Skip to Content

Recomendámosche

DÍA DAS ARTES EN GALICIA: LUÍS SEOANE

26/03/2019

Achégase o 1 de abril, o Día das Artes Galegas, que este ano homenaxea a Luís Seoane. O equipo de biblioteca quere facer visible entre a comunidade educativa a obra deste galego recoñecido internacionalmente pola súa valía. O seu labor como artista e como escritor. 

Faremos actividades que acompañarán a exposición que podedes ver no corredor do instituto e que vos achegamos nesta presentación:

 

Luís Seoane. Día das Artes Galegas

More presentations from etikeles

O IES DE PORTO DO SON NOS "21 DÍAS CO GALEGO"

23/02/2017 23:37

Antía e Germán, mozos de 2BACH e membros do club de lectura,  e Sabela, profesora do departamento de Bioloxía, sumáronse ao proxecto de Normalización e dinamización da lingua galega "21 días co galego", desenvolvido por Pilar Ponte, compañeira do IES da Pobra do Caramiñal. Participan así da homenaxe a Agustín Fernández Paz que este ano centra a iniciativa, contándonos da súa lectura de Lúa do Senegal.

Distribuir contido


by Dr. Radut