CLAUDIA PEÑA "LOITANDO POR SI MESMA"

A cantautora monfortina Claudia Peña, estudante de 1ºB de Bacharelato, competiu o 4 de xuño na localidade burgalesa de Villarcayo, nas semifinais do festival nacional MusicAula, xunto a grupos de Cangas, Nigrán e Valladolid. E deixou o pabellón ben alto interpretando temas de Russian Rede, Sía, Beyoncé, Lukas Graham, Jason Mraz e dous temas propios. Seguida dos demais grupos que presentaron os seus temas musicais nun concerto que destacou polo bo clima e compañerismo por parte de todos os participantes.



Esta monfortina de tan só 17 anos acaba de iniciarse no mundo da música, presentando a este concurso a súa primeira canción Fighting for myself. Malia levar cantando toda a súa vida acompañada da súa guitarra, nunca cursou estudos musicais de forma académica. Foi nas clases de música do Instituto onde se lle animou a participar neste Festival, MusicAula, tras escoitar a súa voz entre os pupitres.

Máis de cen bandas de toda España presentáronse ao certame, dos cales 25 pasaron ás semifinais. Claudia Peña é un dos grupos seleccionados da zona A, o norte de España, e coa súa canción Fighting for myself participa para gañar un posto na final nacional que se celebrará en Getafe, onde só 6 grupos chegarán ao gran evento. A selección dos mesmos é mediante a valoración do xurado (70%) e unha valoración dos votos do público (30%). As votacións permanecerán abertas ata o domingo 12 de Xuño, e realízanse a través da páxina oficial de MusicAula así como en Facebook.

Enlace para votar a Claudia Peña: http://premium.easypromosapp.com/entries/308359