try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%

fole

A lus do candil

Á lus do candil é unha colección de quince relatos nos que a imaxinación e o humor xogan un papel importante á hora de desenvolver as sorprendentes historias de misterio que xorden da vida cotiá. Coma os contos narrados ao carón da lareira, as historias de Fole teñen frescura e espontaneidade grazas á lixeireza, que autores coma Italo Calvino consideran unha das virtudes fundamentais das obras literarias. Este libro foi unha contribución esencial ao rexurdimento da narrativa galega de posguerra. É a descuberta dun mundo máxico que se confunde co real, dos misterios que xorden da vida cotiá, onde por tras das aparencias xorden historias insospeitadas, contos de aparecidos, de lobos, de premonicións e soños fantásticos...
 
Distribuir contido