Skip to Content

Programa de mellora do éxito escolar

        O IES Ricardo Carballo Calero foi seleccionado pola Consellería de Educación para poñer en marcha, por segundo ano consecutivo, dous programas encamiñados á mellora do éxito escolar:

    PROGRAMA DE MELLORA DA ESCRITURA, LECTURA E CÁLCULO:
    Co título Un paseo por Ferrol, o alumnado participante neste programa asiste, fóra do horario escolar, a obradoiros de lectura, de escritura e de cálculo. 

    PROGRAMA DE MELLORA PARA ACADAR A EXCELENCIA:
    Co obxecto de obter como produto final unha representación teatral, en torno ao tema  A diversidade cultural como motor de progreso o alumnado seleccionado para participar neste programa asiste, fóra do horario escolar, a diferentes obradoiros: obradoiros científicos, obradoiros audiovisuais e obradoiros literarios.

     Estes programas contan con dotación orzamentaria da Consellería e participan na impartición dos obradoiros vintedous docentes.

TRÍPTICO PROGRAMA DE MELLORA




page | by Dr. Radut