try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
IES Ribeira do Louro

Etiquetas de blogues

Anatomía del Miedo

“ O meu pai chegaba do traballo ás dúas e media. Cando se atrasaba, a angustia instalábase na miña casa. Era un medo difuso, unha tensión que nos facía permanecer en silencio. A miña nai, sen dicir nada, asomábase unha e outra vez ao balcón para ver se o meu pai chegaba nun intento inútil de acurtar a ansiedade. Contaxiabámonos o medo uns a outros. Nunca houbo
violencia física. Eran só os gritos do meu pai, o seu xesto de furia sen motivo, a súa susceptibilidade imprevisible”


(Cita extraída de Anatomía del Miedo)
José Antonio Marina

Carta ao pai

“Hai pouco preguntáchesme por que dicía que che tiña medo.
Como de costume, non souben que contestarche, en parte precisamente, polo medo que me dás, e en parte porque son demasiados os detalles que fundamentan ese medo, moitos máis
dos que podería coordinar a medias mentres falo. A súa magnitude excede en moito tanto a miña memoria como o meu entendemento?”
(Carta Ao Pai) Frank Kafka.

O lobo

“O inverno de 1764 foi moi cru e os lobos adoecían de fame. Atacaban os campesiños atrasados, roldaban de noite ao redor das vivendas, ouveaban desde o solpor ata o amencer e asaltaban os cortellos. Circulou un ruxerruxe terrible. Falábase dun lobo colosal, de pelo gris, case branco; que devorara a dous nenos e o brazo dunha muller; matara a todos os mastíns da comarca e, saltando as tapias, uliscaba sen temor ningún baixo as portas. Ningún home deixou de sentilo resollar; o seu refolgo facía estremecer a chama das luces. Invadiu a provincia un pánico terrible. Ninguén saía de casa de noite nin á noitiña.
A escuridade parecía poboada en todas partes pola sombra daquela besta...”


(O lobo) Guy de Maupassant

Un bosque cheo de faias

“ Unha noite os postos da feira ambulante que hai onda o concello apareceron queimados, e uns encapuchados bateron nun señor magrebí que vendía alfombras pola rúa.
Todos os ataques eran iguais: catro ou cinco individuos coa cabeza rapada asaltaban no medio da noite a persoa que quixesen agredir. Case que sempre en moto e sempre coas cabezas rapadas. Había nazis soltos pola cidade. Por Galicia enteira... sabíao todo o mundo, non era ningún segredo. Unha mañá ao principio das vacacións, o centro aparecera sementado de follas con emblemas e frase xenófobas. Outro día un grupo de neonazis mallara un
rapaz, á porta dunha discoteca por negarse a erguer o brazo e saudar como eles lle ordenaban
...
Alexandre non puido dicir máis nada. Botouse a chorar. Sentou no sofá coa súa nai e chorou.
-Por que pasan estas cousas, mamá?
Ás veces pensamos que os pais coñecen todas as respostas. Ás veces pensamos que os pais deben coñecer todas as respostas. Pero ela garda silencio. Quizais porque para iso non hai resposta.”
(Un bosque cheo de faias) Francisco Castro