Iniciar sesión

CENTRO PLURILINGÜE






R;/ Prol. Manuel Murguía-Esq. Ronda de Outeiro, s/ Tlf: 981277911; Fax: 981266226   15010 A Coruña O noso correo electrónico:  ies.rafael.dieste@edu.xunta.es 


Horario de clases:


Mañá:
Luns, Martes, Mércores, Xoves  e Venres: de 8:30h a 14:10h.
Tarde:
Martes: de 16:30h a 18:10h.  


 


(Luns, Mércores e Xoves o centro se atopa aberto no mesmo horario de tarde).

 






 

 























1ºESO 2ºESO 3ºESO 4ºESO
   
1ºBACH. 2ºBACH.    

         






ÚLTIMA HORA:

INFORMACIÓN SOBRE LIBROS DE TEXTO CURSO 2011-2012


Para alumnado de 2º e 4º da ESO: Continúan co sistema de préstamo.


Para alumnado de 1º e 3º da ESO: Poderán solicitar unha axuda para a adquisición dos mesmos se cumpren algunha das condicións seguintes:


- Familias monoparentais con renda per cápita ata 6.000€ ou con renda per cápita entre 6.000,01€ ata 9.000€.


- Resto de familias con renda per cápita ata 5.400€ ou renda per cápita entre 5.400,01€ ata 9.000€.


 



Centro Plurilingüe e Seccións Bilingües


  O noso centro foi seleccionado como Centro Plurilingüe dende o curso 2010-2011 e continuamos co programa de Sección Bilingües que xa tiñamos. As materias que este centro oferta en Inglés, ademáis da materia propia, son: Proxecto Interdisciplinar (1ºESO), Música (2º, 3º e 4ºESO), Educación Física (3ºESO) e Tecnoloxía (4ºESO). Esta distribución é a que está vixente neste curso 2011-2012, pero podería variar segundo as necesidades do centro.


 A diferencia entre Seccións Bilingües e Plurilingüismo é que, nas Seccións, o alumnado elixe participar voluntariamente e dependendo dun número de prazas que se ofertan e o Plurilingüismo é unha disposición que afecta a todo o alumnado obrigatoriamente.


O Plurilingüismo está este curso no nivel de 1º e 2º da ESO. Todos os alumnos de 1ºESO teñen Proxecto Interdisciplinar en Inglés ademáis da propia asignatura de Inglés. Todos os alumnos de 2ºESO teñen a materia de Música. Nos seguintes iranse implantando nos cursos superiores nas materias mencionadas e deixarán de existir as seccións.


Polo tanto as Seccións Bilingües continúan este curso en 3º e 4º da ESO, coa distribución de asignaturas en inglés antes mencionadas.


Centro de escolarización preferente

O centro escolariza a alumnos e alumnas con trastornos motóricos. Posúe os equipamentos, servicios complementarios ou as especializacións profesionais necesarias para garantirlles unha atención educativa de calidade.

Últimas novas do Instituto

Para as últimas novas do centro, nesta páxina web, no menú da esquerda picade en:


Actividades-Taboleiro de novidades.

ou visitade o blog da Biblioteca do centro en:

arquivosdotrasno.blogspot.com

Distribuir contido