Pais/Nais
Exposición "As mulleres que nos levaron á Lúa"
admin — Ven, 17/02/2023 - 00:17
A última quincena de xaneiro tivemos a sorte de ter no instituto a exposición “As mulleres que nos levaron á Lúa”. Esta exposición visibiliza o traballo das mulleres que hai 50 anos foron claves para o éxito da misión Apolo XI e a chegada da primeira persoa á Lúa. Recolle a biografía e logros do equipo de enxeñeiras, matemáticas, físicas e informáticas que participaron nos cálculos de traxectoria, programación dos ordenadores e mesmo a alimentación dos astronautas que viaxaron no Apolo XI.
A exposición serviu tamén como punto de partida para empezar a traballar o “Día da Muller e a Nena na Ciencia”, que se celebra o día 11 de febreiro.
Charla "Mil sorrisos e un perdón"
admin — Ven, 17/02/2023 - 00:08
O 12 de xaneiro tivemos no centro a visita de Daniel Fernández Carril. Daniel é o protagonista da curtametraxe “Mil sorrisos e un perdón” onde conta o accidente que sufriu cando tiña 18 anos por culpa dun home que conducía baixo os efectos do alcol. O accidente foi tan grave que perdeu unha perna e tivo que pasar por moitas operacións. Despois de ver a curtametraxe, o alumnado de 2º de Bacharelato tivo unha charla con el, na que falaron das secuelas do accidente e os perigos do alcol ao volante.
Club de Lectura
admin — Xov, 16/02/2023 - 23:08
No primeiro trimestre comezou a funcionar o Club de Lectura do instituto. Reúnese unha vez á semana nos recreos na biblioteca e o alumnado está moi animado participando. A coordinadora do club é Rosa Iglesias Galán, do departamento de Lingua Castelá e Literatura.
Visita ao Parlamento Galego e á Catedral de Santiago
admin — Ven, 30/12/2022 - 12:25
O alumnado de Economía e de Historia da Arte de 2º de Bacharelato tivo unha saída didáctica organizada polos Departamentos de Economía e de Xeografía e Historia. O día 16 de decembro visitaron o Parlamento de Galicia e a Catedral de Santiago coas profesoras Victoria Castelao Iglesias e María Luisa González Ríos. Na Catedral disfrutaron dunha das obras máis sobresaíntes da arte en España e no Parlamento coñeceron de primeira man as funcións dos poderes lexislativo e executivo de Galicia, exercidos polo Parlamento e a Xunta de Galicia, respectivamente, distinguindo o traballo diferenciado que desenvolve cada unha das institucións.
Pista de Xeo de Samil
admin — Ven, 30/12/2022 - 12:15
Este curso o Departamento de Educación Física recuperou a actividade de patinaxe que non se puido realizar os dous últimos cursos debido ás restricións derivadas da covid. O alumnado de 1º e 2º da ESO desfrutou dunha xornada de patinaxe sobre xeo na pista instalada en Samil o 7 e o 9 de decembro, respectivamente.
Teatro: "El asesinato del profesor de Matemáticas"
admin — Ven, 30/12/2022 - 12:05
O 22 de novembro o alumnado de 1º e 2º ESO asistiu á obra de teatro "El asesinato del profesor de Matemáticas" no Cine Teatro Salesianos. A actividade foi organizada polo departamento de Lingua Castelá e Literatura do instituto.
Convocatoria Delf Scolaire 2023
admin — Ven, 16/12/2022 - 20:34
Achegamos información da convocatoria dos exames Delf Scolaire 2023 para os alumnos de ESO e Bacharelato dos centros educativos definidos nos convenios asinados entre as Consellerías de Educación das comunidades autónomas interesadas e a Embaixada de Francia en España.
Lee a información completa no seguinte documento.
Posta en marcha do Club da Ciencia
admin — Dom, 11/12/2022 - 22:25
Xa temos en marcha o Club de Ciencia do IES Rosais 2. Nestas semanas estamos organizando a Semana da Ciencia que se celebrará neste mes no centro. O alumnado está preparando experimentos de Física e Química, preparando xogos baseados na electricidade e a hidráulica e programando co profesorado de Tecnoloxía, facendo volcáns e experimentos con algas co de Bioloxía, traballando figuras xeométricas e xogos co de Matemáticas e Educación Plástica... E en canto acabemos coa organización deste evento empezaremos a investigar os océanos. O club está aberto a novas incorporacións así que animádevos a participar.
Cine en francés
admin — Dom, 11/12/2022 - 22:17
Os días 8 e 9 de novembro, a Alianza Francesa de Vigo organizou unha actividade de cine no Auditorio do Concello á que asistiu o alumnado de Francés de 3º e 4º ESO e de 1º e 2º de Bacharelato. A a actividade foi organizada no centro por Begoña Montenegro, do departamento de Francés.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- …
- seguinte ›
- última »
Buscar
Blogs do centro
Redes Sociais
Proa+