try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
IES Ribeira do Louro

CICLOS FORMATIVOS

Descrición

A formación profesional no ámbito educativo ten como finalidade a preparación para a actividade nun campo profesional e facilitar a adaptación ás modificacións laborais que se poden producir ao longo da vida, asi como contribuir ao desenvolvemento persoal e ao exercicio dunha cidadanía democrática. Comprende un conxunto de ciclos formativos que poden ser de grao medio e de grao superior.

Os ciclos formativos están estruturados en módulos profesionais. Os módulos de formación e orientación laboral (FOL) e de formación en centros de traballo (FCT) teñen carácter obrigatorio e cúrsanse en todos os ciclos, tanto de grao medio como de grao superior.

Na actualidade, a formación profesional está organizada en 22 familias profesionais e integrada por un catálogo de 142 títulos oficiais (64 ciclos formativos de grao medio e 78 de grao superior).

A duración de cada ciclo é variable e oscila entre 1300 e 2000 horas. Ata un 25% destas horas realízanse na empresa, é dicir, nun centro onde os procesos de produción e de prestación de servizos se desenvolven en tempo real. É o que se denomina módulo de formación en centros de traballo (FCT).

Os ciclos formativos que se imparten actualmente neste instituto son:

PCPI (Programas de Cualificación Profesional Inicial): (1 ano de duración)

Destinatarios: alumnos entre 16 e 19 anos que non obtiveran o título de Graduado en ESO

CICO MEDIO: (2 anos de duración, preinscripción do 17 de xuño o 2 de xullo)

Acceso directo: co título de Graduado en ESO.

CICLO SUPERIOR: (2 anos de duración, preinscripción do 17 de xuño o 2 de xullo)

Acceso directo: co título de Bacharelato, COU ou FP2.

 




Distribuir contido