Pais/Nais
Fondolibros 23-24
admin — Mar, 18/07/2023 - 10:01
A lista da adxudicación definitiva pódese consultar na aplicación fondolibros a partir do 26 de xullo. A lista estará exposta na entrada do centro a partir do día 27 de xullo.
Na lista aparecerán as materias adxudicadas.
Graduación 2022-23
admin — Lun, 26/06/2023 - 12:59
Aquí tedes unhas fotografías da graduación dos alumnos de 2º de bacharelato do curso 2022-23
Matrícula 2023-2024
admin — Ven, 09/06/2023 - 10:42
Por favor lede o documento ata o final
O horario para presentar a documentación é de 9:00 a 13:00
Datas de matrícula
- 1º ESO 23-26 de xuño
- 2º 3º e 4º ESO 27-30 de xuño
- Bacharelato 3-7 de xullo
Documentación a presentar
- 2 fotografías tamaño carné co nome e curso escrito ao dorso
- Impreso de matrícula asinado por un dos proxenitores con copia para selar. Pdf editable adxunto
- Copia do DNI, NIE, pasaporte do alumno ou fotocopia do libro de familia
- Seguro escolar (Só para alumnos de 3º, 4º, 1º Bach e 2º Bach). Ingresar 1,12 na conta de
ABANCA ES58 2080 5461 9131 1010 0917. No momento da matrícula debe presentarse o xustificante de pago - No caso de pais divorciados, sentencia xudicial ou equivalente onde figure a garda e custodia do menor.
- Certificación oficial de notas (só alumnado novo agás o alumnado procedente do CEIP Vicente Risco e CEIP García Barbón)
- folla de autorizacións cuberto
- Inscrición ao ANPA (opcional)
Non se recollerán matrículas incompletas. Unha vez teñan todos os documentos listos, poden coller o sobre de matrícula na conserxería.
Visita didáctica ao parque nacional das illas atlánticas de Galicia: illas cíes
admin — Mar, 06/06/2023 - 10:59
O 29 de maio, o alumnado de 4º ESO A e B acompañado polo profesorado do Departamento de Bioloxía e Xeoloxía realizou unha actividade didáctica que tivo como obxectivo coñecer e resaltar a importancia de preservar este espazo natural protexido. Durante o percorrido da visita guiada polas illas de Monteagudo e a Illa do Faro recibiron diversa información en relación á formación das Rías Baixas e as Illas Cíes, a litoloxía do arquipélago, a formación das furnas, os cantís, diferentes tipos de praias Rodas e Figueiras, o sistema barra-lagoon Lagoa dos Nenos, praia fósil do período Eemiense, o complexo dunar do Muxieiro, o tafoni Pedra da Campá, as pías do Alto do Príncipe, e sobre a fauna do Parque destacando as colonias de aves mariñas e as especies do fondo mariño, e a flora dunar e endemismos.
Visita á facultade de química da universidade de Vigo 2023
admin — Dom, 28/05/2023 - 09:26
O pasado 3 de maio, o alumnado de Física e Química de 1º de Bacharelato participou nunha visita á Facultade de Química da Universidade de Vigo. Na visita, ademais da parte teórica, participaron en experimentos nos laboratorios da facultade. A actividade foi organizada por María del Carmen Costas Lago, profesora do departamento de Física e Química do instituto.
Visita ao parque arqueolóxico da arte rupestre campo lameiro
admin — Dom, 28/05/2023 - 09:22
O pasado 3 de maio, o alumnado de 1º ESO participou nunha visita didáctica ao Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro, organizada por Melchor Roel, profesor do departamento de Xeografía e Historia. Ademais da visita guiada á área arqueolóxica, o alumnado participou en dous obradoiros: “A caza na Prehistoria” e “Exhibición de lume”.
Charla “o fenómeno criminal desde o punto de vista do dereito penal e da criminoloxía”
admin — Dom, 28/05/2023 - 09:05
O 23 de maio, o alumnado de Ciencias Sociais de 1º de Bacharelato asistiu á charla “O fenómeno criminal desde o punto de vista do dereito penal e da criminoloxía”.
Sabemos realmente o que é un crime? E sobre todo, coñecemos os instrumentos dos que dispoñemos como sociedade para afrontalo? O obxectivo da charla é explicar as funcións e os fins de dúas ramas das ciencias penais como son o dereito penal e a criminoloxía. A partir da introdución a estas disciplinas, a súa metodoloxía e linguaxe, o relator, Virxilio Rodríguez, profesor da Facultade de Dereito da Universidade de Vigo, pretende arredarnos dunha visión sensacionalista e achegarnos dende un punto de vista técnico a iso que chamamos “crime”.
Calendario exames 2º Bach 1º Bah convocatoria extraordinaria 2023
admin — Mér, 24/05/2023 - 08:23
Día da diversidade 2023
admin — Mér, 24/05/2023 - 06:44
Aberto o prazo para o Fondolibros 2023
admin — Lun, 22/05/2023 - 09:16
Xa está aberto o prazo para presentar as solicitudes para a participación no fondo solidario de libros de texto e as axudas de material escolar.
O prazo remata o 21 de xuño de 2023.
As solicitudes poden facerse telemáticamente na aplicación fondolibros ou de maneira presencial nas oficinas do centro.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »
Buscar
Blogs do centro
Redes Sociais
Proa+