Clases de Xadrez

Con motivo da promoción do xadrez entre a poboación de Monforte de Lemos e promovido polas ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS de Monforte tanto para menores como para adultos, e apoiando ao club de xadrez MONTE FORTE recentemente constituído anunciamos a posibilidade de asistir a clases de xadrez na Casa da Cultura de Monforte, en horarios de luns de 19 a 21 horas (de 19 a 20 horas para menores de 16 anos e de 20 a 21 horas para adultos).