Semana Branca 2015

Venres 23/01/2015: As 17:00 horas remataron a última xornada de esquí sen novidades. O autobús que os trae de retorno saldrá sobre as 20:30 - 21:00 horas, chegando a Monforte de Lemos as 9:00 horas aproximadamente. Aquí tedes a última foto de grupo na neve de Andorra:

 

Xoves 22/01/2015: Día soleado en Andorra, con moi boas condicións para a práctica do esquí. Todos os compoñentes da expedición "río cabense" evolucionan satisfactoriamente na práctica do esquí e a maior parte do alumnado asistirá a sesión nocturna no balneario de Caldea. Mañá máis !!!.

 

Mércores 21/01/2015: Terceiro día de esquí e todos van mellorando o seu nivel. Pola mañá fixo un día espléndido, pechándose o ceo un pouco pola tarde. Os profesores acompañantes informan de que non hai incidencias subliñables. Mañá máis !!!.

 

E logo da cea, celebración sorpresa do cumpreanos de Daniel Martínez Gil:

 

Martes 20/01/2015: Segundo día de esquí sen incidentes nin lesións nas pistas de "Soldeu El Tarter", tiveron un día de sol espléndido e pasárono xenial.

Luns 19/01/2015: Hoxe primeiro contacto coas pistas e primeiro día de esquí, sen lesións importantes e todo transcorreu segundo o previsto. Día no que pola tarde nevou pero seguiron esquiando. Mañá máis !!!.

 

Alumn@s de 3º de ESO e 1º BAC iniciaron a noite do sábado ao domingo 18 de xaneiro de 2015 a “Semana Branca en Andorra”.

A excursión está organizada polo Departamento de Educación Física. Os profesores acompañantes son Carlos Parada, profesor de Educación Física, xunto coa encargada da Biblioteca do centro e profesora de francés, Ana Rego.

A chegada a Andorra produciuse sen ningún contratempo e xa están instalados no Hotel Cosmos.

A volta está prevista para o vindeiro sábado 24 de xaneiro. Seguiremos informando desde esta páxina web do centro a medida que os profesores acompañantes manden máis información nos vindeiros días.