Skip to Content

Novas

Versión para impresora

Xornadas de economía crítica

Co gallo do 50 aniversario do I.E.S. RAMÓN CABANILLAS, o departamento de Economía organiza unha serie de xornadas de Economía Crítica. A primeira delas estará a cargo do catedrático de ciencia política da Universidade Autónoma de Madrid, D. Carlols Taibo Arias, quen falará sobre o tema "Decrecemento económico e Colapso". Esta primeira intervención estará aberta ao público, xa que consideramos que os centros de ensino público deben estar abertos á toda a cidadanía na medida do posible, xa que é ésta a súa única propietaria.
O acto celebrarase o día 5 de maio ás 20:00 horas na Casa da Calzada (Exposalnés).

Entrada libre ata completar o aforo.

 

PUBLICACIÓN DE LISTAXES DEFINITIVOS DE CHEQUES DE MATERIAL ESCOLAR

 

As listaxes definitivas de cheques de material escolar están a disposión das persoas interesadas no taboleiro do centro dende o día 22 de xullo de 2022.

Xa se poden recoller no centro a partir do día 26 de xullo de 2022.

A Dirección

 

LIBROS PARA O CURSO 2022/2023

 

EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA-ESO

O noso centro mantense no Programa Edixgal, polo que o alumnado seguirá contando cun ordenador portátil dotado con libros dixitais na maioría das materias; e en base ao que marca a normativa vixente non terá acceso ás axudas de Fondo Libros.

No curso que empeza en setembro iníciase a implantación da nova lei educativa, a LOMLOE, razón pola que en algunhas materias que non están en Edixgal o alumnado terá que mercar libro, ao non estar adaptados á nova lei os libros cos que contamos no fondo de préstamo que temos no centro.

O listado de libros para ESO aparece no arquivo adxunto. Os libros que non aparecen terán que falar có profesorado en setembro dado que debido a que están pendentes de que as editoriais saquen os novos libros.

BACHARELATO

O listado de libros para o vindeiro curso escolar 2022-2023 atópase no arquivo adxunto.

ADMISIÓN DE NOVO ALUMNADO CURSO 2022/23

O prazo para presentar solicitudes de admisión para novo alumnado ábrese o día 1 de marzo e estenderase ata o 21 do mesmo mes.

As solicitudes poderán presentarse presencialmente no centro, en Sede Electrónica ou ben a través do seguinte enlace: 
https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/
Para calquera dúbida, pódese acudir ao centro educativo ou ben chamar ao  886 15 19 13.
Os impresos de solicitude pódense coller na secretaría do instituto de 9:00h a 14:00H.

2º premio no Certame de Banda Deseñada AX1 2021

O pasado venres 10 de decembro, a alumna do noso centro Blanca Fernández Portas gañou o segundo premio do Certame de Banda Deseñada AX1 convocado polo IES Arcebispo Xelmírez I de Santiago.

O xurado do certame fundamentou este segundo premio "tanto nos aspectos formais como na alta sensibilidade que transmite. A autora [...] presenta un debuxo limpo e suxerente cunha sucesión e xogo de planos ben escollida. A inxeleza no uso da cor e das imaxes crea un relato suxestivo que medra viñeta a viñeta".

O seu traballo será publicado proximamente xunto aos do resto de gañadores/as.

Noraboa á nosa artista! 

E noraboa tamén aos departamentos de Lingua Galega e de Debuxo, que traballaron conxuntamente neste proxecto que deu como froito moitas outras grandes obras.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut