RetoAlcoa 2013/2014

O pasado xoves 10 de abril, un equipo de 3 alumnos de 2 Bac. participaron en Madrid na final nacional do concurso escolar RetoAlcoa. Álex López López, Iván Piñeiro Criado e Eduardo Varela González foron os GAÑADORES ABSOLUTOS desta competición, quedando os 3 primeiros postos configurados polos seguintes equipos:

Esta era a edición número XII deste programa patrocinado pola Fundación Alcoa e organizado por Junior Achievement, unha das maiores organizacións educativas sen ánimo de lucro do mundo.

Os compoñentes de cada un dos equipos adoptan o papel de directivos dunha empresa ficticia e teñen que tomar decisións como o prezo de venda ao público, o volume de produción, investimentos en publicidade, investigación e desenvolvemento, número de unidades a producir…, ademais en todo momento se ven afectados polos factores que afectan a un mercado real ou polas decisións do resto de equipos competidores.

Á final nacional unicamente lograron acceder 8 equipos, entre os cerca de 1000 estudantes que participaron ao longo do curso nas zonas de influencia de Alcoa: Galicia, Asturias, País Vasco, Comunidade Valenciana e Madrid.

A entrega de premios fíxose nun dos palcos de honor do estadio Santiago Bernabeu, a continuación os oito equipos finalistas asistiron a unha comida no restaurante “Real Café Bernabeu”, gozando dunhas espectaculares vistas ao campo, e para rematar a xornada realizaron unha visita guiada as instalacións do estadio, sala de trofeos, vestiarios, banquillos, sala de prensa…

Ademais, o mércores 9 de abril, os alumnos participaron na escola de negocios ESADE nun programa intensivo de “Habilidades para o Éxito”, onde recibiron formación impartida por expertos de prestixio en materias como técnicas de presentación, recursos humanos, currículum vitae, entrevistas de traballo, etc. 

 

Por último, coa viaxe a Madrid para participar na final do concurso e con todos os gastos financiados por Alcoa, puideron aproveitar para coñecer algúns dos lugares máis emblemáticos da capital de España e visitar lugares como o museo do Prado, Palacio Real e outros.