Skip to Content

BECAS MEC 2023/24

 

O alumnado que o próximo curso vaia realizar estudos de Bacharelato, ciclos formativos (CFGB, CFGM, CFGS), estudos universitarios, ensinanzas de réxime especial (deportivas, artísticas, etc.) ten aberto o prazo para a solicitude da beca ata o próximo 17 de Maio.

 

No documento adxunto teñen toda a información detallada: prazos, requisitos académicos e económicos, titoriais onde lle explican paso por paso como cubrir a solicitude...

 

Se, aínda así, hai alumnado que precisa axuda, pode contar co servizo de orientación no centro.

 

Por favor, non esperen ao último día para solicitala, xa que o ano pasado a páxina web quedou colgada os dous últimos días e daba moitos problemas.

 

Xa sabemos que hai alumnado que non ten claro que estudos vai realizar o ano que ven, pero aínda así deben solicitar a beca. Que poñan os estudos onden se ven con máis posibilidades. É o único prazo que hai; senón, perden a oportunidade. En setembro ábrese un prazo para as modificacións pertinentes.

 

PROBAS LIBRES PARA A OBTENCIÓN DO TÍTULO DA ESO PARA MAIORES DE DEZAOITO ANOS. LISTA DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS PROVISIONAIS.

Bo día,

Está publicada no taboleiro do centro a listaxe provisional de admitidos e excluídos para as probas libres para a obtención do título da ESO para maiores de dezaoito anos.

 

Os motivos da exclusión provisional están especificados na devandita listaxe. É importante que comprobedes que todo está correcto na lista (nº de DNI, ámbitos que tedes exentos, lingua extranxeira e exención de galego) antes de que se publiquen as listas definitivas o LUNS 17 DE ABRIL.

Recalcamos isto porque hai solicitudes excluídas provisionalmente.

Recordade que desde hoxe martes 11 de abril hai tres días para reclamar os posibles erros que poidan existir nos datos publicados na lista que está no taboleiro do centro. Despóis de ese prazo non se poderá subsanar ningún erro.

 

 

 

 

CONVOCATORIA DE MOBILIDADES ERASMUS+ PRACTICUM DEPO

Pola presente convócase o procedemento para seleccionar a DOUS ALUMNOS/AS e UN/HA DOCENTE para participar no programa de mobilidades europeas ERASMUS+ PRACTICUM DEPO coordinado pola Deputación de Pontevedra no presente curso académico.
 

Con respecto aos alumnos/as, esta convocatoria vai dirixida aos estudantes que se atopen matriculados no segundo curso de calquer Ciclo Medio dos ofertados no Instituto Ribeira do Louro. 

 

En canto aos docentes, esta convocatoria vai dirixida aos profesores que imparten clase en calquer Ciclo Medio dos ofertados no Instituto Ribeira do Louro durante o presente curso académico. Tamén poden optar ás mobilidades o persoal de xestión, responsables de mobilidade internacional, asesores… sempre e cando se poida identificar documentalmente o vínculo inequívoco co ámbito da Formación Profesional.

 
Os alumnos/as e docentes que estean interesados en participar nunha mobilidade deberán cumprimentar o FORMULARIO DE SOLICITUDE anexo a esta publicación que lles corresponda e envialo ao seguinte enderezo ies.ribeira.louro@edu.xunta.gal entre o 14 e o 17 de Marzo de 2023 (ambos inclusive).  
 
Para máis información sobre as mobilidades e o proceso de selección ler os aquivos informativos anexos a esta publicación ou contactar con Olga González (Departamento de Administración e Xestión).

Enquisa Escola Inclusiva

Enlace para cumprimentar a enquisa de Escola Inclusiva:

 

https://forms.gle/mPjUeq8UuzhXbjRY7

 

 

 

 

 

Distribuir contido

Iniciar sesión

  Biblioteca           



by Dr. Radut