Skip to Content

Cursos

OFERTA DE FP PARA ADULTOS A DISTANCIA, SEMIPRESENCIAL O PRESENCIAL

     

 

 

FP_distancia_logoQueres estudar un ciclo formativo a distancia ou semipresencial?

No DOG do 23 de xuño de 2016 publícase a oferta modular polo réxime de persoas adultas, nas modalidades presencial, semipresencial e a distancia, de ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional en centros públicos da Comunidade Autónoma de Galicia

 

Oferta clasificada por familia e ciclos formativos

 

Oferta clasificada por provincia e concello

OFERTA DE FORMACIÓN PROFESIONAL EN GALICIA

     

 

 

FP-LogotipoQueres estudar un ciclo formativo?


No DOG do 23 de xuño de 2016 publícase a oferta dos ciclos formativos de formación profesional que se poden estudar en Galicia

 Oferta clasificada por familia e ciclos formativos

 

Oferta clasificada por provincia e concello

ESTUDOS DE ARTES PLÁSTICAS E DESEÑO

Queres estudar artes plásticas e deseño no curso 2016-2017?

 

deseoooA Consellería de Educación publica as normas para o acceso e a admisión do alumnado ás ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño para o curso 2016-2017.

1. Acceso ás ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño de grao medio.

Requisitos:
a) Dispor do título de graduado en educación secundaria e superar unha proba específica.

b) Os aspirantes que non dispoñan do título de graduado en educación secundaria, deberán ter cumpridos os dezasete anos e superar a proba de madureza ademais da correspondente proba específica.
c) A proba de madureza poderase substituír pola proba de acceso á universidade para maiores de vinte e cinco anos, pola proba de madureza a ciclos formativos de grao medio de formación profesional, pola proba de madureza de grao medio de ensinanzas deportivas ou pola proba de acceso para os aspirantes ás ensinanzas artísticas superiores de música, arte dramática, deseño e conservación e restauración de bens culturais que non estean en posesión do título de bacharelato ou equivalente.

2. Acceso ás ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño de grao superior.

Requisitos:
a) Dispor do título de bacharel e superar unha proba específica.
b) Os aspirantes que non dispoñan do título de bacharel, deberán ter cumpridos os dezanove anos e superar a proba de madureza, ademais da correspondente proba específica.
c) Os aspirantes que non estean en posesión do título de bacharel ou equivalente para os efectos académicos deberán ter feitos os dezanove anos, ou os dezaoito anos no caso de que acrediten estar en posesión dun título de técnico en artes plásticas e deseño da mesma familia profesional artística ca aquel a que pretenden acceder, e superar a proba de madureza ademais da correspondente proba específica.

Estarán exentos de realizar a proba específica de acceso ao grao medio e superiores das ensinanzas de artes plásticas e deseño, quen estea en posesión dalgunha das seguintes titulacións:
a) Título de bacharel, modalidade de artes, ou de bacharelato experimental.
b) Título superior de Artes Plásticas ou título superior de Deseño, nas súas diferentes especialidades, ou títulos declarados equivalentes.
c) Título superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais, nas súas diferentes especialidades.
d) Licenciatura en Belas Artes.
e) Arquitectura.
f) Enxeñaría técnica en Deseño Industrial.

Así mesmo, estará exento de realizar a proba específica de acceso ao grao medio e superior de artes plásticas e deseño quen acredite ter experiencia laboral de, polo menos, un ano, relacionada directamente coas competencias profesionais do ciclo a que se queira acceder, para o cal presentará a seguinte documentación:
Certificación da empresa onde adquiriu a experiencia laboral en que conste a natureza e duración concreta da actividade realizada.

Prazo:
A inscrición farase na secretaría das escolas públicas en que se impartan as correspondentes ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño.

20 de xuño para os ciclos de grao superior
26 de xullo para os ciclos de grao medio

Desenvolvemento das probas.
a) Probas de acceso ao grao medio:
Proba de madureza: 6 de setembro.
Proba específica: 9 de setembro.
b) Ciclos de grao superior:
Proba de madureza: 27 de xuño.
Proba específica para todas as familias profesionais: día 7 de xullo.

Contidos das probas: http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/protected/content_type/file/2010/10/18/probas_artes_plasticas_150312.pdf

Oferta educativa en Artes plásticas e deseño: http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/oferta_educativa_artes_plasticas_260216.pdf

As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es/ cos procedemento ED511E e ED511D
Máis información no DOG 13 de xuño de 2016 e en http://www.edu.xunta.es

OFERTA FORMATIVA DE FP

Queres estudar un ciclo formativo de FP?

     
 

FP-LogotipoRemataches a ESO ou Bacharelato? Unha opción para continuar a túa formación son os ciclos formativos de FP

Podes consultar toda a oferta en Galicia no seguinte enlace:
http://www.edu.xunta.es/fp/folletos-informativos-fp

Ao longo deste mes de xuño publicaranse as novidades do vindeiro curso 2016/2017 e abrirase o prazo para facer a preinscrición en ciclos formativos

COMPETENCIAS DIXITAIS E OFIMÁTICA

CERTIFICACIÓN GALEGA DE COMPETENCIAS DIXITAIS EN OFIMÁTICA    
 

cemitA Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia fai unha convocatoria para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática, tras o seguimento dun curso de preparación na modalidade de teleformación.

Destinatarios
Persoas maiores de 16 anos ou que os cumpran antes do remate do prazo de inscrición.

Organización do curso
1. Número de prazas: 180.

2. Duración: 12 semanas (190 horas lectivas).
3. Modalidade: teleformación titorizada a través da plataforma EMA da rede CeMIT.
4. Datas de realización: do 5 de setembro ao 27 de novembro do ano 2016.

Contido
1. No curso desenvolveranse os seguintes temas:
• Sistema operativo, busca da información: internet/intranet e correo electrónico (30 horas).
• Aplicacións informáticas de tratamento de textos. LibreOffice Writer (30 horas).
• Aplicacións informáticas de follas de cálculo. LibreOffice Calc (50 horas).
• Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais. LibreOffice Base (50 horas).
• Aplicacións informáticas para presentacións: gráficas de información. LibreOffice Impress (30 horas).
2. O temario para a avaliación será o descrito no módulo formativo MF0233_2 «Ofimática» (190 horas), asociado á unidade de competencia UC0233_2 Manexar aplicacións ofimáticas na xestión da información e a documentación, do Catálogo nacional de cualificacións.

Solicitudes
As persoas que desexen participar no curso convocado nesta resolución deberán inscribirse a través da internet na páxina web de CeMIT (http://cemit.xunta.gal)
As 180 prazas dispoñibles asignaranse por sorteo.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 14 de xuño de 2016.

Máis información no DOG do 8 de xuño de 2016 e en https://cemit.xunta.gal/

CURSO DE MONITORES DE ACTIVIDADES DE TEMPO LIBRE

CURSO DE MONITORES/AS DE ACTIVIDADES DE TEMPO LIBRE EN NOIA     

 

 

tempolibre331A Escola Galega de Tempo Libre organiza un curso de Monitores/as de actividades de tempo libre en Noia

Lugar: Aula de “Noia Histórica”
Rúa do Curro 31. Edif. Praza Abastos. Noia
Datas:  16 Sábados e 4 Domingos
Setembro: 3,10,11,17,24
Outubro: 1,8,9,15,22,29
Novembro: 5,6,12,19,26
Decembro: 3,4,10,17

 

Horario: De 09,00 a 14,00 y de 16,00 a 21,00 horas

 

A cuota de asistencia o curso é de 260€
Para os alumnos empadroados en Noia é de 230€

 

Máis información na escola, teléfono: 981 824 764 en horario de 9.30 a 14.00 e de 16.30 a 20.00 horas e en http://www.escolagalegadetempolibre.es/

CURSO DE MEDIACIÓN EDUCATIVA

Curso de Mediación Educativa en Conflitos Xuvenís 2º Edición    
M

conflitos_mediacionCurso gratuito de Mediación Educativa en Conflitos Xuvenís 2016 – 2º Edición

 

Obxectivo: Facilitar o coñecemento e análise dos elementos necesarios para identificar e previr os factores que inflúen na orixe e desenvolvemento dos conflitos xuvenís. 

Destinatarios/as: Persoal da Rede Galega de Información e Documentación Xuvenil, mocidade de 18 a 30 anos e outras persoas interesadas na temática do curso.

Criterios de selección.

A admisión ao curso virá dada pola orde de presentación das solicitudes de inscrición e coas prioridades que a continuación se especifican:

1º- Solicitantes que non acadaron praza na anterior convocatoria do 04/05/2016.

2º- Persoal da Rede Galega de Información e Documentación Xuvenil e mocidade de 18 a 30 anos.

3º- Resto dos solicitantes.

Número de horas: 25 (4 horas presenciais e 21 a distancia).

Número de prazas: 30.

Contidos:

  • O conflito como proceso e oportunidade para o cambio
  • Educar para a convivencia e prevención de conflitos
  • Comprender e analizar as situacións de conflito
  • A mediación educativa como estratexia na abordaxe de conflitos
  • Proxectos de mediación no ámbito educativo

Modalidade: Semipresencial.

Sesión Presencial: Martes 14 de xuño de 10.00 a 14.00 horas.

Centro de impartición: Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil  en Santiago de Compostela.

Data de inscrición: Do 25 de maio ao 8 de xuño de 2016.

Data prevista de realización:  Do 14 de xuño ao 14 de xullo de 2016.

 

FORMULARIO DE INSCRICIÓN

 

Información.

Centro Coordinador de Información  Xuvenil

Telefono: 881 997 604 / 881 997 607

Correo electrónico para información xeral: informacion.xuventude@xunta.es

PROGRAMAS DE XUVENTUDE E MOBILIDADE

Semana Cultural 040 SM.jpg

 

Os alumnos do ciclo formativo Condución de actividades físico-deportivas no medio natural, que se oferta no noso Instituto, participaron nun seminario informativo sobre os Programas de voluntariado europeo (SVE) e o proxecto La IdA, centrado nas estancias transnacionais de formación para realizar prácticas formativas en empresas europeas.

O desenvolvemento destes programas de xuventude e mobilidade estivo a cargo da Fundación Paideia, contando coa colaboración da oficina municipal de información xuvenil (OMIX), o servizo de orientación laboral do Concello e o departamento de orientación do Instituto. Os principais contidos que se explicaron foron as convocatorias que hai, os requisitos que se esixen para a súa solicitude. a que van dirixidos, que cobertura ten o programa.... Asimesmo, tamén se explicou o Programa de Garantía Xuvenil de activación para o emprego, podedes ter máis información sobre el na páxina web http://garantiaxuvenil.xunta.es/gaxuve/es/

Na exposición participou unha voluntarias italiana, que estaba a realizar as prácticas nesa Fundación en Padrón. Contou a súa experiencia no programa do SVE, as dificultades do principio, o que lle resultou máis chamativo, os nosos costumes, a súa relación coa xente de aquí, as áctividades de lecer e tempo libre, e a tristura que sentía porque se lle estaba esgotando o tempo de estar en Galiza. O seu relatorio, lémbranos ao slogan de Erasmus+: "cambiando vidas, abriendo mentes".

Na páxina web  http://xuventude.xunta.es/programas-eu.html atoparedes información sobre os distintos programas de mobilidade europeos.

 

CURSO DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO EN PORTO DO SON

CURSO DE VERÁN

PSICOLOXÍA E EDUCACIÓN: COMO MELLORAR AS RELACIÓNS FAMILIARES

Datas: 13, 14 e 15 de xullo

ORGANIZA: Universidade de Santiago de Compostela, SEDE Porto do Son

Programa e información:

http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/cultura/veran/descargas2016/42.pdf

 

Lugar de Celebración: Porto do Son (a 40 minutos de Santiago):

https://youtu.be/lZUTPQfgMnA

 

RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS:

Créditos ECTS (actuais titulaciónes de grao): 2 créditos

Créditos de libre configuración (antigas licenciaturas e diplomaturas): 1 crédito

Alumnado USC y 80% de asistencia a las horas lectivas.

 

IMPORTE DA MATRÍCULA:

Taxa xeral: 120 €

*Taxa reducida: 70 €

(*Taxa reducida, aplicable a estudantes universitarios, socios da  Asociación

de Antigos Alumnos da USC, estudantes de bacharelato ou de formación

profesional, pensionistas, desempregados e PDI e PAS da USC)

 

PRAZO DA MATRÍCULA:

11 de maio -1 de xullo

 

INFORMACIÓN:

Área de Cultura - Colexio de San Xerome

Praza do Obradoiro s/n Santiago de Compostela

Teléfonos 881811018 e 881811103

E-mail: cursosdeveran@usc.es

Web: http://www.usc.es/cultura/veran

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut