Oferta educativa
O departamento de Electrónica do I.E.S. Ribeira do Louro de O Porriño, implanta a docencia da familia profesional de electrónica composta polas seguintes ensinanzas:
Para realizar a súas actividades, dispoñemos de 4 aulas-taller: convintemente dotadas dúas delas con equipos informáticos, outra específica para as prácticas de electrónica xeral e instalacións eléctricas e outra para as prácticas de sonido e televisión.
A fín de que o alumnado poida realizar as actividades correspondentes ó módulo de Formación en Centros de Traballo, disponse de convenios con un plan mínimo de empresas da comarca: Citroën, Informática Porriño, etc.
Os alumnos de ciclo superior teñen a posibilidade de facer estadías formativas no extranxeiro: en Malta, en Rumanía, en China, en Estados Unidos, etc.
O horario académico no réxime ordinario é de 8.45h a 14.15h tódolos días pola mañá, e de 16.00h a 18.30h pola tarde, os martes e os xoves. No réxime de adultos as clases comezan as 16.45h e rematan as 22.00h.