Pais/Nais
Xornada Tecnolóxica no Verbum
admin — Mér, 11/05/2022 - 15:26
O alumnado de 4º da ESO que cursa as TIC tivo a oportunidade o pasado venres 6 de Maio de gozar dunha mañá de contacto coas novas tecnoloxías no espazo Verbum de Vigo que están a desenvolver alumn@s de último curso da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da Universidade de Vigo. O alumnado estivo acompañado polos profesores do departamento de Tecnoloxía Nerea González-Lavín Sáenz del Castillo e Óscar Loeda Rivas xunto coa profesora do departamento de Lingua Galega Verónica Taboada Lorenzo.
Á entrada do recinto o noso grupo foi recibido moi amablemente pola directora da Escola de Telecomunicación Rebeca Pilar Díaz Redondo quen se dirixiu ao alumnado para realizar unha breve introdución sobre os contidos que iamos visitar. Aí indicóusenos que serían os propios alumn@s da Escola, agrupados en equipos de aprox. 5 integrantes, quen presentaría os proxectos nos que están a traballar no seu último ano de grao.
Exposición de Alfredo Alcaín no Marco
admin — Mér, 11/05/2022 - 14:55
O 29 de abril, o alumnado matriculado en Debuxo Técnico de 1º de Bacharelato tivo unha saída para ver a exposición de Alfredo Alcaín no museo MARCO de Vigo e participou nun obradoiro posterior. A actividade foi organizada por Carlos García Movilla, do departamento de Educación Plástica e Visual.
Exposición de Teresa Moro no Marco
admin — Mar, 03/05/2022 - 16:54
O alumnado de 3º ESO tivo unha saída para ver á exposición “El efecto reliquia” de Teresa Moro no museo MARCO de Vigo. Ademais tiveron a sorte de participar nun obradoiro posterior. A actividade foi organizada por Carlos García Movilla, do departamento de Educación Plástica e Visual.
Día do Libro 2022
admin — Mar, 03/05/2022 - 16:22
Para conmemorar o pasado Día do Libro, do 23 de abril, o Departamento de Lingua Castelá e Literatura realizou unha serie de actividades no centro como homenaxe ao escritor máis importante das nosas letras: Miguel de Cervantes. Así, o alumnado de 3º ESO, coa axuda do Departamento de Ed. Plástica e Visual, realizou un mapa coa ruta de Don Quixote por Castela a Mancha. Nel incluíron fragmentos onde aparecían os lugares da ruta, fotografías deses lugares emblemáticos hoxe en día e mesmo poemas dedicados á obra cervantina. Tamén realizaron un proxecto chamado “Se Don Quixote volvese”, no que recollían noticias en periódicos que lles parecesen inxustas e relacionábanas con fragmentos da obra nos que Don Quixote loitaba por defender distintos valores como a xustiza, a tolerancia, a loita contra a pobreza, a igualdade de dereitos entre homes e mulleres… Así, déronse conta de que o personaxe de Cervantes é moito máis avanzado ideoloxicamente do que eles pensaban. Por outro lado, o alumnado de primeiro de Bacharelato, investigou e expuxo unha mostra das portadas de todas as versións de Don Quixote da Mancha que se fixeron en todo o mundo, co que se deron conta da importancia desta obra para a literatura universal. Para rematar, o luns día 25, realizouse unha lectura continuada da novela no salón de actos, na que foron participando nas distintas horas todos os grupos do centro, dende 1º ESO ata 1º Bacharelato. E agora só queda por descubrir o resultado do concurso de relatos e poesía convocado e seguir festexando o Día do Libro todos os días do ano.
Avaliación, Promoción e Titulación
admin — Ven, 29/04/2022 - 09:51
Entrega premios Día do libro
admin — Xov, 28/04/2022 - 14:18
O grupo de Lingualízate fixo entrega dos premios de reprodución de portadas co gallo do Día do libro. As gañadoras foron Adriana Pérez e Ana Rey, de 1 ESO C, que reproduciron as portadas dos libros Rapazas, de Agustín Fernández Paz e de Morning Star, de Xosé Miranda. Son unhas artistas!
Obradoiro de baile
admin — Mar, 26/04/2022 - 16:42
Durante dúas sesións o alumnado de 1 de Bach B e D tiveron un pequeno obradoiro de baile a cargo de Artur Puga, bailador e profesor, que ademais nos contou a súa experiencia acompañando ás Tanxugueiras no Benidorm Fest. Aprendimos uns pasos básicos de muiñeira e xota, agora toca animarse a pólos en práctica nas foliadas!
Seguridade Vial: "Pódeche pasar pero se controlas volves"
admin — Lun, 25/04/2022 - 20:12
O alumnado de 2º da ESO tivo a sorte de participar nunha charla ofrecida pola Asociación para o Estudo da Lesión Medular Espiñal (AESLEME) en colaboración coa Dirección Xeral de Tráfico. Monitores da asociación, en cadeira de rodas como consecuencia dun accidente, impartiron unha sesión formativa sobre o efecto do consumo do alcol e as drogas en relación á condución de vehículos, sobre medidas preventivas e actuación en caso de accidente e consecuencias dos mesmos.
Charla da Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía
admin — Lun, 25/04/2022 - 19:56
O 8 de abril o Departamento de Orientación organizou para o alumnado de 1º Bacharelato A unha charla sobre os estudos da Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía da Universidade de Vigo. Tivemos a sorte de contar con Elena Alonso Prieto, directora da Escola, como relatora.
Violencia de xénero na publicidade e nos medios audiovisuais
admin — Lun, 25/04/2022 - 19:42
O alumnado de 4º ESO tivo un obradoiro sobre a desigualdade e a violencia de xénero na publicidade e nos medios audiovisuais. Falouse sobre os estereotipos e os roles de xénero que aparecen frecuentemente nos anuncios de xoguetes, perfumes, roupa,..., e o uso tanto do corpo das mulleres como dos homes como meros obxectos, a cosificación das persoas. Tamén se mostraron anuncios libres de estereotipos que, aínda que non son moitos, empezan a aparecer. Esta actividade está dentro do Plan Proxecta+ “Por 365 días de respecto e igualdade”
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- …
- seguinte ›
- última »
Buscar
Blogs do centro
Redes Sociais
Proa+