Conferencia de Lidia Senra

Dona Lidia Senra Rodríguez impartíu o Venres 22 de xaneiro unha conferencia ao alumnado de 1º e 2º de bacharelato do IES Río Cabe. A charla está enmarcada dentro das actividades dirixidas a conmemorar o 50 aniversario do Instituto. Dona Lidia Senra foi alumna do noso centro a comezo dos anos 70.

Lidia Senra é na actualidade Deputada no Parlamento Europeo, ademáis de sindicalista agraria e política galega. Durante a charla faloulle ao alumnado sobre a súa traxectoria profesional desde que saíu das aulas do IES Río Cabe ata que chegou a ser parlamentaria en Bruselas.

Lidia Senra Rodríguez naceu en Cereixa, Pobra do Brollón en 1958; cando ela ten un ano de idade, a súa nai e seu pai, instálanse como labregos na casa paterna en Chavaga, onde se cría. Estuda o bacharelato no IES Río Cabe e nos últimos cursos entra en contacto co nacionalismo galego e implícase activamente na loita labrega, formando parte dos Comités de Axuda á Loita Labrega (CALL) e das Comisións Labregas. No ano 1976 afíliase a ANPG (Asamblea Nacional Popular Galega).   Ademais, ao longo da súa vida participou activamente en diversos encontros internacionais e foros sociais representando a Vía Campesina, movemento internacional que agrupa a millóns de labregas e labregos de 70 países de África, Asia, Europa e América. Profesionalmente é labrega e dende  Maio de 2014 e deputada pola Alternativa Galega de Esquerda en Europa no Parlamento Europeo.

Facendo click na seguinte imaxe poden verse algunhas fotografías da conferencia: