PUNTO LARANXA CONTRA O ACOSO E O CIBERACOSO ESCOLAR

Dende hoxe contamos no centro co PUNTO LARANXA contra o acoso e o ciberacoso escolar.

 

COMO FUNCIONA O PUNTO LARANXA?

Se o estás a sufrir ou coñeces algún posible caso de acoso ou ciberacoso, axúdanos a paralo!

· Escribe de maneira anónima a túa mensaxe nun lugar onde te sintas seguro/a

· Localiza o Punto Laranxa no centro (Edificio principal_2ºpiso)

· Desposita na caixa do Punto Laranxa a túa mensaxe (esta caixa só pode ser aberta polo equipo docente encargado de loitar contra o acoso escolar)

· Lembra que tamén podes achegar a túa mensaxe a través do Formulario que tés facento click no cartel que se atopa na columna da dereita nesta páxina web.

 

Pódese consultar a información no Portal Educativo da Xunta de Galicia:  https://www.edu.xunta.gal/portal/node/42252

 

Prazas Vacantes ESO/Bacharelato Curso 2024/2025

 

Prazas Vacantes no IES Punta Candieira

 

CURSO PRAZAS VACANTES
1º ESO 1
2º ESO 5
3º ESO 9
4º ESO 24
1º Bacharelato Ciencias e Tecnoloxía 17
1º Bacharelato Humanidades e Ciencias Sociais 4
2º Bacharelato Ciencias e Tecnoloxía 15
2º Bacharelato Humanidades e Ciencias Sociais 1

II CONCURSO DE IDEAS EMPRENDEDORAS

O IES Punta Candieira presenta o II Concurso de Ideas Emprendedoras:

"2 minutos para a túa idea"

 

 

Se tes unha idea de negocio, o IES Punta Candieira convoca o II Concurso de Ideas Emprendedoras.

· Pode participar todo o alumnado do Centro (matriculado no curso académico 23/24) individualmente ou en equipos de ata 4 participantes.

· O prazo de presentación de ideas é dende o 1 de marzo ata 15 de abril do 2024.

· Para inscribirse no Concurso: Enche o formulario que aparece no enlace:

Formulario: https://forms.gle/BZxHHfYKH1ZtmiUs7 ou a través do Qr que aparece no cartel do concurso que encontraredes polo centro ou aquí.

· Terás como máximo 2 minutos de tempo para facer a presentación da túa idea a través dun VIDEO que teredes que enviar coa inscripción.

· Non se permiten entregas de vídeos xa presentados no concurso anterior.

· Hai tres categorías de participación, en cada una delas premiaranse as dúas mellores ideas.

· A valoración das ideas se realizará polo xurado tendo en conta os seguintes criterios valorados de 1 a 5 puntos:

    - Presentación da idea.

    - A idea satisface unha necesidade no mercado?

    - A idea pode levarse á práctica (viable)?

    - A idea é orixinal, innovadora e diferente?

· Consuta aquí as bases do concurso.

 

É o momento de que deas a coñecer a túa idea, realiza unha boa presentación!!!!

Ademáis, a túa idea pode ter premio €€€€€€€

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR, ESPERAMOS AS VOSAS IDEAS!!!

AS MELLORES IDEAS TEÑEN PREMIO!!! €€€€

 

 

 

 

Charla sobre emprendemento 19 febrero

  

 Talleres de emprendemento:

“Marketing Online e Deseño Web”

 O 19 de Febreiro celebráronse tres talleres co alumnado de Ciclos Formativos e FP Básica.

O obxectivo é facilitarlle aos nosos futuros emprendedores os recursos necesarios para deseñar e xestionar a Web do seu negocio en proxecto. Tamén coñecer as ferramentas para a creación da súa propia tenda online, tendo en conta o comportamiento do cliente e a publicidade online.

Esta actividade é promovida pola Coordinación de Emprendemento, e financiada polo Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes, e pola Unión Europea NextGenerationUE.

       

 

FP - Probas de acceso para ciclos formativos medio e superior

 

DOG - ORDE do 21 de decembro de 2023 pola que se regulan as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo, e se convocan para o ano 2024 (códigos de procedemento ED312C e ED312D).

 

 

>> Proba de acceso ao grao medio, datas e lugares de inscrición:

prazo de presentación estará abranguido entre os días 26 de febreiro e 8 de marzo de 2024, ambos os dous incluídos. 

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado de solicitude, anexo I (código de procedemento ED312C), dispoñible na aplicación informática Ciclosprobas:  ou presencialmente en calquera centro público que imparta ciclos formativos.

As probas de acceso aos ciclos de grao medio terán lugar o día 23 de maio de 2024.

 

>> Proba de acceso ao grao superior, datas e lugares de inscrición:

prazo de presentación estará abranguido entre os días 29 de xaneiro e 9 de febreiro de 2024, ambos os dous incluidos.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado de solicitude, anexo II (código de procedemento ED312D), dispoñible na aplicación informática Ciclosprobas: LIGAZÓN ou presencialmente en calquera centro público que imparta ciclos formativos.

As probas de acceso aos ciclos de grao superior terán lugar o día 18 de abril de 2024

Calendario Académico 2023/24

INNOVATECHFP

PARTICIPAMOS NO PROGRAMA INNOVATECHFP !!!!

O noso equipo participante terá que enfrontarse á resolución do reto tecnolóxico proposto pola Empresa FINSA: deseñar un sistema de control co cal poder monitorizar tanto o crecemento das especies forestais coma as condición ambientais da zona. “Trátase de sensorizar os nosos montes, saber o que está a pasar en tempo real, para tomar decisións axeitadas”, e xerar un impacto positivo no desenvolvemento do medio rural.

MOITA SORTE !!!!

  

Charlas sobre Emprendemento 17 e 20 novembro

"OBRADOIROS DE HABILIDADES SOCIAIS PARA O EMPRENDEMENTO"

Entre o 17 e 20 de novembro demos continuidade a todas as actividades levadas a cabo ao abeiro de Aula de Emprendemento do IES Punta Candieira: obradoiros, charlas, concurso de emprendemento... Neste caso trátase duns Obradoiros de Habiliades Sociais para o Emprendemento.

O obxectivo e que o noso alumnado adquira habilidades sociais e transversais necesarias para o éxito profesinal como futuro emprendedor. Todas elas fundamentais para relacionarse con outras persoas traballadoras, colaboradoras, provedores, Administracións Públicas, etc.

O alumnado participante foi 1º e 2º de FP básica Electricidade, e 1º Cursos dos ciclos Formativos de Grao Medio de Electricidade, Mantemento Electromecánico e Actividades Comerciais.

Esta actividade é promovida pola Coordinación de Emprendemento, e financiada polo Misnisterio de Educación e Formación Profesional e pola Unión Europea NextGeneration UE.

 

                

GALICIASKILLS 2023

Román Rodríguez (Conselleiro) e Eugenia Pérez (Directora Xeral de FP), co  alumnado de Ciclos de IES Punta Candieira.

 

 

Graduación do alumnado de CM e CS de Formación Profesional, FP Básica e alumando da ESA.

       

 

       

 

Distribuir contido