as bases destes concursos nos seguintes enlaces:

Animádevos a participar As dúbidas pódense consultar enviando un correo a endlpontepedrina@gmail.com

II Concurso de epitafios "De morte morrida"

  • O ENDL do IES A Pontepedriña convoca II CONCURSO DE EPITAFIOS: “De morte morrida”

  • Poderán concursar os/as mozos e mozas do IES A Pontepedriña.

  • Podes ler as bases deste I Concurso no seguinte enlace.

  • O prazo para concursar remata o 27 de outubro de 2023

  • Animádevos a participar As dúbidas pódense consultar enviando un correo a endlpontepedrina@gmail.com

Concurso de Calacús

  • Poderán concursar os/as mozos e mozas do IES A Pontepedriña.

  • Podes ler as bases deste Concurso premendo aquí.

  • Trae a túa cabaza ao centro o 30 de outubro

  • Animádevos a participar.

O ENDL do IES A Pontepedriña convoca CONCURSO DE CALACÚS

 

  • Poderán concursar os/as mozos e mozas do IES A Pontepedriña.
  • Podes ler as bases deste Concurso premendo aquí.
  • Trae a túa cabaza ao centro o 26 de outubro
  • Animádevos a participar.

I Concurso de EPITAFIOS

  • O ENDL do IES A Pontepedriña convoca I CONCURSO DE EPITAFIOS: “De morte morrida
  • Poderán concursar os/as mozos e mozas do IES A Pontepedriña.
  • Podes ler as bases deste I Concurso no seguinte enlace.
  • O prazo para concursar remata o 28 de outubro de 2022
  • Animádevos a participar As dúbidas pódense consultar enviando un correo a endlpontepedrina@gmail.com

MULLER E POESÍA NAS LETRAS GALEGA

Se queredes ver os fermosos traballos feitos polo noso alumnado para ilustrar os poemas de Xela Arias só tedes que premer na imaxe da portada.

IV Concurso de Booktrailers do IES A Pontepedriña

 

O ENDL do IES A Pontepedriña convoca o IV Concurso de Booktrailers, un certame de videos que ten como obxectivo promover a lectura de libros en galego e a creatividade audiovisual do alumnado.

Poderán concursar mozos e mozas de entre 12 e 18 anos de centros educativos sostidos con fondos públicos de toda Galicia.

Podes ler as bases deste IV Concurso no seguinte enlace (PDF).

Os traballos en soporte dixital (en calquera formato) enviaranse por correo electrónico ao enderezo de normalización lingüística do centro: endlpontepedrina@gmail.com

O prazo para concursar é dende o 23 de abril ata o 17 de maio.

Animádevos a participar As dúbidas pódense consultar enviando un correo a endlpontepedrina@gmail.com

Acto de presentación 21 días co galego e +

 

21 días co galego e +

Comezou o proxecto 21 días co galego e máis. Aquí está o noso vídeo de presentación. Graciñas a toda a comunidade educativa que colaborou na súa gravación e ao grupo Nao por permitirnos empregar a súa canción.
https://blogs.xunta.gal/21diascogalegoemais/ 

I Concurso de Poesía Torre de Caldaloba

A nosa alumna Andrea Sanjurjo Martínez acaba de gañar o I Concurso de Poesía Torre de Caldaloba de Cospeito na modalidade de menores de 18 anos. Que orgullo!!! https://www.elprogreso.es/…/xesu…/201812022048461347420.html
 

  


Distribuir contido