XX Intercambio Monforte-Landernau

25/03/2015: Os profesores acompañantes informan de que xa se encontran en París instalados no Hotel. A continuación podedes ver tres fotos da despedida de Landerneau e unha magnífica estampa da Torre Eiffel de noite.

 

24/03/2015: Hoxe pola mañá tocou coñecer a cidade de Brest e ás 16:30 volveron para Landerneau. Mañá visitarán Mont San Michel e logo París. A continuación podedes ver unha imaxe do grupo en Oceanópolis, un centro oceanográfico que recolle o mellor da fauna que podemos atopar arredor do planeta.

 

23/03/2015: Día de visita á Illa Grande (Perros-Guirec), onde nun barco durante dúas horas contemplaron sete illas, distintos tipos de aves e a costa de granito vermello. Logo de xantar fixeron unha ruta de sendeirismo de 7 kms pola parte terrestre, gozando dun espléndido día, o que lles permitiu contemplar unha costa irmán do finisterre galego.

 

 

O 18 de marzo pola noite iniciaron a viaxe a Francia os 25 alumnos/as do IES Río Cabe, ademais de 6 alumnos do IES Daviña Rey e 7 do IES A Pinguela, que participan neste curso escolar no Programa de Intercambio que desde fai vinte anos vense organizando no noso centro. 

Os profesores acompañantes, Marisa Mariño e Carlos Parada, informan que o alumnado xa está instalado perfectamente nas casas dos seus anfitrións, en terras galas, e xa tiveron tempo no día de hoxe de disfrutar do parque de atraccións "La Récré des trois Curés" en Milizac.