Impresora 3D

Hai uns días o Concello de Monforte decidiu comprar catro impresoras 3D, tres para os IES de Monforte e unha para pola a disposición dos veciños nas instalacións municipais.

Coa nosa impresora 3D, da marca BQ, xa fixemos algunhas pezas e pola aula de informática do centro xa pasaron moitos alumnos para vela en funcionamento.

A continuación podedes ver algunhas imaxes da mesma e das pequenas figuras que construímos:

 

Máis información sobre a mesma a podedes atopar na seguinte páxina web: PRUSA i3 HEPHESTOS

E podedes ver os seguintes vídeos para ver como é a montaxe da mesma:

Unboxing:

 

Instrucións de montaxe:

Desde aquí queremos darlle as grazas ao Concello e felicítalo pola iniciativa de dotar ao centro cunha impresora 3D e facer chegar esta nova tecnoloxía tanto aos docentes como ao alumnado de Monforte de Lemos.